Vimianzo, castelo de

Vimianzo, castelo de

Construción situada en Vimianzo. Construído cara ao s XIII, pertenceu aos Traba e despois aos Moscoso. Foi derrubado en 1467 no trascurso das Guerras Irmandiñas e reedificado da man de Alonso II de Fonseca aínda que despois Lope Sánchez de Moscoso, conde de Altamira, o recuperou en 1472. Pertenceu aos Moscoso ata que o venderon no s XIX aos Martelo. Volveu ás mans da Igrexa de Santiago e pasou finalmente á Deputación Provincial. Acolle no seu interior o Museo do Traxe Galego, e nos meses de verán e en Pascua unha mostra de artesanía en vivo. Adáptase á topografía do terreo e adopta unha planta octogonal, con catro torres, patio de armas, paseo de rolda e outras dependencias. A torre da homenaxe presenta ameas de punta de diamante. Conserva o foso e unha ponte levadiza. Foi declarado BIC en 1994.

Palabras veciñas

Vimianzo | Vimianzo | Vimianzo | Vimianzo, castelo de | vimieiro | Vimieiro | Viminale