"ARE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1669.
-
PRAIAS
Praia da parroquia de Reinante, ao L da punta do Gabito, no concello de Barreiros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia da beira meridional da ría de Vigo, no límite da parroquia de Chapela (concello de Redondela), coa de Teis (concello de Vigo).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilagarcía de Arousa baixo a advocación de santa Baia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter científico aparecida en Vilagarcía de Arousa a finais do século XX.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial de Vilagarcía de Arousa. Realizada en estilo barroco, rematouse contra o ano 1667. No 1690 encargóuselle a Melchor de Velasco a construción da Capela do Rosario seguindo o modelo da Capela do Cristo de Burgos da catedral compostelá.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio de gravación fundado en Vigo no ano 1992 por Anxo Maciel. Nos estudios Areamaster gravaron Matto Congrio, Desertores, Heredeiros da Crus, Crazy Cabuxa, Mercedes Peón, Diplomáticos de Monte Alto e Os Piratas, entre outros artistas. En 1997 inauguráronse as novas instalacións, dunha arquitectura acústica equiparable a estudios de gravación europeos de primeira liña, proxectadas polo enxeñeiro acústico inglés Philip Newell; contan con cinco salas de gravación, sala de control e salas de ensaio. Destaca a súa avanzada tecnoloxía baseada nas plataformas de gravación dixital (ADAT e PRO-TOOLS) e un conxunto de periféricos e instrumentos musicais de gran calidade. Nesta segunda etapa gravaron Pancho Álvarez, Na Lúa, Fuxan os ventos, Carlos Núñez, Emilio Cao, Berrogüeto, Heredeiros da Crus, etc. Traballan con numerosas compañías discográficas, entre outras: Chorima Edicións, Edicións do Cumio, e Xerais.
-
GALICIA
Crítico de arte, historiador, filósofo, poeta e profesor universitario. Colabora en diversas publicacións, na televisión e na radio sobre temas histórico-artísticos. Exerceu como director de diversas coleccións e monográficos de artes plásticas, suplementos culturais, dicionarios, etc. Entre as súas obras destacan: 30 años de arte español (1972), Prieto Nespereira (1973), La pintura en Buenos Aires (1981) e La pintura expresionista en España (1981). Como poeta ten obra publicada en galego e castelán. Dirixiu as Salas de Exposición do Ateneo de Madrid, foi xefe do Servicio Exterior da Dirección Xeral de Turismo, da Sección de Artes Plásticas e Audiovisuais, e da Acción Universitaria da Dirección Xeral de Información. Tamén exerceu como director do Museo Español de Arte Contemporáneo entre 1974 e 1978.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Fregar con area.
-
Cubrir de area ou botar area nun lugar.
-
Botarlle sal ao peixe, segundo o léxico mariñeiro, nunha cantidade non excesiva. O areado é fundamental no salpresado, un dos xeitos tradicionais máis sinxelos de transformar a sardiña. Esta, posteriormente, descabézase e faise a súa presentación, sen terlle quitado as vísceras.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de santa Cristina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ponteareas baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PRAIAS
Praia da península do Barbanza, na beira meridional da ría de Muros e Noia, situada ao N da punta Sarrosa pechando a lagoa de San Pedro de Muro, na parroquia de Xuño, concello de Porto do Son.
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia da beira setentrional da Ría de Pontevedra, na parroquia de Bordóns, concello de Sanxenxo.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLOTES
Punta da ría de Pontevedra situada entre a praia dos Mortos ao L e a praia das Areas ao O na parroquia de Bordóns, concello de Sanxenxo. É un antigo con unido á liña de costa polo depósito de praia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ponte situada sobre o río Tea na parroquia de Ponteareas, no concello do mesmo nome; recibe tamén os nomes de ponte Vella e ponte dos Remedios. Trátase dunha ponte de catro arcos, dos que os da marxe esquerda conservan a forma oxival e os da dereita achéganse máis ao medio punto. Está acrecentado con cinco desaugadoiros lintelados con eixes que forman distintos ángulos co eixe principal da ponte. Os piares, moi robustos, rematan en tallamares triangulares augas arriba; augas abaixo, os piares non sobresaen do plano de tímpanos. Os tímpanos son de cadeirado recto, coas pezas colocadas a soga, agás na reconstrución do cuarto arco na que o aparello non é tan regular. Os peitorís son de factura desigual. Existe unha discusión sobre a súa posible orixe romana, se ben non se conservan evidencias desa época na ponte. Ben ao contrario, as marcas de canteiro en perpiaños e o estilo construtivo mostran que estamos diante dunha obra dos séculos XIV ou XV, dato coincidente coa reactivación do mercado...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequena palmeira orixinaria de Indonesia, de tronco delgado, coroado cunha roseta de follas grandes. Os froitos en drupa conteñen unha soa semente alongada, a noz de areca, rica en taninos e graxas, que se emprega como condimento. As xemas son comestibles e a cortiza aprovéitase para elaborar cordas.
-
-
Relativo ou pertencente ás arecáceas.
-
Planta da familia das arecáceas.
-
Única familia da orde das arecais constituída por árbores perennifolias de tronco longo, esvelto e columnar, xeralmente simple e de follas robustas pinnatisectas ou palmatisectas, cun longo pecíolo, agrupadas nunha roseta terminal. As flores son polo xeral unisexuais e actinomorfas, de xineceo súpero tricarpelar, ordinariamente anemófilas, e os froitos son baias ou en drupas, con sementes de endosperma abundante. A ela pertencen as palmeiras, o coco, a datileira e a areca, orixinarias das rexións cálidas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide da areca que se presenta en forma de sólido soluble na auga, e que se funde, anhidro, a 232°C. O seu éster metílico é a arecolina.
-
-
Árbore da orde das arecais.
-
Orde de árbores da subclase das arécidas á que pertence a familia das arecáceas.
-
-
-
Árbore ou arbusto da superorde das arecanais.
-
Superorde de árbores e arbustos da subclase das arécidas á que pertencen as ordes das arecais e das pandanais.
-