"Meri" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 322.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos polímeros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das reaccións en que unha molécula monomérica se converte nun polímero. Existen dous tipos fundamentais de polimerización: por condensación e por adición. A polimerización por condensación, ou policondensación, ten lugar a través da interacción entre pares de grupos funcionais pertencentes a dúas moléculas diferentes con eliminación dunha molécula pequena, e o polímero formado contén grupos funcionais non presentes nas moléculas do monómero. A polimerización por adición ten lugar mediante a interacción de enlaces múltiples presentes nas moléculas do monómero, e o polímero resultante ten a mesma composición ca o monómero do que procede. Deste tipo son a polimerización vinílica, en que o monómero é un derivado do etileno, a polimerización diénica, en que o monómero é un derivado do 1,3-butadieno, e a polimerización a través de enlaces múltiples entre átomos de elementos distintos. Un terceiro tipo xeral...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liña sagrada que na antiga Roma delimitaba a cidade de xeito simbólico, marcando un espazo a ambos os lados da muralla, no que non se podía cultivar nin edificar, por razóns simbólicas e defensivas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é posterior ao mediodía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión latina que significa ‘despois do mediodía’, e que se indica coa abreviatura pm.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Meristema procedente das células dos embrións. OBS: Tamén se denomina meristema primario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da República Democrática Popular de Corea (11.577 km2; 2.653.000 h [estim 1987]). A súa capital é Pyŏngsan.
-
-
Relativo ou pertencente á quimera.
-
Que é meramente imaxinario, ilusorio ou irreal.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos quiméridos.
-
Peixe da familia dos quiméridos.
-
Familia de peixes, da orde dos quimeriformes, que viven a profundidade intermedia, teñen cola estreita e as aletas dorsais e ventrais grandes. Aliméntanse de pequenas presas.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos quimeriformes.
-
Peixe da orde dos quimeriformes.
-
Orde de condritios, con morros curtos e ollos ben desenvolvidos. Pertence a esta orde o peixe rato.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa estadounidense creada en 1919. Dedicouse desde os primeiros tempos á explotación de cadeas de radiofonía e diversificou despois as súas actividades cara á electrónica, o material de comunicación e a discografía. En 1926 creou a National Broadcasting Company (NBC), dedicada á produción televisiva.
-
MONTES
Monte situado no límite das parroquias de Balde e Faramontaos (Carballeda de Avia). O seu cumio acada os 675 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada na Coruña a partir de setembro de 1921 que cesou en agosto de 1923 (nº32). Dirixida por J. J. Casal, foi promovida pola Casa América-Galicia, unha asociación rexional de carácter hispanoamericano orientada ao comercio de Galicia con América, onde o propio Casal era o seu secretario xeral. Continuadora de América-Galicia, centrouse na actividade consular e no comercio portuario da Coruña. Completaba os seus contidos con artigos literarios e ilustracións que, a partir do número 25, acadaron maior peso. A revista converteuse nunha publicación literaria vangardista aberta á participación dos autores de toda Hispanoamérica, cunha especial dedicación á poesía. Sucedeuna en 1932 Alfar.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo. Introduciuse na fotografía a través do seu pai, Osvaldo Salas, e comezou a traballar en El Imparcial (1955). Establecido en La Habana (1959), traballou en Revolución, Cuba, Bohemia e fundou co seu pai Gramma. Correspondente na Guerra de Vietnam, ocupou diversos cargos públicos e foi o fundador da Agencia de Prensa Latina. A partir da década de 1990 experimentou coa manipulación de imaxes e publicou Tabaco: visiones sobre la leyenda (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Sicilia, o máis longo da illa, que nace nos montes Madonie e tras un percorrido de 111 km, desemboca no mar de Sicilia, no S da illa, ao L de Licata.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Illas orientais do arquipélago de Samoa, que forman un territorio non incorporado de EE UU (199 km2; 68.000 h [estim 2001]). A súa capital e Pago Pago (9.000 h [1994]) e a residencia do goberno está en Fagatogo (2.323 h [1990]). Inclúe as illas Tutuila co illote Aunu’u, o grupo de Manua e o atol de Rose. Son as menos poboadas de Samoa. O 96,6% da exportación (absorbida por EE UU) é de atún en conserva.
-
CIDADES
Cidade do estado de Rio de Janeiro, Brasil, situada na baía de Guanabara (434.323 h [1996]). É un suburbio situado ao N de Rio de Janeiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Porto de montaña de Austria, situado entre Baixa Austria e Estiria. O seu cumio acada os 985 m de altitude.
-
CORDILLEIRAS
Cordilleira de América Central, que se estende desde o istmo de Tehuantepec, en México, ata a Barranca de Atrato, en Colombia. Cunha orientación NO-SL, atravesa Guatemala, El Salvador, Honduras, Nicaragua, Costa Rica e Panamá. A súa máxima altitude é o volcán de Tajumulco, en Guatemala (4.200 m).
VER O DETALLE DO TERMO