"Gonzalez" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 326.
-
PERSOEIRO
Realizador, produtor e guionista cinematográfico. Comezou a súa carreira en 1913, que desenvolveu en España, Alemaña, Francia, Arxentina e EE UU. Dirixiu Boy (1926), El negro que tenía el alma blanca (1927), La verbena de la paloma (1934), Suspiros de España (1938) e Goyescas (1942), e produciu, entre outros filmes, El mesón del gitano (1970), do que tamén elaborou o guión.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Pertencente ao grupo poético Rompente, foi un dos protagonistas da renovación poética do último cuarto do s XX en lingua galega. Tras a súa estadía en Madrid, regresou a Galicia e ingresou no Seminario Maior de Vigo, onde estudou filosofía, teoloxía e literatura. Abandounou o seminario (1970) e, despois dunha breve etapa en Barcelona, regresou novamente a Vigo para participar en diversas accións culturais, como as Follas de Resistencia Poética e a creación de Rompente (1975). Redactor de Vagalume (1976-1978), cofundou a Asociación de Escritores en Lingua Galega (1980), en que exerceu como secretario (1980-1985), e foi coordinador da revista Escrita. Promotor do I Congreso de Escritores en Lingua Galega (1981) e do encontro literario GALEUSCA, co abandono da AELG, decidiu volver a Barcelona (1985-2000) e quedar á marxe dos círculos literarios de Galicia, polo que foi considerado un “poeta maldito”. Da súa obra, principalmente poética e con algunhas incursións...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástico. As súas obras amosan unha perfecta relación entre material, imaxe e significado. Utilizou como soporte artístico a fotografía e da súa temática destaca a análise do corpo humano, coa finalidade de implicar o espectador na obra. Da súa produción salientan Plumas (1994), Traxe home (1996), O traxe da Pepa (1996) e O raio de luz (2001). Ilustrou o Diario de Ana Frank. (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Aviador. Realizou as súas primeiras acrobacias o 6 de maio de 1913 en Ferrol durante a botadura do acoirazado Alfonso XIII. Convidado pola colectividade galega de Arxentina e Cuba, realizou diversos voos acrobáticos en que incluíu o salto da morte. De volta en España, tomou parte en varios concursos ata a súa retirada en 1921.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e diplomático. Estudou con Óscar Esplà e formou parte do Xeración da república. En 1930 estreou o ballet La romería de los cornudos, cunha estética moi persoal; ademais dun Concierto militar para violín e orquestra, a zarzuela El coro (1931), música de cámara e cancións. En homenaxe aos poetas da Xeración do 27 compuxo Llanto por Federico García Lorca (1944).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político. Foi notario en diversas poboacións españolas, alcalde de Arzúa e Lugo, gobernador civil en Salamanca e na Coruña. Como alcalde de Lugo foi procurador en Cortes (1973-1975). Deputado no Congreso por Coalición Democrática (1982-1986), foi membro do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (1987-1996). Recibiu a Medalla Castelao (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Coñecido como o ‘bardo de Bergantiños’, ocasionalmente asinou os seus escritos cos pseudónimos de Arístides Valtierra, Ezequiel e El Proscrito de Almendares. Está considerado, xunto a Rosalía de Castro e Curros Enríquez, como un dos grandes poetas do Rexurdimento en Galicia. Fillo de Xoán González Pondal e de Anxos Fernanda Abente Chans, pertenceu a unha familia de orixe fidalga que se enriquecera na emigración americana e que ocupou destacados postos na vida política e económica da comarca bergantiñá. Eduardo, o menor de sete irmáns, dedicou practicamente toda a súa vida á escritura, sen apenas reparar no seu mantemento, xa que os gastos corrían a cargo das rendas familiares. Formado nun ambiente aristocrático, de alto poder adquisitivo, iniciou os seus estudos de gramática latina e grega na reitoral de Vilela de Nemiña co párroco de Touriñán, Cristóbal de Lago, como era costume nos rapaces que querían iniciar carreira eclesiástica ou universitaria. Esta...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Doutor en Dereito Canónico e Teoloxía, foi ordenado presbítero en Santiago de Compostela (1868). Dirixiu o Boletín Eclesiástico e destacou como orador e predicador. Das súas publicacións destacan Oración fúnebre pronunciada el día 17 de diciembre en la iglesia parroquial de Sta Eulalia de Rivadumia en las solemnes exequias del ilustre patricio Antonio Aparisi y Guijarro (1872) e Panegírico del beato Juan de Prado: Pronunciado en el solemne triduo que con motivo de la traslación de las reliquias del Beato (1890). