"Pin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 715.

  • Familia marquesal italiana coñecida a partir do s XI. Fundou un verdadeiro organismo político-territorial garantido por unha notable rede de fortificacións. Os seus membros loitaron contra Xénova e contra a comuna de Piacenza, o que lles obrigou a render a vasalaxe da maior parte dos castelos aos poderosos gobernos comunais. O dominio efectivo dos Malaspina foi reducido aos territorios da Lunigiana. En 1221 foi feita a división destes territorios entre Corrado Malaspina (?-1250) e Obizzino Malaspina (?-1249). Conseguiron con Spinetta Malaspina o Grande (1282?-1383), ampliar os dominios da Lunigiana Oriental, crear o marquesado de Fosdinovo e apoderarse de Sardeña. A partir do s XV, os seus dominios fraccionáronse e foi case extinguido pola acción de xenoveses e florentinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Glaciar situado ao SL de Alasca, en EE UU, ao NO da baía de Yakutat, que forma parte do monte Saint Elias. Ten un espesor medio de entre 300 m e 140 km de lonxitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño. Realizou a volta ao mundo (1781-1782) e, ao servizo de España participou en diversas expedicións científicas (1782-1789) entre as que se atopaba unha patrocinada polo goberno (1789-1794). Os informes que recolleu en Viaje político-científico alrededor del mundo (1885), esixían grandes reformas das colonias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bispo de Bos Aires (1778-1783) e arcebispo de Santiago de Compostela (1783-1795). Relixioso franciscano, á fronte da diocese de Bos Aires colaborou na fundación de novas poboacións e no sometemento da revolta de Túpac Amaru. Volveu á Península Ibérica como arcebispo de Santiago de Compostela, onde patrocinou importantes construcións e dotou a cidade dunha vía que a uniu con Pontesampaio, e pretendía unila co mar mediante un canal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á locución ‘facer tempo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro de telecomunicacións e militar. Licenciado pola Universidad Politécnica de Madrid, investigou modelos probabilísticos de sinais. Comandante enxeñeiro do Corpo de Enxeñeiros Politéc- nicos do Exército de Terra, participa en diversas axencias internacionais (ESA, NETMAN) para o desenvolvemento de proxectos estratéxicos da Unión Europea (Galileo). Secretario cofundador da Irmandade Galega de Madrid, presidida por Celso E. Ferreiro, publicou un artigo no libro homenaxe a D. Gamallo Fierros (2001) e diversos estudios sobre o Pasatiempo de Betanzos, como “Mito y Utopía; sabiduría pedagógica del Pasatiempo”, no Anuario Brigantino. Ademais realizou unha Maqueta dos Primeiros Zócalos do Pasatiempo, exposta no Museo das Mariñas (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro de telecomunicacións. Doutor enxeñeiro pola Universidad Politécnica de Madrid e profesor titular do departamento de Tecnoloxía Electrónica na E.I.S.I. Industria e Telecomunicación da Universidade de Vigo, foi director da División de Comunicacións Dixitais do departamento de Tecnoloxía Electrónica e membro fundador do Instituto de Enxeñería Electrónica “Pedro Barrié de la Maza”. Das súas obras destacan Instrumentación electrónica (1989), en colaboración con Enrique Mandado e Alfonso Lago, e Comunicaciones en la empresa: normas, redes y servicios (1995). Ademais, dirixiu os estudios Contribución al estudo de los sistemas de comunicaciones industriales mediante técnicas de descripción formal (2000), de Francisco Poza, e Metodologías de especificación formal aplicadas a modelos normalizados de protocolos de comunicación industriales (2001), de J. B. Nogueira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Foi director do Departamento de Prensa e Publicacións do Colexio de Arquitectos de Galicia, director de Edicións do Cerne e director xeral de Edicións Xerais de Galicia. Ocupou a dirección da área de cultura da TVG e presentou os programas Etcétera e Moderato Cantábile. Participou na edición da obra completa de Fermín Bouza Brey (Premio do Padroado Rosalía de Castro, 1980) e en diversos libros de Méndez Ferrín. Recibiu o Premio Santiago de TVE ao mellor labor cultural realizado en Galicia (1986), o Premio Irmandade do Libro ao mellor programa cultural de televisión (1992) e o Premio Galicia de Comunicación ao mellor labor desenvolvido en televisión (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xograr, probablemente de orixe galega, conforme á súa colocación no Cancioneiro de Xograres Galegos. Estivo activo entre o segundo e o último cuarto do s XIII. Atribúenselle as cantigas “O meu amig’, amiga, vej’andar” e “Diz meu amigo que eu o mandei”, conservadas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana. Estas composicións desenvolven o motivo da separación dos namorados e empregan a rima máis común na lírica galego-portuguesa (abbacc), distribuída en tres estrofas singulares de decasílabos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xogador de baloncesto. Debutou en primeira división en 1979 co Estudiantes, para fichar polo Real Madrid C.F. dous anos despois, co que conseguiu catro ligas (1981-1982, 1983-1984, 1984-1985 e 1985-1986), tres Copas do Rei (1984-1985, 1985-1986 e 1988-1989), dúas Recopas de Europa (1984 e 1989) e unha Copa Korac (1987-1988). Na tempada 1986-1987 xogou na NBA cos Portland Trail Blazers. Coa selección española gañou a medalla de prata no Eurobasket de Nantes (1983) e nos Xogos Olímpicos de Los Angeles (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hormona peptídica, sintetizada pola adenohipófise, que estimula a produción de melanina e a pigmentación cutánea. OBS: Tamén se denomina hormona estimulante dos melanocitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (1071-1078), fillo e sucesor de Constantino X. O seu reinado foi unha sucesión de desastres: insurrección dos búlgaros, incursións dos pechenegos en Macedonia e Tracia ou revoltas dos selxúcidas en Armenia. Impotente para afrontar unha situación tan difícil, abdicou e abrazou o estado eclesiástico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Erudito. Estudou filosofía, teoloxía e diversas disciplinas musicais mentres permaneceu no mosteiro de Poio. Cultivou a música galega e deixou publicadas máis dun cento de obras entre motetes, vilancicos e himnos. Dominaba un gran número de linguas, entre elas as orientais, o que lle permitiu profundar no estudo das Sagradas Escrituras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Estivo moi en contacto con Santiago de Compostela e coas novidades barrocas que alí se produciron; de feito foi un dos primeiros e principais seguidores das propostas de José de Vega y Verdugo. Foi autor da igrexa do mosterio de Santa María de Sobrado dos Monxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Introduciu e propagou a filosofía analítica en España. Da súa obra destacan La Concepción analítica de la filosofía (1974), e que recompilou escritos de prestixiosos filósofos analíticos, La razón sin esperanza (1977), El fundamento de los derechos humanos (1989) e Desde la perplejidad. Ensayos sobre la ética, la razón y el diálogo (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo municipal situado en Ferrol. Ademais das obras do ferrolán Filipe Bello Piñeiro, os seus fondos mostran obras doutros artistas galegos ademais de fotografías antigas e gravados sobre a historia da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Fujian, China, situada na rexión do Leste (195.064 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • noradrenalina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do län de Östergötland, Suecia, situada no esteiro do Bråviken (122.199 h [2000]). A súa economía baséase na industria téxtil, química, papeleira, do coiro, do tabaco e de mobles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide do opio, que o contén entre un 3 e un 10%, cun núcleo de isoquinoleína. Empregouse como analxésico e hipnótico, pero ten máis ben unha acción antiespasmódica.

    VER O DETALLE DO TERMO