Liborio de Le Mans, san

Liborio de Le Mans, san

Bispo de Le Mans. Fundador de numerosas igrexas, invócase contra os cálculos dos riles. O seu culto espallouse por Francia, Alemaña, España e Italia. Na iconografía viste de bispo con báculo e mitra e leva como atributos persoais unhas pedras sobre un libro, ás veces un pavo real ou unha pluma desta ave na súa man. A súa festividade celébrase o 23 de xullo.