"Ivo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 721.

  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Costa de Marfil (7.920 km2; 387.106 h [1988]). A capital é Divo (35.610 h [1988]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplicábase aos deuses pagáns, aos emperadores romanos que trala súa morte eran considerados deuses e recibían honores divinos, e a algúns personaxes ilustres da antiga Roma.

      1. Cantante de ópera de valía excepcional.

      2. Persoa do mundo do espectáculo que destaca na súa profesión. OBS: Nalgúns casos pode empregarse cun matiz despectivo para facer referencia a unha persoa arrogante ou caprichosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de divorciar ou divorciarse.

    2. Aplícase á persoa que se separou do cónxuxe tras unha sentenza de divorcio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Separar o xuíz cunha sentenza de divorcio os esposos.

    2. Separar ou considerar separadamente cousas relacionadas ou vinculadas entre si.

    3. Obter o divorcio dúas persoas unidas polo vínculo do matrimonio.

    4. Separarse do cónxuxe mediante unha sentenza de divorcio ditada por un xuíz.

    5. Separarse cousas que están unidas ou relacionadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Disolución dun matrimonio celebrado validamente, en vida dos cónxuxes, mediante unha resolución xudicial fundada nunha causa legal. No ordenamento civil español, o divorcio baséase nos principios da previa ruptura da convivencia conxugal inferida tralo transcurso dun prazo de separación legal ou de feito, e de disolución por mutuo acordo, condicionado a un prazo de reflexión ou espera. Nas sociedades primitivas o matrimonio non se consideraba indisoluble. A iniciativa da ruptura correspondíalle ao home que a exercía por causa da esterilidade da muller. En moitas civilizacións antigas, o divorcio estaba consentido: causas como a desatención do marido facultaban á muller para divorciarse e o marido podía deixar a súa muller se esta era estéril. Na cultura asiria, o home podía repudiar a muller e as esposas de guerreiros prisioneiros podían volver a casar. En Grecia, o divorcio estáballes permitido a ambos os sexos; sen embargo, en Roma o divorcio non chegou a xeneralizarse ata o s II. A difusión...

      2. divorcio vincular

        Disolución do vínculo matrimonial que ten efectos no matrimonio (incluso consumado) cando a fe católica dun dos cónxuxes determina dificultades graves na convivencia. Se un dos cónxuxes fai profesión de fe relixiosa, pódese conceder o divorcio vincular sempre que o matrimonio non estivese consumado.

    1. Separación ou desacordo entre dúas ou máis cousas ou persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Postura ideolóxica que defende a implantación do divorcio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen é partidario da lei do divorcio.

    2. Relativo ou pertencente ao divorcio.

    3. Aplícase ao avogado especialista en divorcios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica italiana realizada en 1961. Foi dirixida por Pietro Germi e interpretada por Marcello Mastroianni, Daniella Rocca, Stefania Sandrelli e Leopoldo Trieste. O filme expón unha situación paradóxica con fundamento na realidade. O asasinato dun cónxuxe que comete adulterio non se castiga na lexislación italiana con máis de sete anos de cadea. Esta situación fai que o protagonista mate a súa muller para así poder casar con outra da que está namorado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que divulga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á dixestión.

    2. Aplícase ao que axuda a facer a dixestión.

    3. Conxunto dos órganos que participan na dixestión. O aparato dixestivo é un tubo que normalmente ten dúas aberturas, unha para a entrada de alimentos e outra para a saída dos residuos non dixeridos. Durante a evolución, o tubo dixestivo sufriu unha diferenciación en rexións anatómicas e fisiolóxicas ben particularizadas. Deste xeito, nalgúns invertebrados e en todos os vertebrados, o aparato dixestivo consiste nun tubo con dous extremos, boca e ano, mentres que noutros invertebrados só presentan unha cavidade gastrular e un orificio único. Nos vertebrados, o aparato dixestivo ten unha estrutura constante na que se distinguen as seguintes rexións: boca, farinxe, esófago, estómago, intestino delgado e intestino groso, que remata no ano. A rexión con máis variabilidade morfolóxica é o estómago, que ten función dixestiva grazas á síntese de zumes gástricos. Nas aves, o estómago está dividido en proventrículos e moegas. Entre os mamíferos o estómago máis destacable como complicado é o dos ruminantes,...

