"RM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2589.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma ou aspecto de baga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de bacilo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Backus-Naur Form
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de bastón ou báculo.
-
-
Relativo ou pertencente aos baguirmis.
-
Individuo do pobo baguirmi.
-
Pobo islamizado do Chad meridional, composto por agricultores e gandeiros sedentarios.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo sultanato musulmán do Sudán central, que actualmente forma parte da República do Chad, ao S de Kanem e ao L do lago Chad e do río Chari. Os baguirmis constitúen unha etnia á parte. Desde antes do s XVI estaba habitado por diversas tribos negroides, entre as que salientaba a dos bulalos. Esta tribo e outras foron desprazadas cara ao 1500 cando Kenga Berni-Bessé se instalou en Massenya e fundou unha dinastía. Malo (1546-1568), un dos seus descendentes, titulouse mbang (rei divino) e organizou Biguirmi como unha monarquía sagrada que persistiu ata despois da súa conversión ao Islam. A partir do s XVII, Baguirmi tivo que loitar contra os seus veciños, os reinos de Borno e Ouadaï, e cara ao 1760 aceptou a soberanía de Ouadaï. Despois dun período de independencia, foi arrasada a súa capital polo sultán de Ouadaï e tivo que pedir axuda a Francia (1897); a rexión formou parte da África Occidental Francesa ata o 1960.
-
PERSOEIRO
Novelista, dramaturgo e crítico literario. Desde o Naturalismo evolucionou cara ao Expresionismo. Debe o seu prestixio ao ensaio Überwindung des Naturalismus (Superación do Naturalismo, 1891). Entre a súa obra de creación destaca a comedia Das Konzert (O concerto, 1909).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión administrativa de Francia que comprende os departamentos de Calvados, Manche e Orne (17.589 km2; 1.412.064 h [1995]). A capital é Caen.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote e doutor en Historia, foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela de Lingua e Literatura latinas. Nos anos vinte escribiu varios artigos para a revista franciscana Archivo Ibero-Americano sobre temas relixiosos. O seu traballo Los Arzobispos de Santiago y la Universidad Compostelana (1926) recibiu o Premio da Federación de Estudiantes Católicos de Santiago de Compostela no ano 1923.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Balkesir, Turquía, na beira do mar de Mármara (77.200 h [1990]). Correspóndese coa cidade grega de Cízico.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia de Kalimantan Meridional, Indonesia, na beira do Martapura (482.931 h [1995]). Ten un porto fluvial exportador de petróleo, madeira, diamantes, ouro, ferro e carbón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Desenvolveu o seu labor no eido do xornalismo, da crítica e do teatro, aínda que destacou como novelista da escola realista. As súas obras, xeralmente breves, poñen de manifesto un grande espírito de observación e un profundo coñecemento da vida, pero tamén destacan pola súa acertada pintura de caracteres. Ademais de dous tomos de estudios críticos Kritische Studien (1879) e Realism og Realister (1879), tamén escribiu Haablose Stägter (1880), Fädra (1883), Excentrische Noveller (1885) e Stille Existenser (1886), coleccións de novelas entre as que se conta Ved Vejen, considerada a súa mellor obra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e dramaturgo francés. Defensor do Clasicismo, foi sempre contrario ás novas tendencias que propugnaba o Romanticismo. A súa obra, pouco orixinal, consta de adaptacións doutros poemas, como Jérusalem délivrée (1812), de Torquato Tasso, e as Poésies (1801), de Ossian. Escribiu tamén traxedias e sátiras contra o Romanticismo, coma o diálogo en verso Le classique et le romantique (O clásico e o romántico, 1825).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista. Discípulo de Teodoro Gaza, foi profesor de Filosofía e de elocuencia en Padua. Defendeu o aristotelismo ante os averroístas e os retóricos humanistas. Opúxose ao platonismo da academia florentina. Tentou traducir a obra de Aristóteles mais só fixo algúns libros de retórica e dialéctica. Editou e corrixiu a Historia naturalis (Historia natural) de Plinio e Castigationes plinianae (1492-1493).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Tipógrafo de profesión, publicou poemas en xornais, ás veces baixo o pseudónimo de Noé Vila. Foi un dos contertulios da Cova Céltica e en 1907 apareceu como asinante do Manifiesto solidario de septiembre, acta fundacional do movemento da Solidaridad Gallega. Como poeta publicou o volume bilingüe Nada (1906). Recibiu o premio da Académie Montréal e do Athenée des Troubadours pola tradución da obra Magali de Federico Mistral e pola súa vinculación co movemento dos felibres, trobadores modernos provenzais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Revolucionario francés. Participou en diversas conspiracións republicanas con Blanqui. No 1839, despois de ter dirixido a Conspiración de Maio con Blanqui e Martin-Bernard, foi condenado a morte, pena que lle foi conmutada pola de cadea perpetua. A revolución do 1848 liberouno. Con moita popularidade, foi elixido deputado por Aude. O 15 de maio do 1848, intentou constituír un goberno revolucionario, e foi novamente prendido. Napoleón lll indultouno no 1854 e, voluntariamente, marchou ao exilio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Profesional que, dentro dun bar de copas, é responsable e xefe do servizo de mostrador, así como director do servizo de sala. Polo xeral debe ser experto en licores, especialmente na preparación de cócteles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manfred von Richthofen.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento que rexistra ao mesmo tempo as variacións de presión e de temperatura.
-
CIDADES
Cidade do departamento de Santander, Colombia, na beira dereita do río Magdalena (180.653 h [1995]). É o primeiro centro produtor de petróleo de Colombia.
VER O DETALLE DO TERMO