"Orio" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 485.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que serve para liberar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do nome latino Liborius, de orixe incerta. Pode considerarse un derivado do verbo latino libo ‘ofrendar’, ‘consagrado aos deuses’ ou unha variante de Liberio, nome antigo derivado de liber ‘libre’ (masculino de Libertas ‘liberdade’). San Liborio de Le Mans (s IV) celébrase o 23 de xullo.
-
PERSOEIRO
Bispo de Le Mans. Fundador de numerosas igrexas, invócase contra os cálculos dos riles. O seu culto espallouse por Francia, Alemaña, España e Italia. Na iconografía viste de bispo con báculo e mitra e leva como atributos persoais unhas pedras sobre un libro, ás veces un pavo real ou unha pluma desta ave na súa man. A súa festividade celébrase o 23 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Observatorio da Universidade de Berkeley (California), situado en Mount Hamilton, a 1.238 m de altura. Inicialmente dispuxo dun telescopio refractor de 36 pulgadas, financiado por J. Lick, en 1895 construíuse outro reflector, das mesmas dimensións e, en 1959, instalouse o terceiro de 120 pulgadas, tamén reflector.
-
PERSOEIRO
Arquitecto, arqueólogo e pintor italiano. Participou nas escavacións en Tivoli da Villa Adriana, e nesa cidade construíu a Villa d’Este (1550) e os xardíns do Vaticano, deseñou o Casino de Pío IV (1562) e o nicho que coroa o Belvedere de Bramante.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Primorje.
-
PERSOEIRO
Pintor. Estudiou na Escola Massana e en San Jordi. Seguidor do conceptualismo, fixo Llimós en marxa (1972). Desde 1975 traballou en Nova York, cunha pintura de cores vivas centrada na figura. Recibiu o Premio Nacional de Artes Plásticas (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cuarto dalgúns establecementos ou institucións, como cárceres ou conventos, en que os internos poden recibir visitas.
-
Local equipado cos elementos necesarios para ofrecerlles aos usuarios servicios de comunicación telefónica.
-
-
PERSOEIRO
Escritor. Abordou o tema da revolución mexicana e destacou pola súa facilidade narrativa e a creación de personaxes. Publicou Campamento (1931), Tierra (1932) e Mi general (1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e político. Fundou a revista Blanco y Negro en 1891, na que incorporou as últimas novidades técnicas para a prensa gráfica, e en 1903 o xornal ABC. En 1909 creou o grupo Prensa Española. Moi ligado á monarquía e aos sectores máis conservadores do país, foi deputado nas Cortes (1893) e senador (1903). Foi condecorado coas grandes cruces de Isabel la Católica e Alfonso XII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Estudiou en Madrid e participou na ideoloxía da Xeración do 98. Estivo exiliado desde 1937 ata 1952. A súa obra, influenciada por I. Meštrović e A. Bourdelle, tendeu á monumentalidade e á estilización. Realizou obras relixiosas (Cristo de Otero en Palencia), monumentos (Fuente de Concha Espina en Santander e os de Tomás Morales, Ramón y Cajal ou Pérez Galdós en Madrid) e retratos (Miguel de Unamuno en Salamanca).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico, historiador e ensaísta. Xunto con J. Ortega y Gasset e Ramón Perez de Ayala constituíu a Agrupación ao Servicio da República. Exiliouse en París durante a Guerra Civil Española. Escribiu obras científicas, das que destacan Las glándulas de secreción interna y las enfermedades de la nutrición (1914), Tres ensayos sobre la vida sexual (1926), Amor, conveniencia y eugenesia (1929) e Los estados intersexuales en la especie humana (1929); históricas, como Ensayo biológico sobre Enrique IV de Castilla y su tiempo (1930), El conde-duque de Olivares: la pasión de mandar (1936); e as histórico-científicas Raíz y decoro de España (1933), Liberalismo y comunismo e Vocación y ética (1935). Foi membro da Real Academia Española desde 1933.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Cultivou un tipo de peza dramática sentimental e superficial, así como poesía e novela do mesmo carácter. Dirixiu a editorial Renacimiento e foi un dos principais promotores e directores teatrais da época. Publicou a súa primeira obra baixo o título El poema del trabajo (1898). Traduciu ao castelán a Maeterlinck e Rusiñol, e das súas obras destacan Tu eres la paz (1907) e Canción de cuna (1911).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Residiu en París (1955-1957), onde se puxo en contacto cos profesionais máis destacados da época (Brassair, Cartier Bresson ou Robert Doisneau), dos que asumiu a liña obxectivista. Instalado en Barcelona (1957), dedicouse á fotografía de moda, á publicidade e ás reportaxes para Gaceta Ilustrada e Interviu. Ilustrou Toreo de Salón (1962), con textos de Camilo J. Cela; Poeta en Nueva York (1966), de García Lorca, e La Caza de la Perdiz Roja (1975), con textos de Miguel Delibes.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que serve ou se pode mastigar.
-
Aplícase á forma farmacéutica dalgúns medicamentos destinados a ser mastigados para favorecer a salivación e, consecuentemente, a penetración da solución do medicamento nos espacios interdentais. Utilízanse tamén para perfumar o alento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á masturbación.
-
PERSOEIRO
Político e escritor, fillo de Antoni Maura i Montaner. Foi deputado por Renovavión Española pola provincia de Pontevedra en 1933 e un habitual comentarista político do diario ABC, desde onde combateu a república, a pesar de que o seu irmán Miguel era ministro da Segunda República Española. Escribiu Raquel (1928), La noche loca (1930) e Eva, indecisa (1932).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Foi discípulo de B. E. Murillo, e membro (1666-1673) e mordomo (1668-1669) da Academia de Pintura de Sevilla. Rematou os cadros do altar maior da igrexa dos capuchinos de Cádiz, que Murillo deixou sen rematar, e pintou San Felipe Neri adorando a la Virgen e San Cirilo de Alejandría.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que merece estima ou admiración.
-
Persoa que traballa sen soldo para facer méritos e poder obter unha praza remunerada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de dous elementos da familia radioactiva do torio. O mesotorio I é o isótopo 228 do radio, cunha vida media de 6,7 anos. Por medio de radiacións convértese en mesotorio II, isótopo 228 do actinio, con vida media de 6,13 horas. Empréganse en canceroloxía.