"Soči" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 360.
-
-
Conxunto de doutrinas que, en oposición ao individualismo, propugnan unha reforma radical da organización da sociedade para a supresión das clases sociais mediante a colectivización dos medios de produción, de cambio e de distribución. No s XIX, o socialismo utópico desenvolveuse en Francia e Reino Unido. Coa difusión das teorías de K. Marx e F. Engels apareceu o socialismo científico. Marx e Engels subliñaron a importancia capital do antagonismo entre burguesía e proletariado dentro da nova sociedade industrial contemporánea, e afirmaron que só o proletariado podía pór fin á anarquía da produción ao apoderarse do estado moderno, instrumento en mans da burguesía, e ao abolir o modo de produción capitalista e as relacións de propiedades burguesas. O socialismo marxista obtivo unha primeira plataforma organizadora en 1864 coa fundación da Asociación Internacional de Traballadores (AIT) ou Primeira Internacional. Ao comezo do s XX e, a medida que parecía afastarse da perspectiva dun inminente...
-
Fase transitoria do socialismo desenvolvida por K. Marx e F. Engels, unha vez superado o socialismo utópico que pretendía, partindo da análise dos mecanismos económicos que rexían as sociedades e dunha visión científica da historia, transformar a realidade e acelerar o triunfo inelutable do socialismo.
-
Fase inicial da evolución do pensamento e da acción socialistas, caracterizada pola crítica das estruturas e relacións sociais vixentes, e a descrición teórica dun futuro sistema social perfecto, harmónico e baseado na igualdade de todos os homes. Desenvolveuse ao longo do s XIX como reacción contra as consecuencias máis brutais para a clase obreira do individualismo político e do liberalismo económico. En Francia Saint-Simon, foi o apoloxista da nova sociedade industrial e o teórico da planificación económico-social; E. Cabet propugnou un comunismo pacifista, e L. Blanc, P. J. Proudhon, P. J. Buchez e L. A. Blanqui fixeron a crítica do industrialismo desde posicións reformistas ou revolucionarias. En Reino Unido o seu representante foi R. Owen.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao socialismo ou aos socialistas.
-
-
Partidario do socialismo.
-
Membro dun partido de ideoloxía socialista.
-
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Barcelona a partir de 1938. Promovida pola Agrupación Socialista de Refugiados Gallegos, o seu fundador foi Pedro Longueira. O obxectivo do xornal foi tentar establecer pontes entre os emigrantes galegos en Barcelona e América.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Madrid a partir de 1886, voceira do Partido Socialista Obrero Español (PSOE). Dirixida inicialmente por Paulo Iglesias, naceu como semanario e converteuse en diario en 1912. Durante a Guerra Civil trasladou a súa redacción a Barcelona, entre o 2 de maio de 1938 e o 21 de xaneiro de 1939. Posteriormente publicouse en Francia intermitentemente durante o Franquismo, ata que reapareceu en 1977 como revista mensual en Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de socializar.
-
-
Transferir ao estado ou a outro órgano colectivo as industrias ou propiedades dos particulares para que os beneficios obtidos revertan na sociedade. Ao socializar os medios de produción en conxunto e transferilos ao estado inténtase consolidar un sistema económico de tipo socialista.
