"Van" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 703.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica que estudia os procedementos de recubrimento de superficies metálicas por electrodeposición dun metal, coa finalidade de protexelos ou de mellorar o seu aspecto externo. Os metais máis empregados para o recubrimento son o cobre, o níquel, o cromo, o cinc, o estaño, o ouro e a prata. A galvanostexia comprende a preparación da superficie e o recubrimento nun baño electrolítico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
galvanotaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno táctico no que o factor estimulante é a corrente eléctrica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica metalúrxica fundamentada nos baños electrolíticos. Divídese en dúas ramas, a galvanoplastia e a galvanostexia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á galvanotecnia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Galvanoplastia aplicada á obtención de clixés tipográficos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Clixé obtido por galvanotipia.
-
-
Planta herbácea anual, pubescente, erecta, de 20 a 50 cm de altura, de follas estipuladas, imparipinnadas, cos folíolos ovais e fortemente serrados. As flores son azuladas, purpúreas ou brancas. Os froitos son legumes inchados que conteñen unha ou dúas sementes globosas, os garavanzos. Pouco esixentes en auga, o seu cultivo é apropiado en terreos áridos, especialmente nos pouco compactos. É orixinario da India e das costas do Mediterráneo.
-
Semente desa planta.
-
Pequeno díptero (2 mm de lonxitude) moi semellante á mosca común, pero con reflexos verdosos nas ás, que ataca o garavanzo, e deposita a posta nas súas follas, nas que, ao nacer, as larvas, ápodas e amareladas, constrúen galerías.
-
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Coñecido por Bacicia, formouse no estudo da obra de Rubens e Van Dyck. En 1657 trasladouse a Roma, onde foi un dos pintores e decoradores barrocos máis brillantes. A súa obra mestra foi a decoración da bóveda da igrexa do Gesù coa Adoración do nome de Xesús (1668-1683). Traballou tamén para os papas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Coñecido como Gentile da Fabriano, a súa obra, dentro do gótico internacional, incorporou na derradeira etapa elementos renacentistas. En 1408 estivo en Venecia, onde pintou o fresco da Battaglia navale tra i veneciani e Ottone III, na sala do consello maior do Palazzo Ducale. En 1422 instalouse en Florencia, onde pintou Adorazione dei Magi para a igrexa da Santa Trinità, e en 1427 comezou o ciclo da Vita di san Giovanni Battista en San Giovanni in Laterano en Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político italiano. Primeiro ministro en varias ocasións (1892, 1903-1905, 1906-1909, 1911-1914), católicos e socialistas moderados apoiaron a súa política de reformas: nacionalizacións, previsión e seguros sociais, recoñecemento legal dos sindicatos e introdución do sufraxio universal masculino. En política exterior declarou a guerra a Turquía (1911), ocupou Tripolitania (1912) e postulou a neutralidade na Primeira Guerra Mundial. Volveu á presidencia do consello durante os anos da posguerra (1920-1921).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor italiano. Coñecido como Johannes de Florentia, estivo vinculado á corte dos Visconti de Milán. As súas pezas pertencen á ars nova italiana e consérvanse 16 madrigais e 3 caccie.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Activo na Toscana (1346-1369), foi autor dos frescos da capela Rinucini, na sancristía de Santa Croce. O seu estilo presupón unha formación lombarda, na corrente de Giotto, e a influencia de Vitale da Bologna.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e humanista. Coñecido como Fra Giocondo, traballou en Nápoles, Verona, onde realizou a restauración da ponte da Pietra, e en París na escaleira exterior do Palais de la Cité. Foi nomeado arquitecto de San Pedro do Vaticano con Raffaello Sanzio e Giuliano da Sangallo. Publicou a primeira edición de Vitrubio e traduciu as Cartas de Plinio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Activo entre 1315 e 1349, colaborou con Giovanni Pisano no púlpito da catedral de Pisa. Logo trasladouse a Milán onde realizou o trono de san Pedro mártir en San Eustorgio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Giovanni dal Poggio, formouse cos pintores da sancristía da catedral de Siena e con Taddeo di Bartolo, aínda que o seu estilo evolucionou co contacto coa obra de P. Ucello e G. da Fabriano. Destaca a súa obra Políptico Pecci (1425).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta italiano. Coñecido como Il Burchiello, escribiu uns 150 sonetos, de cariz burlesco.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor ruso. Discípulo de S. Dehn en Berlín, está considerado o pai do nacionalismo ruso musical. Da súa produción destacan as óperas Unha vida polo tsar ou Ivan Susanin (1836) e Russlan e Ludmilla (1842) e as pezas orquestrais, Kamarinskaja (1848), Jota aragonesa e Noites de verán en Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor flamengo. Cultivou unha pintura relixiosa, que tratou con moita sensibilidade. Foi autor do tríptico da Adoración dos pastores (1474-1475), realizado por encargo de Tommaso Portinari, o Descendemento e a Adoración dos Reis. Influíu sobre Ghirlandaio, Filippino Lippi e Boticelli.
VER O DETALLE DO TERMO