"André" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 485.

  • PERSOEIRO

    Constructor de violíns italiano. Foi discípulo de N. Amati e seguiu os seus modelos, que perfeccionou. Os seus fillos e, especialmente o seu neto Giuseppe Guarneri (1698-1744) -chamado del Gesù porque empregaba como distintivo o anagrama IHS- crearon instrumentos dunha calidade semellante á de Stradivari.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Rairiz de Veiga. De orixe románica, reconstruíuse posteriormente. Da primitiva fábrica conserva o rosetón da fachada principal, os canzorros e a porta S, formada por unha dobre arquivolta rodeada por unha banda con decoración axadrezada e un tímpano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Doutorouse en Economía pola University of Chicago en 1957. Neomarxista especializado en economía do subdesenvolvemento, das súas obras destacan Development and Underdevelopment (1966), Capitalism and Underdevelopment in Latin America (1967) e Sociology of Development and Underdevelopment of Sociology (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político timorense. Presidente da Frente Revolucionária do Timor Leste Independente (FRETILIN) desde 1978, foi capturado polo exército indonesio en 1992 e condenado a cadea perpetua, pena que lle foi rebaixada a raíz das protestas internacionais, ata que foi definitivamente excarcerado en 1999. Tralo referendo que supuxo o triunfo das forzas independentistas, foi elixido presidente da República de Timor Leste nas eleccións de 2001. Nos anos de prisión escribiu o poemario Mauberiadas (Premio Nacional de poesía de Timor, 1975) e o ensaio Timor Leste: un Povo, uma Patria (1994). Posúe o Premio Sajarov á Liberdade de Conciencia do Parlamento Europeo (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo escocés. Estudiou os problemas climáticos e meteorolóxicos e definiu o concepto de rexión natural. Escribiu The distribution of rainfall over the land (1901), The great atlas of meteorology (1899) e The mayor natural regions (1905).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, narrador e historiador romántico. Publicou A voz do profeta (1836), onde a tensión e a énfase romántica aparecen intelectualizadas. En 1850 apareceu toda a súa obra lírica no volume Poesía. Os seus contos, Lendas e narrativas (1851), e as súas novelas O monge de Cister (1841), O Bobo (1843) e Eurico o presbítero (1844), impulsaron a novela histórica en Portugal. Como historiador destacan História de Portugal (1846-1851) e Portugaliae monumenta historica (1856-1873).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Cangas. Construída en estilo románico a finais do s XII, ten unha soa nave. Cóbrese con bóveda de canón. No interior destaca o retablo cunha representación do inferno. A portada é románica, ten dúas arquivoltas apoiadas en dous pares de columnas, e o tímpano presenta decoración escultórica rudamente tallada. A espadana é de dous vans semicirculares e está coroada por un frontón triangular en que se abre outro pequeno van. No adro atópase o cruceiro, obra de Xosé Cerviño García.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo inglés. Graduouse en 1938 e doutorouse en 1941 en Cambridge. Colaborou con A. L. Hoodgkin no estudo dos pulos nerviosos e da bomba de sodio da membrana da célula nerviosa; tamén estudiou a fisioloxía da contracción das fibras musculares. Entre as súas publicacións destaca Reflections on muscle (1980). Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1963), xunto con H. L. Hodgkin e J. C. Eccles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político estadounidense. Sétimo presidente de EE UU (1829-1837), defendeu a autoridade federal fronte á ameaza de secesión de Carolina do Sur, e opúxose á renovación do privilexio da banca nacional e ao conxunto das medidas económicas que pretendían situar a EE UU na vía dun capitalismo liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Coñecida coma Marilar Aleixandre, é profesora de Didáctica das Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela. Vinculada ao movemento feminista, participou na creación da Asociación Galega da Muller e encabezou a lista do Movemento Comunista de Galicia nas primeiras eleccións municipais (1979). Participou nos movementos de renovación pedagóxica e pertence ao colectivo poético do Batallón Literario da Costa da Morte. Colaboradora de numerosas revistas, é coautora dos primeiros libros de ciencias en galego Xilbarbeira (1981), Setestrelo 1 (1988) e Setestrelo 3 (1989); tamén é coautora de diversas publicacións de didáctica das ciencias, dun vocabulario de ciencias naturais e autora de Dubidar para Aprender (1997). En canto á súa produción literaria, no apartado infantil e xuvenil publicou A formiga coxa (1989), O rescate do peneireiro (1990), Nogard (1994), A expedición do Pacífico (Premio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político estadounidense. Foi gobernador de Tenessee (1853) e senador de EE UU desde 1855. Vicepresidente con A. Lincoln, á morte deste sucedeuno na presidencia (1865-1869). Simpatizante de certas teses sudistas, opúxose ao programa de reconstrución despois da Guerra de Secesión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta grego. Publicou unhas vinte Odas (1824-1826), influídas polo neoclasicismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor grego. Autor de O mendigo (1899), de carácter popular, e da obra realista O arqueólogo (1904).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Moscova 1902 - París 1968) Filósofo. Discípulo de K. Jaspers, foi unha das figuras fundamentais do pensamento contemporáneo sen ter realizado obra onde sostivera teses propias. Os seus cursos, recollidos en Introdution à la Lecture de Hegel (1947), retornaron a Hegel a un primeiro plano da actualidade. O seu maxisterio constituíu a formulación máis triunfante dunha doutrina historicista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Tambov 1903 - Moscova 1988) Matemático ruso. Foi profesor na Universidade de Moscova. Fixo importantes investigacións sobre a teoría das funcións reais, sobre a teoría da medida e sobre lóxica intuicionista. Propuxo a axiomática da teoría matemática moderna da probabilidade, coñecida co nome de axiomática de Kolmogorov.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Taganrog 1892 - París 1964) Filósofo ruso. Foi un dos introdutores do pensamento de E. Husserl en Francia. Destacou polos seus estudios sobre a historia da filosofía e da ciencia, campos nos que foi un dos precursores das nocións de paradigma e de estrutura epistemolóxicos desenvolvidos posteriormente por T. Kuhn. Da súa produción destacan os estudios sobre Anselmo, Descartes e Platón, e Études Galiléennes (1940), From the Closed World to the Infinitive Universe (1957), Études d’histoire de la pensée philosophique (1961), Nextonian Studies (1965) e Études d’histoire de la penseé scientifique (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e escritor. Foi guía de Napoleón nas guerras da independencia española (1808) e austríaca (1809). Deputado por París (1822), interveu na insurrección que obrigou a Carlos X a exiliarse (1830) e foi axudante de campo do rei Luís Filipe I de Francia. Home dunha gran cultura, escribiu máis de trinta obras, das que destacan Voyage pittoresque et historique de l’Espagne (1807-1818), ilustrada con gravados, algúns deles debuxados por el mesmo, e L’itinéraire descriptif de l’ Espagne (1808).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Licenciado en Filosofía e Letras e doutor en Teoloxía (1912), en 1908 recibiu a Sagrada Orde do Presbiterado. Desde ese ano exerceu como docente no seminario de La Habana. Foi cóengo da catedral de La Habana, fiscal eclesiástico e xuíz sinodal da diocese. Pola súa defensa da Igrexa, Benedicto XV nomeouno camareiro secreto, co título de monseñor, e Pío XI, prelado romano (1922). Foi membro fundador da asociación protectora da Real Academia Galega, institución da que foi membro correspondente. Destacan as obras Una leyenda que se esfuma e Palabras pronunciadas...en la iglesia de San Francisco de Pontevedra el día 13 de julio de 1938: fecha de aniversario del vil asesinato del mártir de la patria Excmo. Sr. D. José Calvo-Sotelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e humanista. Catedrático da Universidad de Alcalá e doutor da Universidade de Bolonia, foi médico do Emperador Carlos V e do Papa Xulio II. Autor dunha trintena de obras, destacan os seus escritos sobre Galeno e Dioscórides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo francés. Defendeu unha concepción da realidade baseada na idea da asimilación e radicalmente oposta ao evolucionismo de Spencer. Escribiu Vocabulaire technique et critique de la philosophie (1902-1923), co que pretendeu unificar a linguaxe filosófica, Les théories de l’indution et de l’ experimentation (1929) e La raison et les normes (1948).

    VER O DETALLE DO TERMO