-
Levar a cabo o proceso polo que un individuo aprende e interioriza os elementos da cultura do seu contorno social.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade fundada en Pontevedra en 1894 baixo a iniciativa de Casto Sampedro Folgar. Ademais de realizar estudos arqueolóxicos, promover a conservación de obxectos artísticos e de monumentos, levou a cabo tamén traballos sobre a música, o léxico ou a historia de Pontevedra e do Gremio de Mareantes. Disolveuse en 1937 e os seus fondos integráronse no Museo de Pontevedra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación de librepensadores constituída na Coruña en 1890. Formada por republicanos e anarquistas, rexentou a primeira escola laica da Coruña (1890-1891).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colectivo creado na Coruña en 1897 por membros do grupo anarquista Ni Dios ni Amo, coa finalidade de subministrar pan a baixo prezo ás capas populares. En 1902, un incendio acabou coa cooperativa, e os socios achegaron as súas accións á Escola Laica de nenas alentada pola Antorcha Galaica del Librepensamiento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade creada en 1871 en Santiago de Compostela coa finalidade de mellorar o acceso das capas populares compostelás á instrución, ao crédito e á atención sanitaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación de armadores de buques de arrastre, as parellas, constituída no porto de Bouzas (Vigo) en 1899. Promoveu un lock-out que amarrou a frota de arrastreiros por máis de tres meses, a fins de 1932. Continuou a funcionar durante a Guerra Civil.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación de armadores de pesca do palangre que actuou en Vigo durante a década de 1930. Mediou na conflitividade xurdida nos anos 1931 e 1932, cando a consecuencia do crack de Nova York (1929) se depreciou a sardiña e houbo enfrontamentos laborais entre mariñeiros e patronal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación formada en 1905 no seo da Federación Local Obrera da Coruña, coa finalidade de organizar ao personal sanitario e de servizo embarcado nos transatlánticos estranxeiros que ían a América. Integrado na CNT desde 1911, funcionou ata a Guerra Civil.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade fundada en Santiago de Compostela en 1894 que, xunto coa Sociedad de Canteros, foi a pioneira do obreirismo compostelán. Na súa fundación confluíron as tres principais correntes proletarias do momento: a socialista, a republicana e a libertaria. Afiliouse á UGT en 1895, á Federación de Sociedades de Resistencia de la Región Española en 1900 e á Federación de Obreros del Ramo de Elaborar Madera en 1908. Foi un dos alicerces da Federación Local de Sociedades Obreras (1916) e participou na formación da CRG. Incorporouse na Segunda República á Federación Local da CNT. Logo do fracaso da revolución de Asturias de 1934 tomou o control da directiva da sociedade o Partido Sindicalista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade creada en 1899 na Coruña. Sucedeu ao gremio de carpinteiros adherido á Primeira Internacional en 1871. Entre 1908 e 1910 fíxose cargo da Federación de Obreros del Ramo de Elaborar Madera de carácter estatal e da edición do seu voceiro La Cuña. En 1910 participou no Congreso fundacional da CNT. Durante a Segunda República, en 1933, integrouse como sección no Sindicato del Ramo de la Construción.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación mariñeira constituída en 1914, coa finalidade de agrupar os tripulantes dos vapores de pesca e dos buques mercantes do porto da Coruña. Estivo integrada na Federación Local Obrera. A raíz do Congreso da CNT de 1919, converteuse en sección do Sindicato Único del Transporte Marítimo que agrupaba ademais ás profesións vinculadas ás tarefas portuarias. Coa disolución dos sindicatos únicos pola Ditadura de Primo de Rivera, transformouse nunha sociedade de oficio, integrada exclusivamente por mariñeiros, fogoneiros e patróns dos barcos de pesca. Foi suspendida en 1927. Durante a Segunda República estruturouse como sindicato de industria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Club de balonmán da parroquia de Chapela (Redondela). Logrou o ascenso á Liga ASOBAL na tempada 1994-1995, competición onde permaneceu ata a campaña 1999-2000.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación deportiva fundada en Pontevedra en 1945 que incluía as modalidades de ximnasia, atletismo, fútbol, baloncesto, balomnán, remo, natación, hockey, ciclismo, xadrez e tenis de mesa e que se ampliou a outros deportes. A sección de balomnán comezou a destacar na década de 1960. Participou en División de Honor da liga ASOBAL en numerosas ocasións desde que ascendeu por primeira vez na tempada 1972-1973. Finalista da Copa do Rei en 1993, na tempada 1994-1995 clasificouse para a City Cup.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade fundada na Coruña en 1884 baixo a iniciativa e presidencia de Emilia Pardo Bazán. Tiña como finalidade recoller, estudar e conservar as tradicións e costumes galegos. En 1885 publicaron un tomo dedicado ao folclore galego na Biblioteca de Tradiciones Populares Españolas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
SEAT.