Kütahya

Kütahya

Capital do il homónimo situada en Anatolia Occidental, Turquía (162.319 h [1997]). A súa posición na gran ruta entre a rexión de Mármara e as chairas de Mesopotamia determinou as distintas fases de expansión e decadencia segundo as rutas comerciais.