Gaulli, Giovanni Battista
Gaulli, Giovanni Battista
Pintor italiano. Coñecido por Bacicia, formouse no estudo da obra de Rubens e Van Dyck. En 1657 trasladouse a Roma, onde foi un dos pintores e decoradores barrocos máis brillantes. A súa obra mestra foi a decoración da bóveda da igrexa do Gesù coa Adoración do nome de Xesús (1668-1683). Traballou tamén para os papas.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Xénova -
Deceso
Lugar : Roma