Cavalcanti, Emilio di
Pintor, caricaturista e crítico de arte. Coñecedor das vangardas europeas de entreguerras, converteuse nun dos renovadores da arte moderna no Brasil. Colaborou xunto con Anita Malfatti na creación da Semana da Arte Moderna (1922). Introduciu os temas brasileiros nas súas obras, como as favelas ou as festas populares, pintou escenas e tipos populares, e, sobre todo, a figura da mulata. A súa produción caracterizouse pola influencia do expresionismo e, principalmente, da poética do futurismo italiano e do tratamento xeometrizante das figuras segundo a obra de Fernand Léger. Entre as súas obras sobresaen Cinco moças de Guaratinguetá (1930), Mulata sentada (1936) e Cens da Bahia (1960). Está presente nas principais coleccións de arte contemporánea do Brasil. Entre os diversos galardóns que acadou destacan o Premio da II Bienal de São Paulo 1953 e a Medalla de Ouro da II Bienal Interamericana de Arte (México, 1960).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Rio de Janeiro -
Deceso