"Nan" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1411.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que reina xuntamente con outros.
-
PERSOEIRO
Avogado e político. Licenciado en Dereito e diplomado en comercio exterior. Foi asesor xurídico, secretario e voceiro da Asociación de Navieiros Galegos, secretario xeral da Asociación Galega de Graniteiros e asesor xurídico e xerente da Asociación Provincial de Empresas Consignatarias e Estibadoras. Membro do Partido Popular (PP), foi concelleiro en Vigo (1991-1997) e deputado autonómico por Pontevedra na V lexislatura (1997-2001). No Parlamento galego foi vicepresidente da comisión de Industria e membro das comisións de Pesca, Televisión e Asuntos Europeos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Comezou a súa formación no obradoiro de Joaquín Bécquer e, posteriormente, estudiou en Italia. En 1847 instalouse en Madrid. Destacado retratista, foi pintor de cámara de Isabel II. No Museo de Viveiro consérvase un retrato de Pastor Díaz (1864), ministro de Isabel II.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor, pintor e político. Estudiou na Escola de Artes e Oficios da Coruña, onde foi discípulo de Isidoro Brocos e de Román Navarro. A súa vida artística estivo ligada a esta escola, na que exerceu como profesor dende 1907, como director dende 1931 e como director honorario dende a súa xubilación en 1945. Realizou esculturas públicas, como os bustos de Pondal e Murguía na Coruña e a estatua dos irmáns García Naveira en Betanzos, ademais de numerosas placas conmemorativas. A súa obra pictórica amosa a minuciosidade característica dun ilustrador, labor que desenvolveu en La Voz de Galicia. Membro da Agrupación Socialista da Coruña, foi elixido concelleiro en 1913, aínda que renunciou ao cargo aos sete días. Foi membro da Real Academia Galega (1909) e da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conquistador. Estudiou gramática, latín e leis en Salamanca. Intentou embarcarse na expedición de Ovando ás Indias (1501), pero non viaxou a La Española ata 1504. Foi escribán da vila de Azúa e en 1511 embarcouse na expedición de Diego Velázquez a Cuba, onde exerceu como alcalde de Baracoa. Acusado de conspirar contra o gobernador Velázquez, foi encarcerado durante un breve espazo de tempo. En 1518, Velázquez encargoulle unha expedición ás rexións continentais de Yucatán e México, nas que só debería explorar e recoñecer novas terras, pero non fundar asentamentos. Cortés preparou unha grande expedición e, xa enemistado co gobernador, partiu antes da data prevista con 11 naves e máis de 500 soldados. Chegou ata a illa de Cozumel, onde atopou o naúfrago Jerónimo de Aguilar, que se converteu no seu intérprete, e percorreu a costa de Yucatán ata o río Tabasco ou Grijalva. Venceu os indíxenas en Centla e en 1519 fundou a cidade de Veracruz. Rompeu a súa relación co gobernador de Cuba ao crear...
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Bergondo baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arqueólogo. Logo de traballar no mundo castrexo, especializouse na arte rupestre. Foi comisario das exposicións Petroglifos del litoral sur de la Ría de Vigo (Vigo, 1985), A arte rupestre galega cara ao século XXI (Vigo, 1998) ou De Vigo a Santiago Arte Rupestre de Galicia (Turín, 2000). Colaborador de diferentes publicacións especializadas, é coautor, entre outros estudios, de Petroglifos del litoral sur de la ría de Vigo (1984), Los grabados rupestres de Galicia (1993), La figura humana en los grabados rupestres del continente europeo (1995), Los grabados rupestres en las regiones del Orinoco (1997), Arte Rupestre al sur de la ría de Vigo (1999) e El arte rupestre de Galicia (2000). Membro do Instituto de Estudios Vigueses, da Asociación Arqueolóxica Viguesa e da International Federation Rock Art Asociation (IFRAO).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Nacionalizouse norteamericano en 1941. Colaborou con D. W. Richards no estudo das enfermidades do corazón e dos pulmóns, e no desenvolvemento de técnicas para medir o funcionamento destes órganos, como o cateterismo cardíaco. Ambos os dous compartiron con W. Forssmann o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía en 1956.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e debuxante. Cultivou o retrato e a acuarela. Traballou como ilustrador en Galicia Moderna, Luz y Sombra e Bellas Artes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Alianza ou convenio asinado por diversos estamentos para a defensa do culto reformado na Igrexa presbiteriana escocesa. Os primeiros datan de 1557 e de 1581; sen embargo, o máis célebre foi o National Covenant de 1638, polo que os presbiterianos escoceses lograron impedir as medidas de Carlos I, favorables á imposición do anglicanismo en Escocia. Ese feito desencadeou unha profunda crise en Inglaterra en 1641 e provocou a primeira revolución inglesa.