Sociedad de Carpinteros La Emancipación Social da Coruña
Sociedad de Carpinteros La Emancipación Social da Coruña
Sociedade creada en 1899 na Coruña. Sucedeu ao gremio de carpinteiros adherido á Primeira Internacional en 1871. Entre 1908 e 1910 fíxose cargo da Federación de Obreros del Ramo de Elaborar Madera de carácter estatal e da edición do seu voceiro La Cuña. En 1910 participou no Congreso fundacional da CNT. Durante a Segunda República, en 1933, integrouse como sección no Sindicato del Ramo de la Construción.