"Ava" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 621.

  • PERSOEIRO

    Compositor e musicólogo. Director e profesor do Conservatorio de Madrid, foi autor de música relixiosa, instrumental e dramática. Da súa produción destaca a obra didáctica Método completo de solfeo (1846) e a antoloxía de música relixiosa española titulada La Lira Sacro-Hispana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidad de Granada e doutor cunha tese sobre historia medieval (1983). Destacado historiador, ensaísta, tradutor e colaborador en revistas especializadas e prensa. Da súa produción sobresae En busca del unicornio (Premio Planeta 1987), Statio Orbis (1995), Amor y sexo en la antigua Grecia (1997), Tumbaollas y hambrientos (1998), Señorita (Premio Fernando Lara 1998 e Premio Andalucía de la Crítica 1999) e Escuela y prisiones de Vicentito González (2000). En 1989 recibiu a Medalla de Prata de Andalucía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Vicerrei de Nova Granada (1740-1748), defendeu Cartagena de Indias do asedio da armada británica (1741), feito que lle valeu o título de marqués da Real Defensa. Tralo seu regreso a España, foi capitán xeneral de Andalucía (1750), director de infantería (1750-1753) e secretario de guerra (1754-1759).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lavar lixeira e superficialmente algo sen aclaralo ben.

    2. Quitar a cor ou a substancia a algo, especialmente á comida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exostose que se forma na rexión da xuntura tarsal das extremidades posteriores dos cabalos e que lles impide o movemento da parte inferior destas.

    2. Cuarto ou casa grande mal conservada.

    3. Moble grande e desproporcionado.

    4. Terreo de cultivo grande, de mala calidade ou ruín.

    5. Persoa moi alta, xeralmente sen garbo ou elegancia.

    6. Persoa ou animal pouco xeitoso ou desproporcionado.

    7. Xesto ou xeito propio dunha persoa pouco equilibrada.

    8. Cousa sen ningún xeito ou forma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Danza con acompañamento instrumental e estrutura en dúas frases, semellante á da muiñeira corrida, da que difire pola disposición lineal e non en roda do conxunto danzante no paso de galope correspondente á frase colectiva. Constitúe unha das formas de síntese xenericamente coñecidas como bailes do agarradiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse co seu pai, o pintor e gravador Josep Espinós (1721-1792). Pertenceu á Fábrica dos Cinco Gremios de Madrid e foi director da Escola de Flors i Ornats de València dende 1784. Especializado na pintura de flores, os seus lenzos serviron de modelo para deseños de sedas e pequenas táboas. A súa obra evolucionou dun colorido fino e unha modelaxe suave a unha pintura vigorosa e rica en cor e empaste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trobador portugués pertencente á escola lírica galego-portuguesa, membro probablemente da liñaxe de cabaleiros dos Travanca, documentada nos libros de liñaxes e, sobre todo, nas Inquirições (1258). Nestas, menciónase un Estevan Travanca, propietario dun casal en Sedielos (partido xudicial de Penaguião, ao N do Douro), que podería identificarse co trobador. A colocación da produción deste autor nos cancioneiros -na parte inicial da sección das cantigas de amigo, xunto a trobadores como Men Rodriguez Tenoiro, Rodrigu’Eanes de Vasconcelos e Afonso Mendez de Besteiros-, permite situalo cronoloxicamente no terceiro cuarto do s XIII. Aínda que motivos codicolóxicos levaron a algúns investigadores, como António Resende de Oliveira, a atribuír tamén a este trobador a cantiga de amor “Pois m’ en tal coita ten Amor” (asignada por Giuseppe Tavani a Johan Perez d’Aboim), o máis prudente parece inclinarse polo seu anonimato e circunscribir o seu cancioneiro ás catro cantigas de amigo (“Amigas, quando...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de extravagante.

    2. Cousa ou feito que chama a atención pola súa rareza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen resulta raro por non ser habitual ou normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de extravasarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Saírse un fluído do seu conduto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se sitúa ou que ten lugar fóra dos vasos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: favo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse en París con R. A. Houasse e en 1695 obtivo o Prix de Rome que lle permitiu residir en Italia durante cinco anos. Viviu en España, onde copiou as obras das coleccións reais. En 1704 ingresou na Académie Royale de Peinture et de Sculpture coa obra España ofrecéndolle a coroa ao duque de Anjou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Agrigento, situada na illa de Sicilia, Italia (31.995 h [1991]). As principais actividades económicas están relacionadas coa minería. De orixe prehistórica, converteuse no s VII a C nun posto militar grego de importancia estratéxica. Trala dominación romana sufriu a ocupación musulmá (827-1072) e a normanda, durante a que se desenvolveu o feudalismo. Do seu patrimonio cultural destacan a necrópole de Rocca Stefano, a vila romana do distrito Conrada Saraceno e o castelo de Chiaramonte (1270).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, situado na marxe dereita do río Xúquer (1.726 h [1996]). A agricultura de regadío e a industria (plásticos) son as principais actividades económicas. Habitada por mouriscos, pertenceu aos condes de Ròtova e foi declarada parroquia independente en 1568.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comediógrafo e compositor. Autor de vodevís e de libretos de óperas cómicas, foi director da Opéra-Comique de París. Da súa produción destaca Les amours de Bastien e Bastienne (1753), Les trois sultanes (1761) e Les moissonneurs (1768).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teórico da arte e arquitecto francés. A súa obra máis representativa é Entretiens sur les vies et les ouvrages des plus excellents peintres anciens et modernes (Conversacións sobre as vidas e as obras dos máis excelentes pintores antigos e modernos, 1666-1688).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño. Formado no seminario de Vergara, ingresou na mariña (1780). Dedicado desde 1784 á recuperación de manuscritos e documentos marítimos para o Museo de la Marina de Cádiz, foi o descubridor dos manuscritos das viaxes de C. Colón. É autor dunha Colección de documentos inéditos, Ortografía e Análisis del Quijote: vida de Miguel de Cervantes Saavedra (1834). Membro desde 1792 da Real Academia da Lingua e da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, da que foi secretario (1815), e desde 1800 da Real Academia de la Historia, da que foi presidente (1824).

    VER O DETALLE DO TERMO