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo escocés. Destacou polos retratos de coñecidos persoeiros ingleses que preparou cun estilo semellante ao da pintura impresionista. Ademais, realizou en 1890 copias pigmentadas dos antigos negativos de David Octavius Hill, coñecidos como fotogravados. No ano 1900, a Royal Photographic Society de Londres ofreceu unha retrospectiva da súa obra. Individualmente, expuxo en diferentes cidades de Europa e EE UU como París, Londres ou Nova York. Publicou Venice and Lombardy: A Series of Original Photographs (Venecia e Lombardia: series de fotografías orixinais, 1898).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. A súa obra caracterízase polo dominio do debuxo, da técnica e da cor. Cultivou os modos realistas e románticos, e nos seus bodegóns destaca a calidade matérica dos obxectos. Fundou en 1968 o grupo O Grilón, co que expuxo en diversas ocasións, como na Feria de Mostras do Noroeste e en Viveiro. Entre outras exposicións colectivas destacan a I Exposición de Artistas Ferroláns (A Coruña, 1960) e a III Bienal Nacional de Arte en Pontevedra (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Información relativa á cor da luz analizada, nos sistemas de televisión en cor. Consta de dous compoñentes, o ton e a saturación, e é completamente independente do valor da luminancia.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo belga. Iniciou a súa carreira aos catorce anos no Théâtre des Bouffes-Parisiens e destacou ao pouco tempo como un autor especializado no campo da traxicomedia e da farsa, ademais de realizar diversos traballos como director de escena. Entre as súas obras máis representativas cómpre salientar Nous n’irons plus au bois (1906), Le sculpteur de masques (1908), Le Marchand de regrets (1913), Le cocu magnifique (1921) ou Chaud et froid (1936).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que está ou acada o punto de máximo de altura, esplendor, intensidade ou interese.
-
GALICIA
Mestre e político. Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu como mestre antes de formar parte do corpo de inspectores de educación. Membro do Partido Popular, foi parlamentario galego pola circunscrición de Lugo durante a V lexislatura (1997-2001). En 1994 foi nomeado director xeral de Formación de Emprego da consellería de Familia, Muller e Xuventude, cargo que desempeñou ata maio de 1996, cando foi designado conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria. Foi tamén membro, entre 1993 e 1996, do comité de dirección da Revista Galega do Ensino e colaborou na revista FMX, da consellería de Familia, Muller e Xuventude. É autor de A educación compensatoria en Galicia (1994) e colaborador en diversas obras como Informe cero da educación en Galicia (1988), Guía de técnicas, estratexias e recursos para a busca de emprego (1995), A formación profesional ocupacional en Galicia (1996), Dicionario de Psicoloxía e Educación...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro de minas. Profesor na Escola de Minas, foi inspector xeral de minas e sucedeu a Casiano del Prado na dirección das minas de Almadén. Publicou, entre outras obras, Memoria sobre las minas de estaño situadas en las provincias de Pontevedra y Orense (1847).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia de Quang Nam-Da Nang, Vietnam, situada ao S da baía do mesmo nome (382.674 h [1992]). Importante porto comercial constituído por un núcleo industrial que produce fíos de algodón, seda, madeiras e manufacturas de pel. Ten unha importante base naval dos EE UU.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor e director teatral. Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa actividade teatral no terreo do teatro escolar, e continuou co grupo Sarabela participando en case todas as súas montaxes, entre as que destacan Xacobe ou a submisión (1989); Madame de Sade (1991), polo que recibiu o Premio Compostela ao Mellor Actor; As sillas (1992); Cama dous por dous para dous (1994); A Esmorga (1995); O lapis do carpinteiro (2000), traballo polo que obtivo o Premio María Casares ao Mellor Actor Protagonista no ano 2001; ou Sexismunda (2001), adaptación de La vida es sueño de Calderón de la Barca. No Centro Dramático Galego interpretou o papel protagonista de O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1991). Participou ademais como actor noutras montaxes desta compañía, como A lagarada (1992), de Otero Pedrayo; Historia dun soldado (1993), de Charles-Ferdinand...
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Costa de Marfil (4.600 km2; 222.839 h [1988]). A capital é Danané (19.608 h [1988]).
VER O DETALLE DO TERMO