Pantholops
Pantholops
[ANIMAL]
Xénero de mamíferos bóvidos, da subfamilia dos antilopinos, que miden entre 79 e 94 cm de altura na cruz e presentan un pelame espeso de cor acastañada ou rosada. Os machos teñen uns cornos rectos e verticais de ata 71 cm de longo. A este xénero pertence a especie P. hodgsonii (antílope tibetano) que procede de China, India e do O de Nepal. Está en perigo de extinción.