"Omo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 696.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio dos caracteres dunha persoa a través dos trazos do seu rostro e da súa fisionomía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á fisiognomonía.
-
-
Relativo ou pertencente aos fisóstomos.
-
Peixe do grupo dos fisóstomos.
-
Grupo de peixes caracterizado por presentar a vexiga natatoria comunicada co tubo dixestivo por unha canle pneumática que lles serve para enchela tragando aire.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pigmento proteínico vexetal, presente en pequenas cantidades en moitos órganos, que estimula o crecemento e o desenvolvemento en resposta á presenza ou ausencia de luz, á súa calidade e ao fotoperíodo. É unha proteína propia do grupo das cromoproteínas, que existe en dúas formas, unha activa, que se forma durante o día, e unha inactiva, que se forma durante a noite.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento para practicar flebotomías.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de diversas substancias fluorescentes que se empregan como colorantes en tinguidura de preparacións citolóxicas, ás que lle confiren fluorescencia secundaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fotografía composta obtida recortando diversas fotografías e pegándoas xuntas co fin de conseguir un efecto determinado.
-
FILOSOFOS
Filósofo e poeta xudeu. Coñecido como Avicebrón, trasladouse de neno a Zaragoza, onde se formou na cultura árabe e hebrea. Filósofo neoplatónico, influíu en numerosos filósofos escolásticos franciscanos, polo que foi considerado ata 1846 como cristián. Elaborou un sistema baseado na existencia dunha materia ou substrato común das cousas materiais e espirituais e unha forma ou principio de diferenciación que teñen o desexo de unirse unha a outra e que esta unión é a clave da perfección; e afirmou que a oposición entre o Deus único, infinito e eterno e o mundo múltiple, finito e perecedeiro, esixe a existencia de intermediarios como o intelecto, a alma e a natureza. Como poeta destacou polas súas poesías profanas moi influídas na forma e no contido pola poesía árabe. Entre as súas obras, nas que utilizou indistintamente o árabe e o hebreo, salientan Kéter malkut (Coroa real), Kitāb i ṣ lā ḥ al-akhlāq...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘brazo’.
-
-
Persoa versada en gastronomía.
-
Persoa amante da boa cociña.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos gnatóstomos.
-
Vertebrado do grupo dos gnatóstomos.
-
Grupo de vertebrados provistos de mandíbulas. Inclúe todos os vertebrados agás os agnatos, que carecen dela, como por exemplo os ciclóstomos.
-
-
-
Ser fabuloso da mitoloxía nórdica, que segundo os cabalistas vive nas partes interiores da Terra e das montañas. Segundo a tradición popular presentan figura de anano barbudo, de trazos rudos e grotescos; algúns posúen orellas grandes e aguzadas e gran cantidade de pelos no corpo. Ao igual ca os grifóns e os dragóns teñen a misión de custodiar os minerais e os tesouros ocultos. Viven arredor de cen anos e chegan a constituír familias. Gustan da comida e de facer brincadeiras, como esconder obxectos. Por estaren próximos aos humanos, presentan tamén actitudes propiamente humanas; cando confían nas persoas tórnanse fieis e grandes protectores.
-
Xenio ou anano dos contos infantís.
-
-
-
Colección ou tratado de aforismos.
-
Uso de máximas na escritura e na fala.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á gnomoloxía.
-
-
-
Instrumento rudimentario constituído por unha variña ou estaca cravada verticalmente na terra e empregada polos gregos para determinar a altura do Sol e a súa orientación, é dicir, a hora.
-
Agulla ou variña que indica a altura do Sol e, polo tanto, a hora nos reloxos de sol.
-
-
-
Espacio que queda dun paralelogramo cando se extrae un paralelogramo semellante a el construído sobre un dos seus ángulos.
-
Espacio que queda dun polígono calquera cando se extrae un polígono semellante apoiado sobre unha das súas caras.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia ou arte de construír reloxos solares.
-
-
Relativo ou pertencente ao gnomon.
-
-
Aplícase ao sistema de proxección no que o punto de orixe é o centro da esfera e o plano de proxección é unha tanxente á esfera.
-
Aplícase á carta náutica que se basea no sistema de proxección gnomónica.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
gromo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ila da Pentápolis, no val de Siddim, citada pola Biblia. Xunto con Sodoma, foi destruída polo lume a causa da corrupción dos seus habitantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de diversas enfermidades das plantas, especialmente das árbores froiteiras, que se caracterizan pola presenza de nódulos gomosos na codia e nos froitos.