Vivaldi, Antonio

Vivaldi, Antonio

Violinista e compositor. Ordenado sacerdote (1703), foi mestre de violín do Seminario Musicale del Ospedale della Pietà (1703-1740). A partir de 1713 traballou tamén como compositor e empresario de óperas en Venecia. En 1740 trasladouse a Viena, ao servizo da corte do Emperador Carlos VI. Compuxo corenta e cinco óperas e dous oratorios, ademais de corenta obras relixiosas e vinte e oito cantatas e serenatas. A súa produción instrumental é moi extensa, e conta con setenta e cinco sonatas para dous e tres instrumentos, vinte e tres sinfonías e uns catrocentos setenta concertos, a maioría deles escritos para instrumentos solistas, dos que destacan As estacións, da colección Il cimento dell’armonia, opus 8, L’estro armonico, opus 3 e La stravaganza, opus 4. A súa arte instrumental ten unha gran forza lírica procedente do campo dramático.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Venecia

  • Deceso

    Lugar : Viena