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro técnico químico e empresario. Foi director da Cooperativa do Ribeiro (1972-1974), Cuevas y Cia. SA, presidente de Caixa Ourense (1984-1987), presidente de DROPIER e do consello de Marrón Glacé SL e de Arpón SL. Foi tamén deputado do Parlamento Europeo por Coalición Galega (1993-1994 e 1999) e secretario da Irmandade dos Vinhos Galegos. Colaborador en diversas publicacións, escribiu Os viños de Galicia (1978), Manual de los vinos y aguardientes de Galicia (1992) e Metafísica del vino (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario e galeguista. Emigrou a Bos Aires en 1919, onde se dedicou a activadades comerciais. Formou parte da directiva da Cámara de Comercio Española, da que dimitiu para cofundar a Cámara de Comerciantes Republicanos Españoles en 1936. Foi directivo da Federación de Sociedades Gallegas e presidente da Unión Progresista do distrito de Salvaterra de Miño. Contribuíu á fundación do Consello de Galicia, foi membro de honor do Centro Provincial Ourensán e Pontevedrés, fundou a Editorial Nós e patrocinou o xornal Correo de Galicia. Pola súa dedicación á promoción da cultura galega, a súa filla R. Puente Foglia fundou a Fundación Manuel Puente, en Bos Aires, para a conservación e difusión do seu arquivo persoal, promocionar a lingua, a literatura e a cultura galegas, así como catalogar os fondos documentais e editoriais daquelas institucións galegas establecidas en Arxentina.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Membro do BNG, foi alcalde de Allariz (1990-2000) e durante o seu mandato o concello recibiu o Premio Europeo de Urbanismo e Planificación Territorial (1994). Contribuíu á unificación das organizacións municipais galegas e foi vicepresidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) entre 1995 e 2000. Senador desde 1999 designado pola comunidade autónoma, foi coordinador da executiva nacional do BNG (2002-2003). Voceiro nacional do BNG desde 2003, foi elixido deputado no Parlamento galego e nomeado vicepresidente da Xunta de Galicia en 2005. É socio de honor da Sociedad Española de Medicina General pola súa contribución á mellora da atención primaria no medio rural.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e xornalista. Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, foi guionista, editor e produtor en Video Voz (1987-1990), presentador na TVG e director de Vieiros (desde 2003). Iniciou a súa produción poética na década de 1980. Colaborador de revistas literarias como Dorna ou Grial, da súa obra destaca Á sombra dos pavillóns (1982, Premio Esquío), en que se inclúen composicións de temática filosófica e vivencial; e O Asasino estrábico (1996). Recibiu o Premio Castelao (1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor. De nome Héitor González Gutiérrez, desenvolveu o seu labor en diversos países de Hispanoamérica, ata que en 1960 regresou a España para interpretar un papel secundario en Pecado de amor (1961). A partir dese momento participou en diversas producións españolas, como Crimen de doble filo (1964) e La busca (1966), e estranxeiras, como 55 Days at Peking (1963) e Doctor Zhivago (1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario. Emigrou a Cuba onde se dedicou ao comercio en Matanzas. Ingresou no batallón de Cazadores de Matanzas e rematada a guerra volveu a Galicia. Foi alcalde de Baiona e presidiu o Casino Recreativo da vila. Escribiu Recuerdos de antaño. Crónicas históricas de la villa de Bayona (1925). Foi correspondente da Real Academia Galega. En Cuba recibiu a Cruz de Plata del Mérito Militar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sindicalista. Militou na esquerda trotskista desde 1930 e foi membro do comité executivo da Izquierda Comunista de España (ICE). Estableceuse en Santiago de Compostela (1935) e deulle pulo ao núcleo galego da ICE. Foi secretario da federación galega do POUM, secretario local da FETE-UGT e asesor de diversos sindicatos da capital galega ata a Guerra Civil Española. Formou parte da xunta de defensa constituída no concello compostelán en representación sindical, polo que foi detido, acusado de traizón e fusilado no cemiterio de Boisaca.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Membro do PSdeG-PSOE desde 1978, foi concelleiro (1983-1987) e primeiro tenente de alcalde (1987-1993) de Cervo e concelleiro de Burela. Deputado no Parlamento Galego desde 1990, é voceiro do grupo socialista.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actriz. Intérprete do xénero dramático no Teatro María II de Lisboa, participou nas obras Muller que deita as cartas, Abnegação e Vida de un rapaz pobre.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta e mestre. Publicou Frangullas (1910), Lira gallega (1911), Fume de pallas (1912), Frores murchas (1914), A musa da terra (1915) e o poemario bilingüe Latexos. Cantigas da Terra (1925). Deixou inédito un volume titulado Contando cuentos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador e crítico da arte. Emigrado a México en 1940, foi profesor na Universidad Central de México e crítico no Conservatorio Nacional. Escribiu Filosofía del Arte en España e Iberoamérica en el siglo XVI (1945), Orientación pedagógica en materia de Arte (1945), La música aborigen mexicana desde el ángulo sociológico e Documentos sobre la expulsión de los jesuítas y ocupación de sus temporalidades en Nueva España (1772-1783) (1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Doutor en Filosofía e profesor na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse na figura de J. G. Fichte. Colaborou en diversas publicacións e foi autor, entre outras obras, de Análisis del “yo” en la filosofía de Fichte (1982), Proceso de personificación según la dialéctica de Fichte (1984), Fichte: Filósofo de la intersubjectividad (1988) ou Psicodinamismo evolutivo de la personalidad: contribución a uha antropología filosófica (1991). Membro do Instituto Mundial de Altos Estudos Fenomenolóxicos, obtivo o Premio de Investigación da Deputación de Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO