masoquismo

masoquismo

(< antropónimo L. R. von Sacher-Masoch)

  1. s m [PSIC]

    Modalidade de comportamento sexual caracterizada polo feito de que a excitación erótica e sexual, que a miúdo chega ao orgasmo, é provocada polo sufrimento físico que o suxeito se autoinfrixe ou recibe doutra persoa. Este termo derivou do novelista Leopold Ritter Sacher-Masoch (1836-1896), que presentaba a algúns dos seus personaxes caracterizados por este comportamento. Sigmund Freud ampliou este concepto ao cualificar o masoquismo como un comportamento sempre secundario, contraposto ao sadismo, e ao diferenciar tres tipos: o masoquismo que está condicionado pola gratificación sexual, o que é expresión da natureza do sexo feminino e o que deriva de determinacións inconscientes que esixen un castigo.

  2. s m

    Comportamento da persoa que goza ao se sentir humillado ou maltratado.

Palabras veciñas

Mason, James Neville | masonería | masónico -ca | masoquismo | masoquista | masora | masoreta