"Far" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 541.
-
PERSOEIRO
Político italiano. Participou na revolta de 1831 e foi desterrado dos Estados Pontificios en 1843. Amnistiado por Pío IX (1847), retornou e foi nomeado subsecretario do ministerio de Estado (1848). Ao dimitir o goberno (1849), foi exiliado a Turín, onde colaborou con Cavour no xornal Il Risorgimento. En 1851 naturalizouse piemontés e ocupou os cargos de ministro de Educación (1851-1852) e de Interior (1860-1861), comisario en Modena (1859) e primeiro ministro (1862-1863).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que rexistra, en forma de banda ampla, a forza necesaria para accionar as pas dunha amasadora que xira a unha velocidade constante a través dunha masa compacta de fariña e auga, dunha consistencia inicial fixa. O rexistro gráfico que se obtén é o farinograma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gráfico obtido cun farinógrafo que dá idea da evolución das características reolóxicas da masa en función do tempo. Mediante este gráfico dedúcense as aptitudes e as aplicacións industriais de distintos tipos de fariña e completa os datos obtidos co alveógrafo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: farnelo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva como armas, en campo de prata, tres faixas de sable.
-
-
Que ten moita fariña.
-
Qué e semellante á fariña pola súa natureza, textura ou aspecto.
-
-
-
Rexión do tubo dixestivo dos cordados que comunica a boca co esófago. Nos cefalocordados está constituída pola primeira porción do intestino e está provista a cada lado por un centenar de fendeduras branquiais. Nos peixes acada simultaneamente un papel respiratorio e dixestivo, polo que está provista de fendeduras branquiais e presenta numerosos dentes de carácter triturador. Nos vertebrados tetrápodos é un conduto muscular e membranoso que se sitúa detrás das fosas nasais, da boca e da larinxe, e diante da columna vertebral, e é común ás vías respiratorias e dixestivas.
-
Porción anterior ectodérmica do tubo dixestivo ou da cavidade central de moitos invertebrados. Nos cnidarios é unha invaxinación ectodérmica que penetra na cavidade central e ten un papel de selección dos alimentos. Nos invertebrados celomados é a parte máis anterior do tubo dixestivo e adoita ter un papel triturador e condutor do alimento; está provista normalmente dunha musculatura poderosa e ás veces de revestimentos ou de pezas trituradoras.
-
-
-
Relativo ou pertencente á farinxe.
-
Que se produce pola constrición da farinxe e mediante a retracción da raíz da lingua, como é o caso do árabe. En certas linguas, como o árabe e o bérber, existen moitas consoantes con faringalización (os arabistas denomínanas enfáticas).
-
-
-
Inflamación da farinxe, particularmente da súa mucosa.
-
Farinxite de curso crónico con atrofia da mucosa e das glándulas.
-
Farinxite que se caracteriza pola dor, especialmente na deglución, sequidade da gorxa, secreción e conxestión da mucosa e febre. Débese xeralmente a un arrefriamento.
-
Farinxite que ten un proceso crónico ou que resulta de inflamacións agudas repetidas. Caracterízase por unha secreción excesiva.
-
Farinxite que se caracteriza polo esfácelo total dos tecidos farínxeos.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos fariseos.
-
Que actúa con hipocrisía.
-
-
-
Calidade ou actitude de fariseo.
-
Grupo relixioso integrado polos fariseos.
-
-
-
-
Membro dun grupo relixioso do xudaísmo.
-
Grupo relixioso xudeu que xurdiu no s II a C e que se caracterizaba pola súa piedade. Autodenominábanse compañeiros ou santos, vivían separados de todos os que eran legalmente impuros e gozaban de moita popularidade.
-
-
Aplícase á persoa que aparenta unha gran piedade e unha perfección moral que non ten, mostrándose moi rigorosa e severa ao xulgar os demais.
