"Aso" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 411.
-
GALICIA
Pintor. Formado na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, colaborou en La hora e Alcalá, e realizou murais e escenografías para o Teatro Español Universitario. Introduciu a arte abstracta en España e foi un dos pioneiros da vangarda española da década de 1950. Traballou na renovación da pintura con obras como Verdes y redes (1950-1951), Ocre y gris (1960) e Composición (1960), onde expresou o paso da figuración cara ao xestual co establecemento dunha organización abstracta e xeométrica das relacións formais, cromáticas e lumínicas. Empregou a mancha firme de cores puras e abordou a estrutura compositiva e a diferenciación cromática. A finais desta década decantouse cara a unha abstracción baseada na action painting e amosou afinidades co grupo El Paso. Posteriormente, aventurouse no campo da escena e vinculouse ao mundo do teatro e do cine, onde traballou como figurinista e decorador e realizou as escenografías das obras teatrais La Celestina e Medea ou a ópera Norma. Traballou...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Pequeno xerador de estímulos eléctricos que, conectado permanentemente ao corazón, o excita ritmicamente e asegura a súa contracción e o seu ritmo cando é incapaz de facelo por si mesmo.
-
Calquera tecido especializado que inicia e mantén o ritmo de determinadas funcións do organismo (contraccións do útero, latidos do corazón).
-
-
PERSOEIRO
Escritor. Redactou o seu primeiro manifesto en 1909, en que propugnaba a ruptura dos esquemas literarios tradicionais e da sintaxe. No Manifesto tecnico della letteratura futurista (1912) definiu a guerra como a ‘única hixiene do mundo’, e trala Primeira Guerra Mundial adheriuse ao fascismo. Das súas obras destacan, en poesía, Spagna veloce e toro futurista (1913), Poemi simultanei futuristi (1933), Canto eroico e macchine della guerra mussoliniana (1942) e L’esercito italiano, poesia armata (1942), e, en prosa, Novelle con le labbra tinte (1930) e Patriottismo insetticida (1939).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Documentado en Florencia entre 1341 e 1353, foi un dos discípulos máis destacados de Giotto di Bondone. Atribúenselle os frescos da capela Bardi da basílica da Santa Croce de Florencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tommaso di Cristoforo Fini.
-
PERSOEIRO
Escritor. Foi un dos fundadores da revista de vangarda Hèlix (1929) e de Destino. Coñeceu en París a Breton, e foi un dos introdutores do surrealismo na Península. Publicou Guía de Roma e itinerarios de Italia (1950) e Antología poética de Ausias March (1981). Recibiu o Premio Nacional de Tradución (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á masonería.
-
Membro da masonería.
-
-
PERSOEIRO
Político estadounidense. Defensor da escravitude, na Guerra de Secesión (1861-1865) foi enviado a Reino Unido como delegado dos Estados Confederados de América (1861).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Comezou representando papeis dramáticos en pequenas producións británicas e posteriormente converteuse nun dos actores principais de Hollywood na década de 1950, triunfando en cine e televisión. Da súa filmografía destacan I met a murdered (1939), The Reckless Moments (1949), Five Fingers (1952), A Star is Born (1954), pola que foi nominado ao Oscar; Lolita (1961), Georgy Girl (1966),nominado ao Oscar; The Boys from Brazil (1978) e The Veredit (1984), que significou a súa terceira nominación ao Oscar.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á masonería ou aos masóns.
-
-
Modalidade de comportamento sexual caracterizada polo feito de que a excitación erótica e sexual, que a miúdo chega ao orgasmo, é provocada polo sufrimento físico que o suxeito se autoinfrixe ou recibe doutra persoa. Este termo derivou do novelista Leopold Ritter Sacher-Masoch (1836-1896), que presentaba a algúns dos seus personaxes caracterizados por este comportamento. Sigmund Freud ampliou este concepto ao cualificar o masoquismo como un comportamento sempre secundario, contraposto ao sadismo, e ao diferenciar tres tipos: o masoquismo que está condicionado pola gratificación sexual, o que é expresión da natureza do sexo feminino e o que deriva de determinacións inconscientes que esixen un castigo.
-
Comportamento da persoa que goza ao se sentir humillado ou maltratado.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao masoquismo.
-
Que ou quen ten tendencias ao masoquismo ou que o practica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de anotacións feitas ao texto orixinal da Biblia polos masoretas, co fin de asegurar a fiel transmisión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos filólogos que fixaron o texto hebreo da Biblia entre os ss VI e XV. A súa obra consistiu fundamentalmente na fixación dos signos de vocalización, acentuación, pronunciación e entoación para a lectura pública.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á masora ou aos masoretas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento de enfermidades mediante a masaxe.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que, desde xullo de 1992, recibe a antiga Asociación España-URSS fundada en xaneiro de 1987. Esta institución, presidida por Francisco Mosquera Pazo, desenvolve actividades culturais e lúdicas como cursos de lingua rusa, ciclos de cine ruso, torneos de xadrez, concursos de redacción e debuxo, conferencias ou presentación de libros. Conta, ademais, cunha coral polifónica e cunha biblioteca de libros rusos e galegos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Abdome ou porción posterior do abdome que aparece en moitos animais metaméricos, como por exemplo os anélidos.