"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Papa (657-672). Foi elixido baixo a presión do exarca bizantino. Defendeu os seus dereitos contra o arcebispo de Ravenna e o bispo de Creta. A súa festividade celébrase o 27 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que debe ser evitado.
-
PERSOEIRO
Humanista croata. Foi bispo de Várad (1445) e chanceler (1452), e contribuíu á elección de Matías I (1458). En 1465 foi nomeado arcebispo de Esztergom. Impulsor do renacemento húngaro, escribiu Epistolae in diversis negotiis.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mártir. Evanxelizou Lucania, onde morreu coa súa ama santa Crescencia e o home desta, san Modesto, mergullados nun caldeiro con chumbo fundido. Represéntase como un rapaciño vestido con traxe de nobre medieval e levando un caldeiro. A súa festividade celébrase o 15 de xuño.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (189-199). Interveu na cuestión litúrxica da data de celebración da Pascua, condenando a varios bispos de Asia Menor que a celebraban o día 14 de nīsan, en lugar do domingo seguinte. Estendeu o uso do latín na Igrexa en lugar do grego. A súa festividade celébrase o 28 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Sardeña (1802-1821), fillo de Vítor Amadeo II, portou o título de duque de Aosta. Accedeu ao trono tras a abdicación do seu irmán Carlos Manuel IV. Opúxose a Napoleón e retirouse a Cagliari. En 1815 recuperou os estados peninsulares. O seu intento de restaurar o absolutismo provocou un motín dos carbonarios e abdicou en favor do seu irmán Carlos Félix I.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Derradeiro rei de Sardeña (1849-1861) e primeiro rei de Italia (1861-1878), duque de Savoia, fillo e sucesor de Carlos Alberte I de Sardeña. Secundou a política de Cavour como a finalización do acordo de Plombières (1858), a anexión de Italia central (1859) ou a expedición de Garibaldi na conquista de Sicilia e Nápoles (1860). Proclamado rei de Italia, anexionou Venecia (1866) e ocupou Roma (1870).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Vítor Manuel II de Italia.
-
PERSOEIRO
Rei de Italia (1900-1946) e de Albania (1939-1943) e emperador de Etiopia (1935-1941), fillo e sucesor de Humberto I. Acabou, con éxito, a guerra en Libia (1911-1912) e interveu na Primeira Guerra Mundial, pero a partir de 1922 tolerou que o fascismo se asentase en Italia. Baixo a influencia de Mussolini, consentiu a guerra de Etiopia (1935), a axuda ás tropas franquistas na Guerra Civil en España (1936-1939), a anexión de Albania (1939) e a entrada de Italia na Segunda Guerra Mundial ao lado de Alemaña. En 1943 autorizou o golpe de estado que derrocou a Mussolini e pediu o armisticio aos aliados. En 1944 nomeou lugartenente do reino o seu fillo Humberto II, en quen abdicou en 1946. Exiliouse a Exipto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar romano. Foi martirizado por orde do Emperador Maximiano, por negarse a facer sacrificios en honor a Xúpiter. Condenado a morrer moído, as moas do muíño fenderon, e finalmente foi decapitado. Represéntase con clámide militar romana ou con armadura de cabaleiro medieval e unha roda dentada ou un muíño de vento en miniatura. A súa festividade celébrase o 22 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo. Foi profesor en San Gregorio de Valladolid e en Salamanca. Escribiu Relectiones theologicae (1557). Considerouse o pai do dereito internacional pola súa visión da comunidade humana universal e a necesidade de leis internacionais baseadas no dereito natural.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Virxe e mártir romana. Morreu turrada por un boi despois de que lle cortaran a lingua. Represéntase vestida con túnica e palio e leva como atributos unha tarasca e unha lanza ou un puñal no peito. A súa festividade celébrase o 27 de agosto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á época da historia británica correspondente ao reinado de Vitoria I (1837-1901) e, incluso, ao período seguinte que finaliza a finais da Primeira Guerra Mundial (1914).
-
-
Relativo ou pertencente a Vitoria ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Vitoria.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede do xentilicio de Vítor.
-
PERSOEIRO
Escultor e decorador, Formouse en Venecia no obradoiro de Il Sansovino. Traballou con Palladio e con Il Veronese en obras de ornamentación como en Villa Barbaro en Maser (1565). De estilo manierista elegante e refinado, das súas obras destaca San Girolamo, en Santa Maria dei Frari en Venecia (1569).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Viuda e Hijos de Compañel.
-
PERSOEIRO
Violinista e compositor. Ordenado sacerdote (1703), foi mestre de violín do Seminario Musicale del Ospedale della Pietà (1703-1740). A partir de 1713 traballou tamén como compositor e empresario de óperas en Venecia. En 1740 trasladouse a Viena, ao servizo da corte do Emperador Carlos VI. Compuxo corenta e cinco óperas e dous oratorios, ademais de corenta obras relixiosas e vinte e oito cantatas e serenatas. A súa produción instrumental é moi extensa, e conta con setenta e cinco sonatas para dous e tres instrumentos, vinte e tres sinfonías e uns catrocentos setenta concertos, a maioría deles escritos para instrumentos solistas, dos que destacan As estacións, da colección Il cimento dell’armonia, opus 8, L’estro armonico, opus 3 e La stravaganza, opus 4. A súa arte instrumental ten unha gran forza lírica procedente do campo dramático.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Membro da Xeración do 36, entre as súas obras destacan Cantos de primavera (1933), Tiempo de dolor (1940), Continuación de la vida (1947), El descampado (1957), Memoria de la plata (1958), Prosas propicias (1976), e o estudo Introdución a la poesía española contemporanea (1957).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. En 1843 foi proclamado supremo director da República de Perú. Vencido ao ano seguinte, en 1856 encabezou unha revolta conservadora, pero foi derrotado en El Callao (1857). Foi ministro de Guerra (1865).
VER O DETALLE DO TERMO