"CIC" (Contén)
Mostrando 13 resultados de 293.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ás plantas ou comunidades vexetais que viven normalmente en solos ou substratos silíceos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
sincitio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acelerador de partículas circular, de deseño idéntico ao do ciclotrón, en que a frecuencia õ do campo eléctrico acelerador varía a medida que aumenta a velocidade das partículas nucleares, para manter a sincronización do sistema. Foi ideado por McMillan en EE UU e por Veksler en URSS e emprégase para acelerar protóns, deuteróns e helións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciclo termodinámico teórico dunha máquina térmica reversible, que está formado pola sucesión das catro fases polas que evoluciona un gas perfecto, entre dúas fontes de calor a temperatura constante, separadas por un intercambiador adiabático.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de antibióticos de amplo espectro que se utilizan no tratamento de enfermidades infecciosas. Pertencen a este grupo a oxitetraciclina ou a clorotetraciclina.
-
-
Relativo ou pertencente ao tórax.
-
-
Relativo ou pertencente aos torácicos.
-
Crustáceo da orde dos torácicos.
-
Orde dos crustáceos cirrípedes que está formada por especies fixas, ben mediante un pedúnculo carnoso, como nos percebes, ben mediante un disco amplo e aplanado. A coiraza recobre todo o corpo, menos a rexión das anténulas, e está integrada por seis placas calcarias ou máis, aínda que hai casos nos que faltan. O primeiro segmento torácico está unido á cabeza, carece de antenas e as anténulas son moi reducidas e o tronco ten seis parellas de apéndices. Son hermafroditas, con fecundación cruzada e interna, ou ben autofecundación.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ciclo de Krebs.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo teatral formado en 1979 en Barcelona por Joan Gràcia, Francesc Mir e Carles Sans. Realizan un tipo de teatro sen palabras e xestual baseado no cine cómico estadounidense. Das súas montaxes destacan Manicòmic (1982), Exit (1984), Slastic (1986), Terrífic (1991), Entretrès (1996) e Sit (2002).
-
VER O DETALLE DO TERMO
ehículo de tres rodas, as dúas traseiras unidas por un eixe e cun asento sobre elas, movido xeralmente por pedais.
-
-
Canción popular de tema relixioso que se canta no Nadal, relacionada principalmente co nacemento do Neno Xesús.
-
Composición poética castelá do s XV e de orixe popular que se utilizaba como refrán.
-
-
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Coñecida como Sophia Loren, destacou pola interpretación de tipos populares e a súa beleza, aínda que co tempo obtivo papeis de máis alcance dramático. En 1961 obtivo o Oscar á mellor interpretación feminina por La Ciociara (1960). Actuou en Pane, amore e... (1955), Lady L. (1965), The Countess from Hong Kong (1966), I girasoli (1970), The Cassandra Crossing (1976), Scemo di guerra (1989) e Prêt-à-porter (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Período de separación e converxencia das placas litosféricas establecido polo xeofísico canadense J. T. Wilson (1966). Parece que só se produciu un ciclo deste tipo en toda a historia da Terra, que rematou coa formación de Panxea a partir do desmembramento dun continente anterior. En diferentes lugares do mundo atópanse elementos de cada un dos seis estadios en que se divide este período, como a sutura Indus-Yarlung Zangbo na cordilleira do Himalaia.
-
PERSOEIRO
Poeta esloveno. Considerado o primeiro poeta moderno do seu país, das súas obras destacan Čez plan (Pola chaira, 1904), Samogovori (Soliloquios, 1908) e a traxedia Veronika Deseniška (1924).
VER O DETALLE DO TERMO