farinxe

farinxe

(

  1. s f [ANAT]

    Rexión do tubo dixestivo dos cordados que comunica a boca co esófago. Nos cefalocordados está constituída pola primeira porción do intestino e está provista a cada lado por un centenar de fendeduras branquiais. Nos peixes acada simultaneamente un papel respiratorio e dixestivo, polo que está provista de fendeduras branquiais e presenta numerosos dentes de carácter triturador. Nos vertebrados tetrápodos é un conduto muscular e membranoso que se sitúa detrás das fosas nasais, da boca e da larinxe, e diante da columna vertebral, e é común ás vías respiratorias e dixestivas.

  2. s f [ANAT]

    Porción anterior ectodérmica do tubo dixestivo ou da cavidade central de moitos invertebrados. Nos cnidarios é unha invaxinación ectodérmica que penetra na cavidade central e ten un papel de selección dos alimentos. Nos invertebrados celomados é a parte máis anterior do tubo dixestivo e adoita ter un papel triturador e condutor do alimento; está provista normalmente dunha musculatura poderosa e ás veces de revestimentos ou de pezas trituradoras.

Palabras veciñas

fariñon | Fariños | fariñudo -da | farinxe | farínxeo -a | farinxite | farisaico -ca