-
-
PERSOEIRO
Compositor e director de orquestra húngaro. Compuxo óperas, música sinfónica e de cámara, ballets e bandas sonoras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e xesuíta italiano. Ordenado sacerdote en 1722, foi destinado a Padua para traballar xunto ao padre Filippo Riceputi. Foi autor, xunto con F. Riceputi, de Ilyricum Sacrum (Ilírica Sacra, 1751).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Campaña fotográfica federal organizada polo departamento de Agricultura do goberno dos EE UU e dirixida por Roy Stryker. O seu obxectivo era obter imaxes das consecuencias da Gran Depresión económica que vivía o país, particularmente os granxeiros do sueste, para realizar informes e axudar economicamente aos que máis o precisaban. Na campaña traballaron os fotógrafos B. Shahn, W. Evans e D. Lange, entre outros. Os seus arquivos recolleunos a Library of Congress en Whasington.
-
-
Relativo ou pertencente á farmacia.
-
Persoa que exerce a farmacia como profesión, ben como titular dun establecemento para a preparación de fórmulas maxistrais e dispensación de produtos farmacéuticos, ben como preparador dentro da industria farmacéutica, ben como realizador de análises clínicas. No Estado español os modernos colexios de farmacéuticos apareceron no s XIX e chegaron a colexios oficiais en 1934, federados na Unión Farmacéutica Nacional. Dende o período 1938-1941, os colexios do Estado español dependen do Consejo General de Colegios Oficiales de Farmacéuticos de España. O ensino público de farmacia ligouse á evolución da profesión antiga de boticario cara á moderna de farmacéutico.
-
Sector industrial que se encarga da fabricación de produtos farmacéuticos. Esta industria, moi complexa, pódese incluír dentro da industria química, aínda que coas súas características particulares. As diversas actividades da industria farmacéutica pódense esquematizar en tres grupos principais. En primeiro lugar a preparación por extracción e purificación dos medicamentos que existen na natureza. En segundo lugar os produtos creados sinteticamente polo home. E en terceiro lugar o estudo e a preparación das especialidades farmacéuticas. A especialidade farmacéutica xorde, en calquera parte do mundo, da primitiva farmacia. Se a especialidade tiña éxito diante do médico ou o público, a produción aumentaba, ata que naceu, pouco a pouco, o laboratorio anexo á farmacia. Algúns chegaron a independizarse, ata crear industrias máis ou menos complexas e, nalgúns casos, ata grandes grupos industriais. Os avances na investigación e o encarecemento das materias primas agudizaron cos anos a tendencia...
-
-
-
Ciencia e arte de coñecer as substancias con acción medicamentosa e a maneira de combinalas para obter os medicamentos. Orixinariamente, a farmacia non foi unha ciencia independente, senón que formaba parte dos coñecementos médicos porque era o médico quen preparaba os medicamentos. Os descubrimentos no campo da química e da botánica influíron na evolución da farmacia. Os primeiros textos que se coñeceron foron os exipcios, que se limitaban a dar a forma de obter certos preparados con poder curativo; posteriormente, foron os gregos os que escribiron obras sobre o tema. Na época medieval o mundo islámico deu un novo pulo á ciencia farmacéutica, que se separou gradualmente do campo dos médicos, e así xurdiu a profesión de boticario. No s XVI apareceron as primeiras farmacopeas; a necesidade das mesmas aumentou dende o momento que o médico deixou de preparar el mesmo os medicamentos para encargárllelos a outra persoa, que co tempo se converteu en farmacéutico. Así apareceron tratados escritos...
-
Profesión do farmacéutico.
-
Establecemento onde se preparan ou venden medicamentos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia orgánica ou inorgánica, natural ou sintética, capaz de producir nun organismo vivo modificacións funcionais, útiles ou danosas, mediante unha acción química, físico-química ou física. Cando os fármacos que se empregan normalizan as funcións patoloxicamente alteradas ou favorecen o proceso curativo dunha lesión, denomínanse medicamentos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da farmacoloxía que estudia o paso dos fármacos polo organismo. Estudia as vías de introdución do fármaco dentro do organismo, o seu repartimento no medio interno, a súa distribución polos tecidos e órganos do corpo, e o tempo que o composto permanece no organismo, como tamén a acción de certos procesos vitais sobre a molécula do fármaco e os metabolitos resultantes, e as súas vías de excreción.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á farmacocinética.