"Gad" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 472.

  • Construción situada en San Pedro de Porta (Sobrado). Ten planta en forma de L e a á esquerda construíuse no s XIX. Na fachada destaca a balconada de pedra e dous escudos. No patio consérvase un cruceiro que puido pertencer á capela da que se conserva o seu altar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento químico pertencente ao grupo dos lantánidos, de número atómico 64 e de peso atómico 157,25. Ten dezasete isótopos dos que sete son estables. Identificouno P. E. L. Boisbaudran en 1886. Actúa cunha valencia de +3 e diferénciase de outros lantánidos pola súa estrutura electrónica, [Xe] 4f7 5d1 6s2, na que os sete orbitais dos niveis f están ocupados por un electrón desemparellado. Forma cristais metálicos con estrutura hexagonal compacta. É o único metal do grupo dos lantánidos que é ferromagnético a temperatura ordinaria. Dous dos seus isótopos teñen unha gran sección de captura para os neutróns térmicos, polo que o gandolio emprégase en forma de complexo orgánico nas barras de control dos reactores nucleares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de ferro e berilio, de fórmula Be2FeY2Si2O10. Cristaliza no sistema monoclínico en cristais prismáticos, ás veces achatados. É de cor verde escura, marrón ou negra, transparente e de brillo vítreo. Ten dureza 6,5-7 e densidade 4-4,65. Aparece en granitos e pegmatitas e é fonte de terras raras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘man’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘brazo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Almería, Andalucía, situado ao N da cidade de Almería, á dereita do río Andarax (2 596 h [1996]). A súa economía está baseada na agricultura e na gandería ovina. Tamén posúe unha certa actividade industrial. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, o poboado da Idade do Cobre de Los Millares, declarado Ben de Interese Cultural (BIC) en 1931, as covas medievais e as necrópoles árabes de Paulenca, Quiciliana, Jacalgarín e Rabanillo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Serra de Andalucía, ao SO da provincia de Almería, que forma parte do Sistema Bético. Está situada entre os Llanos de Almería, ao S, e o val do Andarax, ao N. Ten xacementos de chumbo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pé de certos animais, como o león, o can ou as aves de rapina, que remata en unllas fortes e agudas, preparadas para agarrar e esgazar.

    2. Man grande e torpe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Golpe que se dá cunha gadoupa.

    2. Golpe que se dá cunha man.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ferida que se produce ao riscar a pel con algo afiado, en especial coas unllas.

    2. Risco feito nunha superficie lisa con algo afiado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer unha ferida leve na pel ou riscar unha superficie cunha cousa afiada, en especial coas unllas.

    2. Facerse alguén unha ferida leve na pel cunha cousa afiada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dito ou feito propio dos galegos. OBS: Normalmente úsase con sentido pexorativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. Licenciouse en Filosofía e Letras e en Ciencias da Información na Universidad Complutense de Madrid. Colaborador en distintas publicacións (El País, Faro de Vigo), traballou así mesmo en diversos medios audiovisuais. Da súa produción, entre outras obras, destacan Proceso de adivinaciones (1981), Ciertas personas (1989), Háblame de ti (1993), Cambio de tiempo (1994), Autobiografía del hijo (1995), La mirada del otro (Premio Planeta, 1995), No estabas en el cielo (1996), Escrito por Luzbel (1998), Sobre el amor y sus contrarios (2000) e Presencias de ceniza (2001). Entre outros galardóns, recibiu o Premio Benito Pérez Armas (1973), o Premio Pérez Galdós (1979) e o Premio Europa (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi profesor axudante da cátedra de Dereito Político da Universidad Complutense de Madrid. Foi membro fundador da Federación Popular Democrática, integrada na Federación de la Democracia Cristiana. Europarlamentario do Partido Popular desde 1989, presidiu o Parlamento Europeo entre 1997 e 1999. Ocupou tamén a presidencia do Centro de Estudios Comunitarios e a vicepresidencia da Fundación Humanismo y Democracia. Doutor honoris causa polo Instituto Estatal de Relacións Internacionais de Moscova (1998) e pola Universidade de Sofía (Bulgaria, 1999), recibiu, entre outras condecoracións, a Medalla Schuman (1995), a Medalla de Prata de Galicia (1999) e a Gran Cruz de la Orden de Isabel la Católica (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Licenciado e doutor en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi catedrático de Dereito Mercantil en Donostia e València, profesor na Universidad Carlos III de Madrid, vicerrector das universidades de València e Santiago de Compostela, secretario e decano da facultade de Dereito de Santiago de Compostela e director do Instituto de Dereito Industrial na universidade compostelá. Pertence á Comisión de Investigación da Oficina Europea de Patentes e ao Comité de Denominacións de Orixe da UE en Bruxelas. Foi un dos fundadores do Clube Nacionalista Alén Nós, do que foi vicepresidente e presidente. Membro do Seminario de Estudos Galegos, presidiu a sección de Ciencias Xurídicas e foi membro do Consello da Cultura Galega (1984-1986) e da Xunta Electoral de Galicia (1985-1990). Pertence ao padroado do Museo do Pobo Galego e ás fundacións Antonio Fraguas, Castelao e Pedrón de Ouro. Dirixiu as revistas Actas de Derecho Industrial e Cuadernos de Jurisprudencia sobre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e mestre. Membro da sección de Prehistoria do Seminario de Estudos Galegos desde 1926, participou na escavación de varios castros, xunto con Vicente Risco, Arturo Suárez e López Cuevillas. Militou nas Irmandades da Fala e no Partido Nacionalista Republicano Galego e estivo na mesa presidencial da asemblea constitutiva do Partido Galeguista. Foi concelleiro (1931) en Ourense e deputado provincial durante a Segunda República. Como deputado provincial foi membro activo do Comité pro-ferrocarril Zamora-A Coruña e cofundador (1933) da Caixa de Aforros de Ourense. Presidiu a Cruz Vermella (1935) e participou na creación da Editorial Galaxia e na fundación do Partido Socialista Galego (PSG).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Licenciado en Dereito e doutor en Filosofía e Letras, estudiou teoloxía no Seminario de Santiago de Compostela. Ingresou no ministerio fiscal e foi vicesecretario da Audiencia de Pontevedra, secretario da Audiencia de Lugo e xuíz de primeira instancia. Tamén foi catedrático de Literatura Española e Metafísica na Universidade de Santiago de Compostela, e de Historia de España na Universidad de Valladolid e Santiago de Compostela, da que foi decano. Presidiu o Ateneo Compostelano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago do estado de Utah, EE UU (4.690 km2). A gran concentración de cloruro e sulfato de sodio da auga fai que esta, ás veces, chegue a solidificarse nos lugares pouco profundos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía internacional de construción e servicios que conta con máis de 130 empresas distribuídas por todo o mundo, estruturadas en catro áreas de actividade: construción (TECSA, Sopol de Portugal); servicios (empresas en España, Marrocos, Portugal, Europa e Sudamérica); industrial (empresas dos sectores de telecomunicacións, tecnoloxía e servicios para a industria); e concesións.

    VER O DETALLE DO TERMO