"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Relativo ou pertencente a Guimarães (Portugal) ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Guimarães (Portugal).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Santiso baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Vicenzo que dá nome ao concello de Vimianzo, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca da Terra de Soneira situado ao O da Comunidade Autónoma de Galicia e da provincia da Coruña (43° 06’ 35’’ N - 9° 02’ 14’’ O). Limita ao N cos concellos de Camariñas (comarca da Terra de Soneira) e Laxe (Bergantiños), ao S cos de Mazaricos (Xallas) e Dumbría (Fisterra), ao L co de Zas (Terra de Soneira) e ao O cos de Camariñas (Terra de Soneira) e Muxía (Fisterra). Abrangue unha extensión de 187,4 km 2 cunha poboación de 8.364 h (2008) distribuída nas parroquias de Baíñas, Bamiro, Berdoias, Calo, Cambeda, Carantoña, Carnés, Castrelo, Cereixo, Salto, Serramo, Tines, Treos e Vimianzo. A súa capital é a vila de Vimianzo, na parroquia homónima, e atópase a 63 km de Santiago de Compostela e 69 km da Coruña. Está adscrito á arquidiocesede Santiago de Compostela e ao partido xudicial de Corcubión.
    Xeografía física
    É un concello bastante chan, con sectores de elevacións de escasa importancia, que responden a unha orientación en sentido meridiano,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Vimianzo. Construído cara ao s XIII, pertenceu aos Traba e despois aos Moscoso. Foi derrubado en 1467 no trascurso das Guerras Irmandiñas e reedificado da man de Alonso II de Fonseca aínda que despois Lope Sánchez de Moscoso, conde de Altamira, o recuperou en 1472. Pertenceu aos Moscoso ata que o venderon no s XIX aos Martelo. Volveu ás mans da Igrexa de Santiago e pasou finalmente á Deputación Provincial. Acolle no seu interior o Museo do Traxe Galego, e nos meses de verán e en Pascua unha mostra de artesanía en vivo. Adáptase á topografía do terreo e adopta unha planta octogonal, con catro torres, patio de armas, paseo de rolda e outras dependencias. A torre da homenaxe presenta ameas de punta de diamante. Conserva o foso e unha ponte levadiza. Foi declarado BIC en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Da súa obra destacan Caminando al sol de Galicia (1946-1947, premiado polo Centro Galego de Bos Aires), Río Lérez (1950), Gracia e ingenio de Pontevedra (1954), Hombres y cosas de ayer y de hoy (1967), Presencia y gozo del humorismo gallego (1968), En Galicia, una vez (1969) e Xoias e coitas da terra orballada (1972). Foi membro correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Foi catedrático de Xurisprudencia e Economía Política e Dereito Político das universidades de Santiago de Compostela e de Salamanca, e reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1843-1855 e 1856-1865). Foi alcalde de Santiago de Compostela, deputado nas Cortes (1840-1841, 1843-1849 e 1851-1852) e senador como reprensentante da Universidade de Santiago de Compostela (1877-1878), pero non tomou posesión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Gondomar. Construíuse entre os ss XII e XIII pero ten engadidos e reformas dos ss XVI e XIX. Ten unha soa nave, dividida en tres tramos por arcos faxóns de medio punto, e ábsida rectangular. No lado norte engadíuselle un corpo rectangular que funciona como sancristía. A portada principal está composta por tres arquivoltas de arco de medio punto e tímpano liso. A fachada remata en volutas con pináculos nas esquinas e cunha espadana de dobre van culminada cun frontón circular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que vincula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estadio do Mioceno medio que comprendía o Helveciano e o Tortoniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (París 1904 - 1993) Pintor. Relacionouse cos pintores españois da escola de París e recibiu a influencia do cubismo de Picasso e do surrealismo. Tras a Segunda Guerra Mundial as súas obras caracterizáronse pola importancia dos valores cromáticos e lumínicos. Recibiu a Medalla de Ouro das Belas Artes (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dano que se lle infrinxe a alguén para satisfacer o seu resentimento por un agravio ou un dano causado por este a el ou a outro.

    2. Dereito antigo que lle permitía ao parente máis próximo dunha vítima executar o asasino, ou normalmente, a algún membro da súa familia, ou vingarse persoalmente sen a intervención do poder público.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado polos normandos guiados por Leif Eriksson, fillo de Eric o Vermello, ás costas da América do Norte, onde chegaron cara ao ano 1000, polo que sería a primera noticia do descubrimento deste continente. Parece que a terra descuberta correspondía ás costas da actual Massachusetts.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático ruso. Contribuíu á teoría de números e deu unha solución ao problema sobre a descomposición dun número nunha suma de números primos. En 1941 recibiu o Premio Stalin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ermitán. Foi ermitán en Punxín e atribúenselle diversos milagres en vida. En Punxín celébrase unha romaría o primeiro domingo de Pascua e o luns de Quasimodo, o luns seguinte ao de Pascua, celébrase o traslado do seu sartego, realizado por dous bois aos que deixaron andar ata que se pararon no lugar onde se edificou a ermida. Aínda que non está canonizado o seu culto está estendido por Galicia e a súa festividade celébrase o 23 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante de banda deseñada. Coñecido como Jano, foi editor de Lixo e autor dos cómics Nieve Negra (1999-2000) e Calamar, e cofundador do colectivo Polaqia (2001-2002). Colaborou na obra Tapa Roja (2004). Recibiu o Premio do INJUVE de ilustracion e banda deseñada (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que procede do latín viola ‘violeta, alelí’, co significado de ‘semellante á violeta’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña titular de Nápoles, duquesa de Anjou e condesa de Provenza, filla de Xoán I de Aragón e de Violante de Bar. En 1390 acordouse o seu matrimonio con Luís II de Anjou, con quen casou en 1400.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Castela e León, filla de Xaime I de Aragón e de Violante de Hungría. En 1242 acordouse o seu matrimonio, celebrado en Valladolid (1246 ou 1249), co futuro Afonso X de Castela e León. Apoiou os seus netos, os infantes de La Cerda, e fuxiu con eles a Aragón. O seu fillo Sancho IV confiscoulle os territorios de Castela que non recuperou ata a morte deste. Opúxose a Fernando IV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Aragón, irmá de Carlos V de Francia. Casou co futuro Xoán I de Aragón en 1380. Enfrontada coa súa sogra, a Raíña Sibila, á morte de Pedro IV (1387), encadeouna e expoliouna. Morto Xoán I en 1396, viuse implicada no proceso iniciado contra os seus cortesáns e os de Xoán I, aínda que se suspenderon todas as dilixencias contra ela ata o retorno do Rei Martiño I.

    VER O DETALLE DO TERMO