"Ya" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 670.

  • CIDADES

    Cidade de Anatolia Central, Turquía, capital do il de Konya (623.333 h [1997]). Está Situada no centro dunha rexión mineira, conta tamén con industria téxtil. Conquistada polos seleúcidas (1069), foi a capital do sultanato de Rum (1099). Federico I Barbarrubia posuíuna (1190) temporalmente e sufriu despois as devastacións mongolas. No s XIV incorporouse ao Imperio Otomano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Il de Anatolia Central, Turquía (40.451 km2; 1.943.757 h [1997]). A súa capital é Konya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Fukushima, na illa de Honshū, Xapón (330.335 h [1997]). A súa economía baséase nas industrias química e téxtil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Saitama, na illa de Honshū, Xapón (301.446 h [1997]). A súa economía baséase nas industrias química e peleteira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas arbustivas da familia as malváceas. Teñen follas lobuladas ou angulosas, flores agrupadas en panículas terminais e son sufrutescentes. Está distribuído por Europa, Asia occidental e rexións cálidas de África e América.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: Guiyang.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Saitama, na illa de Honshū, Xapón (154.203 h [1991]). É un tradicional centro e mercado de seda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do il homónimo situada en Anatolia Occidental, Turquía (162.319 h [1997]). A súa posición na gran ruta entre a rexión de Mármara e as chairas de Mesopotamia determinou as distintas fases de expansión e decadencia segundo as rutas comerciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Il de Anatolia Occidental, Turquía (11.661 km2; 643.117 h [1997]). A súa capital é   Kütahya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade monetaria principal de Myanmar. Divídese en 100 pyas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta. Especialista en salto de lonxitude, conseguiu a mellor marca europea en pista cuberta (1999) e foi dúas veces campión de España (1999 e 2003). Subcampión mundial ao aire libre e en pista cuberta en 1999, obtivo a medalla de bronce no campionato de Europa de 2002 e no campionato do mundo ao aire libre de 2003, e a medalla de prata do campionato do mundo en pista cuberta dese mesmo ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta inglés. Fixo unha transposición alongada, en versos aliterados e parcialmente rimados, do Roman de Brut, de Wace, que é a obra máis importante do inglés da época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da wilāya de Lemdiyya, situada en Alxeria (123.535 h [1998]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Wilāya de Alxeria (8.704 km2; 802.078 h [1998]). A capital é Lemdiyya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante, bailarina e actriz. De nome Karoline Wilhelmine Charlotte Blamauer, o seu encontro co círculo de artistas en Zúric e Berlín, entre os que estaban Frank Wedekind, Kurt Well -co que casou en 1925- e Bertolt Brecht, foi decisiva na orientación da súa carreira. É recordada polos seus papeis en filmes alemáns e estadounidenses, como Die Dreigroschenoper (A ópera dos tres peniques, 1931), From Russia with Love (1963) e Mahagonny (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista moldavo. Nacionalizado estadounidense, na década de 1930 colaborou con Keynes na Universidade de Cambridge. Participou na fundación e foi coeditor da Review of Economic Studies (1933) e exerceu a docencia en diversas universidades norteamericanas. Escribiu The Economics of Control, Economics of Employement (1951) e Essays in Economic Analysis (1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Manchuria, situada no sheng de Liaoning, China, na rexión de Nordés (492.559 h [1990]). Situada na área algodoeira máis importante de Manchuria, é unha das cidades máis antigas da rexión (s VII). Foi o escenario, en 1904, da derrota rusa durante a Guerra Ruso-xaponesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Fujian, China, situada na rexión montañosa do SO de Fukien, á beira do río Chiu-lung Chiang (134.481 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e dramaturgo. Conservador, foi ministro de Ultramar (1868-1872 e 1874-1877) e presidente do Congreso de los Diputados durante o reinado de Afonso XII. O seu teatro comprende unha primeira etapa romántica, con Los dos Guzmanes (1851) e Rioja (1854) e unha segunda etapa denominada alta comedia que agrupa as pezas de ambientación burguesa e tendencia moralizadora, como El tejado de vidrio (1856), El nuevo don Juan (1863) e Consuelo (1870).

    VER O DETALLE DO TERMO