"Sil" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 565.

  • GALICIA

    Concello da comarca de Terra de Caldelas, situado no SL da Comunidade Autónoma de Galicia e no N da provincia de Ourense. A súa posición xeográfica é 42° 23’ latitude N e 7° 34’ lonxitude O. Limita ao N co concello de Sober (comarca de Terra de Lemos), ao L co da Teixeira (comarca de Terra de Caldelas), ao S co de Montederramo (comarca Terra de Caldelas) e Xunqueira de Espadanedo (comarca de Allariz-Maceda), e ao O co de Nogueira de Ramuín (comarca de Ourense). Abrangue unha superficie de 62,4 km 2 , en que acolle unha poboación de 752 h (2007), distribuída nas parroquias de Caxide, Chandrexa, Forcas, A Hedrada, Parada de Sil, As Paradellas, Pradomao, Sacardebois e San Lourenzo de Barxacova. A capital está no lugar de Parada de Sil, na parroquia homónima, localizada a 160 km de Santiago de Compostela e a 49 km de Ourense. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial da Pobra de Trives.
    Xeografía física
    O territorio repártese en tres franxas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Ourense que abrangue os concellos de Parada de Sil e A Teixeira. Comprende 16 parroquias matrices e 2 anexos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de León, Castela e León, situado na Cordilleira Cantábrica, preto do pantano de Las Rozas (1.664 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, na gandaría, nas minas de carbón, nas canteiras de xeso e na central hidroeléctrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • parisílabo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten un número par de sílabas.

      1. Que ten o mesmo número de sílabas ca outro.

      2. Que presenta o mesmo número de sílabas en todos os casos da declinación latina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Iniciouse na década de 1970 no postsurrealismo influído por Cruzeiro Seixas, membro fundador do grupo surrealista de Lisboa. Na década de 1980, a súa obra caracterizouse polo dominio da xeometría e un detallado estudo da figura humana. A partir de 1988 fixou a súa residencia en Narón. A mediados da década de 1990 evolucionou desde o representativo cara ao obxectual. Realizou as súas obras preferentemente en aceiro, que lle permitiu a construción de volumes xeométricos, deixando o cobre e o latón para os detalles. Destacan as series Silencios do Día e Clérigos de Lugo e os monumentos públicos A vida nun puño (Narón), Animalalma (Madrid) e o monumento a Revolução dos Cravos en Póvoa de Santa Iria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Teórico do denominado nuevo cine español, realizou desde esta corrente Nueve cartas a Berta (1966, Concha de Plata en Donosti) e Del amor y otras soledades (1969). Posteriormente dirixiu Caudillo (1977), Los paraísos perdidos (1985), Madrid (1987) e Octavia (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Rubiás dos Mixtos (Calvos de Randín). O seu cumio acada os 1.241 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Brasil (1822-1831) e rei de Portugal (Pedro IV, 1826), fillo de Xoán VI de Portugal. En 1807 marchou cos seus pais a Brasil fuxindo das tropas napoleónicas. Sendo príncipe rexente de Brasil, en 1822 proclamou a independencia brasileira e fíxose coroar emperador. Á morte do seu pai foi coroado rei de Portugal (1826), pero abdicou na súa filla María II ese mesmo ano. Foi un monarca constitucional, pero en 1831 tivo que renunciar á coroa imperial por presión dos parlamentarios e abdicou no seu fillo, Pedro II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Brasil (1831-1889), fillo e sucesor de Pedro I de Brasil. Durante a súa minoría de idade, ocuparon a rexencia diversas persoas ata 1840. Formou a Tripla Alianza con Arxentina e Uruguay fronte a Paraguay (1865-1870). A súa política liberal quitoulle o apoio da Igrexa e da oligarquía terratenente escravista. O decreto de abolición da escravitude de 1888 motivou un alzamento republicano que o destronou e o obrigou a exiliarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Romanista. Estudou en Turín e foi lector de italiano en Heidelberg (1925-1939), onde profundou no estudo dos poetas galego-portugueses. Interesouse pola historia da literatura portuguesa, sobre todo pola figura de Luis Vaz de Camões, e pola lírica galego--portuguesa e foi un destacado dantista, sobre quen versou a súa tese. As súas investigacións foron fundamentais para a elaboración científica e para o desenvolvemento dos estudos de poesía ibérica medieval. En 1927 publicou Don Denis, unha selección de textos de don Denís con tradución italiana. Ao ano seguinte publicou a edición crítica de cincuenta composicións en Auswahl altportugiesischer Lieder e tamén neste ano realizou a edición diplomática de “I Lais portoghesi del codice vaticano”, en Archivum romanicum. Tamén é fundamental o seu Repertorio bibliografico, as edicións críticas de poesías afonsinas e Il canzoniere di D. Lopo Liáns (1964). Traduciu ao italiano Os Lusíadas (1934) e elaborou unha antoloxía da lírica de Camões (Liriche...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Romántico revolucionario, inicialmente escribiu poesía romántica e neoclásica, para logo regresar á ideoloxía cristiá da súa primeira xuventude. Da súa produción destacan Laodamia (1812), Francesca da Ramini (1814), Le mie prigioni (1832), Eufemio di Messina (1834) e Il doveri degli uomini (1834).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está suspendido no aire.

    2. Xardín delicioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Pennsylvania ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Pennsylvania.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten cinco sílabas.

    2. Verso de cinco sílabas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amazona, filla de Ares e Otrere. Despois da morte de Héitor, acudiu en axuda de Príamo xunto coas outras amazonas, pero Aquiles feriuna mortalmente no seo dereito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Foi un dos mellores representantes do neoclasicismo hispánico. En Euskadi realizou o Teatro de Vitoria, a casa do concello de Donostia e as igrexas de Motrico (1789) e Bermeo (1820). En Madrid destaca a Puerta de Toledo e en Galicia a igrexa de Mugardos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atamán cosaco ucraíno. Foi un dos principais expoñentes do partido revolucionario ucraíno. Aliado con J. Piésudski (1920), loitou contra os bolxeviques e conseguiu ocupar Kiev. Expulsados os polacos de Ucraína, refuxiouse en París. Foi asasinado por un xudeu como vinganza polo pogrom acontecido en Ucraína.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político ruso. Funcionario do ministerio de Asuntos Exteriores, organizou un grupo intelectual en Peterburgo, de ideas socialistas. O grupo foi acusado de conspiración e desterraron ou encarceraron os seus membros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rocha compacta de fractura concoidal con manchas grises, avermelladas ou verdosas. Consta esencialmente de feldespato e cuarzo e a miúdo contén magnetita, olixisto, apatita e hornblenda. Ás veces presenta un aspecto porfírico.

    VER O DETALLE DO TERMO