"ILi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1725.
-
-
Capacidade especial para percibir ideas, sensacións, etc.
-
Tendencia a atribuírse e a conservar para un mesmo os bens e o afecto das persoas que o rodean.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
[α-carboxibencilpenicilina: C17H18N2O6S]
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que contén un grupo carboxilo.
-
-
Planta da subclase das cariofílidas.
-
Subclase de plantas da clase das cotiledóneas que abrangue unhas 11.000 especies, principalmente herbáceas, que en moitos casos presentan adaptacións para tolerar altas concentracións de sales no solo e, polo tanto, prosperan en medios salinos de ambientes litorais ou esteparios. Engloba as subordes das cariofilais, poligonais e plumbaxinais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carlos I de Nápoles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carlos II de Nápoles.
-
PERSOEIRO
Pintora. Estudiou na Escuela de Pintura, Escultura y Grabado La Esmeralda e en 1953 viaxou a París onde ingresou na Academia da Grande Chaumiere. Participou na Exposición de Artistas Estranxeiros en Francia de 1955, e en 1966 na mostra Confrontación 66, que deu lugar ao nacemento do grupo Generación de la Ruptura. Foi a introdutora en México do informalismo abstracto. Expuxo en México, España, EE UU, Xapón, Colombia e Cuba. Entre as súas obras destacan Abstracto (1957) e Principio y fin (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, orador e escritor. Licenciado en Dereito e Filosofía, foi catedrático de Historia de España (1858) e militante do partido demócrata. Desde 1863 dirixiu o xornal La Democracia, onde defendía as posicións económicas liberais do republicanismo individualista. Separado da cátedra en 1865 por mor dun artigo de cariz antimonárquico titulado “El rasgo”, publicado en La Democracia, participou nos movementos que levaron á Revolución de setembro de 1868. Nas cortes constituíntes de 1869 dirixiu, con Pi i Margall e Figueras, a campaña para a implantación da República. Presentou na asemblea constituínte o problema da rabassa morta en Catalunya e a cuestión foral galega. Coa Primeira República (1873), Castelar ocupou a carteira de Estado e a presidencia do poder executivo. Dende o seu posto, clausurou as cortes, interrompeu a discusión do proxecto de constitución federal, suspendeu as garantías constitucionais e exerceu poderes absolutos. Estas xestións foron censuradas...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor, debuxante e crítico de arte. Discípulo do escultor noiés Diego de Sande, perfeccionou o seu oficio en Santiago de Compostela con Miguel de Romai. En 1724 viaxou a Lisboa e en 1726 instalouse en Sevilla onde traballou no taller de Pedro Duque Cornejo e, entre outras, entallou as imaxes de san Isidoro e san Leandro para a igrexa do Salvador. En 1733 trasladouse a Roma e exerceu no taller de Filippo della Valle e de Rusconi, e introduciuse na linguaxe do barroco italiano. En 1739 recibiu o primeiro premio de escultura da Accademia de San Lucca e en 1740 unha bolsa de Filipe V por valor de 500 ducados. Ao seu regreso a España, participou na decoración escultórica do novo Palacio Real de Madrid e Fernando VI nomeouno escultor de cámara. En 1752 designárono director da sección de escultura da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e, entre 1763 e 1765, director xeral da mesma. Entre as obras do Palacio Real de Madrid destacan as esculturas realizadas con Olivieri para a fachada...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político romano. Membro dunha familia patricia, seguiu o cursus honorum. Foi cuestor no ano 77 a C, pretor no 68 a C e gobernador de África no ano 67 a C. Acusado de corrupción, foi procesado e non puido participar nas eleccións para cónsul. Organizou, entón, a primeira das súas conspiracións de asasinato contra os cónsules, que non chegaría a producirse. Absolto dos cargos, presentouse ás eleccións do ano 63 a C, apoiado polos demócratas e financiado por Craso e César. Derrotado por Cicerón, que contou co apoio da aristocracia, Catilina presentou novamente a súa candidatura no ano 62 a C, cun programa no que incluía a eliminación das débedas. Con esta medida gañou numerosos apoios entre a plebe urbana, os campesiños e os veteranos de Sila. Planificou, ao mesmo tempo, unha nova sublevación armada, que tivo lugar despois dunha nova derrota electoral, desde Roma, pasando pola Etruria, ata o Piceno e a Apulia. Cicerón foi informado da conspiración, denunciouno e lanzou contra el as...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Discurso crítico e elocuente dirixido contra algúen, por alusión ás Catilinarias de Cicerón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de catro discursos, pronunciados en Roma polo cónsul Marco Tulio Cicerón (63 a C), contra Lucio Sergio Catilina, quen conspiraba contra a República coa complicidade e benevolencia de personaxes como Craso ou César.
