"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

  • PERSOEIRO

    Pintor grego. Aínda sendo o máis famoso pintor da época clásica, non se conservan orixinais seus; coñécese a súa obra polas descricións de autores antigos e algunhas copias pompeianas das súas obras, polas que se sabe que destacaba no tratamento dos efectos da cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Transmitir unha enfermidade por contaxio.

    2. Pegarse a comida á tarteira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Designar a alguén polo seu apelido.

    2. Ter un determinado apelido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de antropónimo que constitúe un nome de familia e que se transmite de pais a fillos, polo que indica a filiación de cada un. É o nome estándar empregado para identificar ou individualizar unha persoa en particular, especialmente nunha listaxe de nomes (votantes, candidatos, estudiantes, escritores, etc), e acompaña ao nome propio ou de pía. Teñen dereito ao apelido os fillos naturais, os porfillados e, nalgúns ordenamentos, a muller casada con respecto ao do marido, mesmo despois de divorciarse. Nos países de orixe hispánica adóitase empregar dous apelidos, o do pai e o da nai, por esta orde; aínda que tamén é posible poñer primeiro o da nai. A formación dos nosos nomes de familia é antiga; remóntase á Idade Media ( antroponimia). A creación dos ‘segundos nomes’, dos que son herdeiros os nosos apelidos actuais, levouse a cabo a través de tres procedementos: 1) A indicación do nome do pai, que se realizou das seguintes maneiras: a) O nome do pai en xenitivo: “Menendo Ruderici”...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Na antiga Esparta, asemblea do pobo, composta por todos os cidadáns de máis de 30 anos, que se xuntaba unha vez ao mes baixo a dirección dos éforos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘coidar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cousa unida, xuntada a outra da que é como unha parte accesoria, subsidaria, como unha prolongación.

      1. Proxección do corpo dun animal, que queda unida a unha parte máis robusta do corpo. Adoita ter forma alongada, aínda que é distinta segundo a función que realiza. Moitos animais teñen un número par e en posición simétrica, bilateralmente: nos artrópodos e anélidos acostuma haber un par en cada segmento (antenas, patas, etc).

      2. apéndice caudal

        Prolongación da columna vertebral en forma de cauda.

      3. apéndice vermiforme

        Apéndice intestinal da maioría dos primates e dos rilladores, situado ao fondo do intestino cego do que constitúe unha prolongación de forma tubular e sinosa, pechado no seu extremo distal. Pola súa situación chámase tamén apéndice cecal. No home non ten ningunha función específica destacable. Ten de 4 a 8 mm de diámetro e uns 8 cm de lonxitude. Se se converte en foco dunha infección bacteriana, provoca a apendicite.

    2. Parte que se engade ao final dunha obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de Santiago de carácter irregular da que saíron 18 números entre novembro e decembro de 1808.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extirpación cirúrxica do apéndice vermiforme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación aguda da mucosa e do sistema linfático do apéndice vermiforme, causada por unha infección bacteriana. Adoita comportar unha contracción localizada dos músculos da parede abdominal e, en casos de perforación, peritonite. A presión manual e a descomprensión sobre a zona apendicular, provocan unha dor forte (hiperestesia localizada). O cadro clínico (dor abdominal, náuseas, vómitos, febre) acostuma ser bastante típico no adulto; non é así nos nenos, onde é frecuente a confusión con outras afeccións, e nos vellos, nos que segue unha evolución, ás veces, sen síntomas abdominais denominada apendicite fría. A chamada erroneamente apendicite crónica non é outra cousa que recidivas, é dicir, ataques de apendicite liviáns e repetidos. O tratamento consiste na extirpación cirúrxica do apéndice (apendicectomía).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten apéndice ou órganos apendiculares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos apéndices.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Urocordado da clase das apendicularias.

    2. Clase de urocordados formada por individuos peláxicos de pequenas dimensións, de 2 a 30 mm, e de forma ovoide. Teñen o corpo transparente e unha cola longa, que persiste toda a vida e que contén o notocordio. Son os únicos urocordados que conservan o notocordio en estado adulto (perennicordados). Forman parte do plancto dos mares temperados e cálidos. Os xéneros principais son o Oikopleura (cosmopolita), Fritillaria e Appendicularia (frecuentes no Mediterráneo e o Atlántico) e Kowalevskaia (carente de cor).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Florecer o millo, o castiñeiro e outras árbores que teñen como flor o pendón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos Apeninos.

    2. Cultura prehistórica localizada ao longo do cordal dos Apeninos, que ocupa boa parte da Península Itálica, da Época do Bronce medio e recente (1400-1100 a C). Constituía unha sociedade agropecuaria caracterizada por poboacións de urbanismo de cabanas circulares e necrópoles de sepulcros en foxas e covas artificiais. A súa derradeira fase denomínase ‘subapenínica’. Será un dos alicerces da cultura etrusca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CORDILLEIRAS

    Cordilleira produto do dobramento alpino que atravesa Italia de NO a SL e en forma de columna vertebral. Enlaza ao N cos Alpes Marítimos e ao S coa cadea do Atlas, mediando o arco siciliano (1.500 km de lonxitude e 150 km de anchura máxima). Os Apeninos están constituídos sobre todo por rochas sedimentarias do Triásico, do Xurásico, do Cretácico, do Eoceno e do Mioceno, igual ca as áreas externas dos Alpes. Presentan actividade volcánica (os volcáns Strómboli e Vulcano, nas illas Eolias; Vesubio en Nápoles) e sísmica. Polo N os Apeninos esténdense pola Liguria e forman os Alpes Ligures; os Apeninos Centrais teñen o pico máis alto de Italia, o Gran Sasso (2.914 m); nos Apeninos Meridionais cabe destacar os Monti del Matese e o Monte-Miletto (2.050 m). Non ten xacementos minerais importantes, pero si un considerable número de fontes termais e frías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trámite xudicial que leva a cabo o deslinde e demarcamento das terras suxeitas a un foro. Este procedemento provocou moitas arbitrariedades, pois podía ser esixido igual aínda que os aforantes recoñecesen as cargas que pesaban sobre as súas leiras, o que facían a maioría, polo que tiñan que pagar custos elevados, outorgando ao foreiro un instrumento de ameaza contra o aforante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na Coruña o 23 de xuño de 1975 e subtitulada como “Delegación en La Coruña de la Agencia de Prensa Popular A.P.E.P. miembro del Frente Revolucionario Antifascista y Patriota (F.R.A.P.)”, na que se incluía un monográfico sobre mariscadoras, con mapas e fotos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anulación ou diminución das funcións químicas dixestivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acto consciente de recoñecer o obxecto percibido. A distinción entre apercepción e percepción foi establecida por Leibniz, quen afirmou que existen percepcións vagas que non eran obxecto de reflexión; recollendo esta diferencia, introduciu a denominación apercepción para designar as percepcións acompañadas de consciencia.

    2. Proceso polo que son actualizadas as lembranzas desencadeadas por unha percepción, completándoa e mesmo deformándoa. A esaxeración patolóxica da apercepción toma o nome de alucinación aperceptiva.

    VER O DETALLE DO TERMO