Villani Scicolone, Sofia
Villani Scicolone, Sofia
Actriz cinematográfica. Coñecida como Sophia Loren, destacou pola interpretación de tipos populares e a súa beleza, aínda que co tempo obtivo papeis de máis alcance dramático. En 1961 obtivo o Oscar á mellor interpretación feminina por La Ciociara (1960). Actuou en Pane, amore e... (1955), Lady L. (1965), The Countess from Hong Kong (1966), I girasoli (1970), The Cassandra Crossing (1976), Scemo di guerra (1989) e Prêt-à-porter (1994).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Pozzuoli, Campania