-
PERSOEIRO
Pintor, caricaturista e crítico de arte. Coñecedor das vangardas europeas de entreguerras, converteuse nun dos renovadores da arte moderna no Brasil. Colaborou xunto con Anita Malfatti na creación da Semana da Arte Moderna (1922). Introduciu os temas brasileiros nas súas obras, como as favelas ou as festas populares, pintou escenas e tipos populares, e, sobre todo, a figura da mulata. A súa produción caracterizouse pola influencia do expresionismo e, principalmente, da poética do futurismo italiano e do tratamento xeometrizante das figuras segundo a obra de Fernand Léger. Entre as súas obras sobresaen Cinco moças de Guaratinguetá (1930), Mulata sentada (1936) e Cens da Bahia (1960). Está presente nas principais coleccións de arte contemporánea do Brasil. Entre os diversos galardóns que acadou destacan o Premio da II Bienal de São Paulo 1953 e a Medalla de Ouro da II Bienal Interamericana de Arte (México, 1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Foi organista en San Marcello de Roma (1578-1584). En 1588, Fernando I de Medici nomeouno intendente das artes en Florencia. A súa obra principal, Rappresentazione di Anima e di Corpo (Representación da alma e do corpo, 1600), é unha representación escénica segundo o novo estilo de recitar cantando, afastado do oratorio clásico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizadora cinematográfica italiana. Accedeu á dirección cinematográfica despois de producir documentais históricos para a RAI. Os seus filmes máis destacados son: Il portiere di notte (O porteiro da noite, 1974), La pelle (A pel, 1981), Berlin affaire (Asunto en Berlín, 1985), Francesco (1988) e Dove siete? Io sono qui (Xestos de amor, 1993). Tamén dirixiu obras teatrais e escenificacións de óperas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico literario e de arte. Realizou estudios de literatura inglesa. No campo cinematográfico, ademais de crítico e guionista, foi director da produtora CINES (1932-1944). Publicou, entre outras obras, Pesci rossi (Peixes rosas, 1920), Qualche cosa (Algunha cousa, 1931), Et in Arcadia ego (E eu en Arcadia, 1936) e America amara (América amarga, 1939).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Anfibio ápodo pertencente á orde dos ximnofións que posúe unha anatomía adecuada para a vida subterránea: presenta corpo longo e delgado, con numerosas vértebras e costelas moi longas, ollos pequenos (xeralmente cego en estado adulto), fociño con órganos sensoriais especiais e ano no extremo posterior do corpo. A fecundación é interna e ten lugar por medio dun órgano copulador extensible que posúe o macho. Algunhas especies son ovovivíparas, noutras a femia coida os ovos ata que emerxen as larvas e, nalgúns casos, os ovos son abandonados na terra húmida preto da auga. As larvas poden saír do ovo totalmente formadas ou ter un período de desenvolvemento acuático. Aliméntanse principalmente de anélidos e insectos. Existen unhas 160 especies de vida subterránea en selvas tropicais de Sudamérica, África e sueste asiático.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante do nome persoal Icía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia romana de orixe plebea que destacou na política. A súa parte máis ilustre é a dos Cecilio Metelo, militares e políticos desde mediados do s III a C ao servizo da república romana. O primeiro membro destacado foi Lucio Cecilio Metelo (? - 221 a C), que exerceu o consulado nos anos 251 e 247 a C, foi pontífice soberano desde o 243 ata a súa morte e ditador no 224 a C. Quinto Cecilio Metelo (? - 175 a C), fillo do anterior, foi pontífice no ano 209 a C, cónsul no 206 a C, e participou nas campañas contra Aníbal. O seu fillo, Quinto Cecilio Metelo , coñecido como o Macedónico (? - 115 a C), destacou como pretor no ano 148 a C e converteu a Macedonia en provincia romana no 146 a C. Nomeado cónsul no 143 a C, pasou á Hispania Citerior como procónsul, onde someteu os celtiberos, vacceos e arevacos. Censor no 131 a C, propuxo unha lei de apoio ao matrimonio con fins procreadores. ...
-
PERSOEIRO
Arquiduquesa de Austria (1611-1614) e raíña de Polonia (1618-1644), filla do emperador alemán Fernando II. Casou con Ladislao IV, rei de Polonia, quen buscaba unha alianza cos austríacos fronte a Suecia. Enfrontouse ás intrigas da corte.
VER O DETALLE DO TERMO