Puente González, Manuel
Empresario e galeguista. Emigrou a Bos Aires en 1919, onde se dedicou a activadades comerciais. Formou parte da directiva da Cámara de Comercio Española, da que dimitiu para cofundar a Cámara de Comerciantes Republicanos Españoles en 1936. Foi directivo da Federación de Sociedades Gallegas e presidente da Unión Progresista do distrito de Salvaterra de Miño. Contribuíu á fundación do Consello de Galicia, foi membro de honor do Centro Provincial Ourensán e Pontevedrés, fundou a Editorial Nós e patrocinou o xornal Correo de Galicia. Pola súa dedicación á promoción da cultura galega, a súa filla R. Puente Foglia fundou a Fundación Manuel Puente, en Bos Aires, para a conservación e difusión do seu arquivo persoal, promocionar a lingua, a literatura e a cultura galegas, así como catalogar os fondos documentais e editoriais daquelas institucións galegas establecidas en Arxentina.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Salvaterra de Miño -
Deceso
Lugar : Bos Aires