"PS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 561.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Atraso na eliminación, a través da urina, da auga inxerida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘manxar’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Impulso morboso e desmesurado que obriga a certas persoas a inxerir certa clase de alimentos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
opso(n)-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia termolábil que actúa na superficie dos microbios e facilita a fagocitose. Dáse sobre todo no soro dos individuos inmunizados artificialmente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método preventivo que se basea no emprego de vacinas para incrementar o número de opsoninas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas, da familia das poáceas, que presenta as follas planas e as inflorescencias dispostas en panícula. Distintas especies distribúense polas zonas temperadas e tropicais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
osteoxénese imperfecta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Psicoloxía que estuda o inconsciente colectivo, os seus mitos máis antigos e as súas pegadas no inconsciente individual.
-
-
Códice, texto ou documento escrito sobre o mesmo soporte despois de borrar o texto primitivo. Os da Idade Antiga e os medievais debéronse tanto á perda de interese polo texto inicial como á escaseza de pergameo novo para escribir. A limpeza do pergameo facíase cun líquido que esvaecía a tinta ou rascando a escritura. Destacan os de M. T. Cicerón, Aulo Gelio e Caio na Antigüidade tardía. Na Idade Media foron máis frecuentes. No s XIX, cando comezou a descubrirse este feito, a súa lectura facíase pintando o pergameo con ácido gálico, que ao pouco tempo se volvía fusco e destruía o pergameo. Modernamente utilizouse a luz ultravioleta.
-
Táboa pequena en que se podía borrar o escrito para volver escribir nela.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos bóvidos, da subfamilia dos antilopinos, que miden entre 79 e 94 cm de altura na cruz e presentan un pelame espeso de cor acastañada ou rosada. Os machos teñen uns cornos rectos e verticais de ata 71 cm de longo. A este xénero pertence a especie P. hodgsonii (antílope tibetano) que procede de China, India e do O de Nepal. Está en perigo de extinción.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura retórica que consiste en dicir que non se vai falar de algo ao mesmo tempo que xa se está a falar diso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
metapsíquica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á parapsicoloxía.
-
-
Relativo ou pertencente aos parápsidos.
-
Réptil da subclase dos parápsidos.
-
Subclase de réptiles que teñen o óso temporal do cranio cunha soa fosa, situada en posición dorsal. Só inclúe a orde dos itiosauros.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Complexo heteroxéneo de dermatoses crónicas que presenta aspecto psoriasiforme, liquenoide e máculo-papuloso, moi resistentes ao tratamento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xeral empregado para designar os trastornos visuais.
-
GALICIA
Pintor e tenor. Como pintor destacou como paisaxista. A súa obra caracterizouse por un estilo que se move entre o realismo e o impresionismo, co predominio da representación de temas humanos en actitude de labor e as romarías ou tradicións folclóricas galegas. Sobresaen, así mesmo, as mariñas dominadas pola cor azul escura e as formas e ondulacións, como un espectáculo inspirado na natureza. Destacan Faro Vilán, A Virxen da Barca e Casos na Costa da Morte. Como tenor coñeceu varias óperas de Verdi, Pucini, Donizetti e Arrieta. Participou en recitais e obras de teatro en España e no estranxeiro. Recibiu o Premio Fontainebleau Huellas de Oro de París.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da psiquiatría que ten por obxecto de estudo e tratamento os trastornos mentais da infancia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa estadounidense creada en 1903 por Caleb Bradham para comercializar un refresco de cola, co nome de Pepsi-Cola, que primeiramente fora unha medicina contra a dispepsia. Na década de 1950 comezou a súa expansión internacional e comercializaron os seus produtos a traves de filiais locais. En 1965 fundouse PepsiCo, Inc e, en 1992, entrou en sociedade coa Compañía Thomas J. Lipton.