"Vic" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 942.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novela de Xosé Antonio Perozo publicada en 1992. Trátase dun relato de aventuras de cuadrillas dirixido a un público xuvenil que se caracteriza pola compoñente fantástica que envolve toda a historia. Un narrador omnisciente conta a historia dos habitantes de dous lugares rivais e inimigos irreconciliables dende o comezo dos tempos: Embívicus, unha vila que presenta a peculiaridade de ter no centro da súa praza un embigo cargado de lenda e de misterio, e Figueiras. O amor que nace entre Cali, un rapaz de doce anos que vive en Embívicus, e Susana, unha rapaza de Figueiras que ademais é a irmá do xefe da banda de mozos da vila, ocasiona receos e enfrontamentos constantes que chegan á máxima tensión na festa de San Xoán que celebran os veciños de Embívicus na Praza Maior, ao redor do misterioso buraco-embigo. Cali, co propósito de coller unhas flores para a súa moza, baixa polo buraco e desaparece. Gracias a unha meiga conseguen atopalo na beira do río que separa as dúas vilas. Dende ese momento...
-
PERSOEIRO
Eclesiástico. Doutor en Teoloxía pola Universitat de València, consagrouse sacerdote en 1929. Participou na organización de Acción Católica durante a Segunda República. Ao desencadearse a Guerra Civil estaba en Tui; regresou á súa terra en 1938, cando os sublevados conquistaron Vinaroz, localidade da que foi arcipreste. En 1945 foi nomeado bispo de Solsona, e en 1964 accedeu á diocese de Oviedo. Participou no Concilio Vaticano II. Investido cardeal en 1969, concedéuselle a sé primada de España, o arcebispado de Toledo, do que pasou ao de Madrid en 1971, ano no que foi elixido presidente da Conferencia Episcopal Española. Cesou como presidente do episcopado en 1981 e, ao ano seguinte, presentou a súa renuncia ao arcebispado por razóns de idade. En 1970 ingresou na Real Academia Española. Entre as distincións que recibiu destaca o doutoramento honoris causa pola Universitat Politècnica de València. Dende a súa posición na cúpula da Igrexa española, o cardeal Tarancón, que se caracterizara...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Traballador de Citroën, participou nas loitas obreiras dos anos setenta e foi elixido concelleiro do Concello de Vigo na primeira corporación democrática por Unidade Galega (1979). Promoveu o asociacionismo veciñal e o cooperativismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e político. Foi deputado por Valdeorras (1872-1873; 1898-1899; 1901-1903), por Ponferrada (1893-1895) e senador pola Coruña (1896-1897).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Facer que alguén adquira algo, como un costume ou un vicio.
-
Adquirir alguén un vicio ou un mal costume.
-
-
PERSOEIRO
Dramaturgo. Escribiu escenas breves para pequenos teatros e colaborou como dramaturgo co Teatro de Arte de Moscova, con Eugeni Vajtangov e con Vsevolod Meyerhold. Da súa produción destaca Mandat (O mandato, 1925), Samonbicja (O suicidio, 1928), prohibida pola censura pero representada en Europa e América nos anos sesenta e setenta, e Zasedanie o smeche (Sesión sobre o río, 1938). Entre 1933 e 1940 estivo deportado en Siberia, e a partir de entón orientou a súa carreira á adaptación de clásicos, á elaboración de guións para cine e á escrita de textos para rapaces.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Diplomouse en dirección polo Instituto de Investigaciones y Experiencias Cinematográficas. Inicialmente, foi crítico de cine antes de debutar, en 1969, cun capítulo da serie Los desafíos, que producía Elías Querejeta. A súa carreira como director comezou co filme El espíritu de la colmena (1973), ao que lle seguiron outros títulos como El sur (1983) ou El sol del membrillo (1992, Premio Especial do Xurado de Cannes).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cavar a terra de xeito superficial.
-
Facer buratos na terra.
-
Furgar en algo cun obxecto aguzado.
-
Tratar de averiguar algo dun asunto escuro ou oculto.
