gadolinita
gadolinita
( 2 -ita)
s
f
[MINERAL]
Silicato de ferro e berilio, de fórmula Be2FeY2Si2O10. Cristaliza no sistema monoclínico en cristais prismáticos, ás veces achatados. É de cor verde escura, marrón ou negra, transparente e de brillo vítreo. Ten dureza 6,5-7 e densidade 4-4,65. Aparece en granitos e pegmatitas e é fonte de terras raras.