    4. Conxunto de órganos que dixiren e absorben os alimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación en castelán editada na Coruña a partir do 29 de novembro de 1992. Subtitulada “Periódico gratuito de Información Deportiva”, incluíu abundante información dedicada ao fútbol, especialmente ao Real Club Deportivo de La Coruña. Ademais dos artigos críticos, marcadores, clasificacións, goleadores e entrevistas que teñen que ver con este deporte, inseriu tamén páxinas doutros como o baloncesto, o ciclismo, o hóckey sobre patíns, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de doar.

    2. Aquilo que se dá de forma gratuíta, especialmente para fins culturais ou benéficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro de relatos da autoría de Rafael Dieste, o único que publicou en lingua galega. Os vinte relatos que o conforman escribíronse ao longo de case trinta anos e publicáronse por separado en circunstancias diversas ata que, tras numerosas modificacións, se recolleron en libro. A primeira edición imprimiuse nos talleres do xornal El Pueblo Gallego en 1926 co subtítulo Contos do monte e do mar, desaparecido en posteriores edicións, e incluía oito contos: “Encol da morte do Bieito”, “De cómo se condanóu o Ramires”, “A lenda da vella Lusca” (titulado na segunda edición “O regreso” e na terceira “A volta”), “A luz en silenzo”, “Hestoria dun xoguete”, “O vello moreno”, “O vagamundo” e “O vello que quería vélo tren”. A segunda edición apareceu en 1962 da man de Galaxia e incorporou dez novos relatos, catro deles constituíran o apéndice da peza teatral A fiestra valdeira (1927) -“O neno suicida”, “Na morte de Estreliña”, “Espanto de nenos” e “O grandor do mundo”- e cinco publicáronse en El Pueblo...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten ou expresa dúbida.

    2. Que denota ou implica dúbida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase a certas perífrases nas que a acción está en proceso de desenvolvemento (Están collendo as patacas, perífrase durativa).

    2. Categoría gramatical específica do verbo referida ao seu desenvolvemento sen limitación temporal. O inicio e o final da acción significada polo verbo pode estar indicado por unha expresión determinada (Estudiarei ata ben entrada a noite, referencia ao punto de remate da acción verbal; Hai moitas horas que estudio, referencia ao punto inicial da acción verbal).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á educación.

    2. Que serve para educar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é real e verdadeiro.

    2. Que é eficaz ou que causa o efecto que se espera.

    3. Aplícase ao emprego ou ao empregado que é fixo.

    4. Diñeiro en moedas ou billetes.

    5. Número de individuos que forman un cadro de persoal ou un grupo, especialmente se é militar.

    6. Número de individuos que, nunha distribución estatística dun carácter cuantitativo, presentan un valor concreto do seu carácter. Se o carácter cuantitativo é discreto e toma os valores x 1 ,...,x n , sobre unha mostra de N individuos, o efectivo do valor x i é o número de individuos da mostra que presentan o valor x i do carácter. Se o carácter cuantitativo é continuo, dada unha clase ou intervalo do conxunto de valores do carácter C i =[a i-1 , a i ], o efectivo da clase é o número de individuos que presentan un valor do carácter que pertence á clase.

    7. erbo cun complemento obxecto que indica o resultado da significación verbal (Pintou un cadro).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á efusión.

      1. Que manifesta os seus sentimentos con efusión.

      2. Que amosa esta maneira de ser.

    2. Rocha ígnea que sae ao exterior da cortiza terrestre por unha erupción en estado viscoso e que se solidifica na superficie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao son que se articula utilizando a saída do aire interior ao exterior. Oponse a consoantes ingresivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ás expresións superlativas. Por exemplo, friísimo e moi frío.

    2. Aplícase ao caso usado nalgunhas linguas, como pode ser o éuscaro, que expresa separación, función que, polo xeral, nas linguas romances se resolve cos nexos preposicionais.

    VER O DETALLE DO TERMO