-
-
PERSOEIRO
Escritor e realizador de cine. Os seus guións baseábanse en temas relixiosos e políticos. O director dalgunhas destas películas foi Rafael Gil, como Balarrasa (1950) ou La Señora de Fátima (1951). A primeira película que dirixiu foi El hombre de la isla (1959). Na mesma liña dirixiu Dulcinea (1962), El golfo (1970), La lozana andaluza (1976), Esperando a papá (1980) ou Montoyas e Tarantos (1989), ademais das series de televisión.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bailarín. Reivindicou o flamenco puro e debutou en París en 1920. Formou parella artística con Carmina García. Retirouse e estableceuse en Barcelona, onde se dedicou ao ensino.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta ruso. En 1915 contactou en Leningrado co movemento simbolista e co poeta A. A. Blok, e en 1918 integrouse no movemento imaxinista. A súa poesía ofrece unha visión mística e pesimista da sociedade. Da súa produción destaca Radunica (1915), Inonija (1918), Moskva Kabackaja (Moscova das tabernas, 1924) e Kapitan Zemli (O capitán da terra, 1925).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Estudiou en Salamanca e foi militar en Italia. Ordenouse crego e foi un gran coñecedor do latín, e mestre de música en Madrid. Divulgador da décima espinela, escribiu Rimas (1591) e a novela picaresca Vida del escudero Marcos de Obregón (1618).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao esterno e á clavícula.
-
Articulación do esterno e a zona exterior da clavícula que, co seu movemento, contribúe ao do ombreiro.
-
-
GALICIA
Escultor. Realizou o tabernáculo da capela do Hospital Real e traballou nos retablos da igrexa da Ensinanza baixo a dirección de Bertomeu Fernández. Con este nome documéntase tamén outro pintor compostelán que realizou en 1766 unha imaxe da virxe do Rosario para Vimianzo e, entre outras obras, tres remates para un colateral e un frontal do altar da mesma igrexa e unha imaxe de santo Antonio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Licenciouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid (1920). As súas primeiras obras, entre outras a igrexa da Milagrosa (1928) e o seminario de Pamplona (1931), reflectiron o gusto polos elementos góticos e mudéxares. Entre outras obras, destacan o casino Eslava (1931) e o asilo de Tafalla (1933), onde amosou a influencia do racionalismo, e a igrexa de Puy (Estella, 1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar ruso. Participou nas guerras ruso-turca (1877) e ruso-xaponesa (1904), antes de participar na Primeira Guerra Mundial ao mando do IV exército ruso. Promovido polo Tsar Nicolás II a xefe dos exércitos rusos do O, dirixiu a retirada destes a Niemem.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e debuxante, fillo de Vicente Eyré Varela (1887-1968), maxistrado do Tribunal Supremo. Abandonou os estudios universitarios de enxeñería e arquitectura para dedicarse á pintura de xeito autodidacta. Dominou a técnica do pastel e, como debuxante, resaltou a beleza dos modelos mediante a utilización de tons moi suavizados e dunha iluminación clara e limpa. Realizou retratos de persoeiros relevantes non só en España, senón tamén en Francia, Italia e EE UU, entre outros países. Entre as súas obras destacan El Grito Supremo, Pilar Estrada Borrajo de Orozco de Eyré, Alfonso Fierro, Marqués de Amurrio, San Bartolomé, Torero e os retratos do Rei Xoán Carlos I. Colaborou coas súas ilustracións en El relato compostelano (2001). Foi académico de honra da Accademia Letteraria de Roma, socio de honor da Unione Artistica Paternopea de Nápoles, membro de honor de Les Violettes Picards et Normands, membro de honor da...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Formouse na Academia Nacional de Bellas Artes e en 1911 trasladouse a París. Foi profesor de debuxo da Escuela de Bellas Artes de Montevideo (1919-1929) e director do Museo Municipal de Bellas Artes de Bos Aires (1935-1943). Das súas obras destacan Mujer del éxodo e Mujer frente al mar. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Nacional de Escultura (1927) e o Gran Premio da Exposición Internacional de Bruxelas de 1928. Foi membro da Academia de Bellas Artes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Discípulo de Konstantin A. Korovin, recibiu a influencia do impresionismo e da obra de Cézanne. Foi un dos fundadores da asociación artística Sota de Diamantes e profesor na Escola de Belas Artes de Moscova. Cultivou unha paisaxe situada a medio camiño entre o fauvismo e o cubismo, entre outras destaca Sol en Crimea (1916), e o retrato. Atacado como decadente polo réxime soviético, rehabilitárono, xa morto, en 1966, cunha exposición antolóxica en Moscova.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político, pai de Antolín Faraldo. De tendencia absolutista, foi deportado a Canarias durante o Trienio Constitucional e, ao regreso de Fernando VII, foi proposto como capitán do Batallón de Voluntarios Realistas. En 1832 foi nomeado, por designación real, secretario contador do Hospital Real de Santiago de Compostela, cargo do que foi destituído tras ser acusado de conspiración (1839).
VER O DETALLE DO TERMO