Eyré Fernández, Vicente
Pintor e debuxante, fillo de Vicente Eyré Varela (1887-1968), maxistrado do Tribunal Supremo. Abandonou os estudios universitarios de enxeñería e arquitectura para dedicarse á pintura de xeito autodidacta. Dominou a técnica do pastel e, como debuxante, resaltou a beleza dos modelos mediante a utilización de tons moi suavizados e dunha iluminación clara e limpa. Realizou retratos de persoeiros relevantes non só en España, senón tamén en Francia, Italia e EE UU, entre outros países. Entre as súas obras destacan El Grito Supremo, Pilar Estrada Borrajo de Orozco de Eyré, Alfonso Fierro, Marqués de Amurrio, San Bartolomé, Torero e os retratos do Rei Xoán Carlos I. Colaborou coas súas ilustracións en El relato compostelano (2001). Foi académico de honra da Accademia Letteraria de Roma, socio de honor da Unione Artistica Paternopea de Nápoles, membro de honor de Les Violettes Picards et Normands, membro de honor da Comisión de Estudios Aztecas e recibiu, entre outros galardóns, a Cruz de Honra da Clase ao Mérito Artístico de Francia e a Medalla de Ouro da Académie d’Aquitaine de Arts et Lettres.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Pontecaldelas