"dis" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 645.

    1. Formar dous ou máis sons unha combinación inharmoniosa ou pouco agradable ao oído.

    2. Estar en desacordo dúas ou máis cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae como armas, en campo de prata, cinco correas de goles postas en banda con cabos, chatolas e fibelas de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alteración ou defecto do sentido do olfacto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás cousas que non presentan similitudes ou son opostas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen dispara.

    2. Mecanismo dunha arma de fogo portátil que transmite o movemento do gatillo ao gancho que retén a agulla percusora para que, ao liberala, golpee o fulminante que acende a carga de proxección da bala.

    3. Dispositivo de natureza mecánica ou electromecánica que acciona o obturador para que deixe entrar a luz ao interior da cámara durante un tempo determinado. O disparador automático é un dispositivo electromecánico que acciona o disparador despois dun tempo determinado.

    4. Resorte de ferro que se fixa á serviola da áncora para lanzala á auga no momento preciso de encontrarse a nave no lugar de ancoraxe.

    5. Dispositivo electrónico que converte sinais de entrada, con variacións de tensión moi lentas, en sinais de variación abrupta (case descontinua) para un determinado valor de entrada. Emprégase para transformar un sinal nunha onda cadrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que unha arma lance o seu proxectil.

    2. Lanzar alguén ou algo un proxectil.

    3. Lanzar con forza unha cousa.

    4. Porse en funcionamento un mecanismo, especialmente unha arma, por si mesmo ou accidentalmente.

    5. Perder o autocontrol e exteriorizar con exaltación a rabia ou desconformidade.

    6. Saír precipitadamente en dirección a algún lugar.

    7. Aumentar unha cantidade rápida e desmesuradamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de disparatar.

    2. Que constitúe un disparate.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dicir disparates.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dito ou feito absurdo ou contrario á razón que denota ignorancia ou irreflexión.

    2. Cantidade desmesurada.

    3. Composición en prosa ou en verso de carácter cómico, habitual no teatro contemporáneo, que busca a risa do espectador por medio de expresións absurdas, trucos ou accións contrarias á razón e a toda regra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bilingüe de tendencia católica aparecida en Lama en 1910 e subtitulada “Periódico informal”. Cesou o 10 de setembro de 1914, cando chegaba ao nº 109. Cunha periodicidade decenal e unha tiraxe de 400 exemplares, imprimíase nos obradoiros tipográficos da viúva de X. A. Antúnez, en Pontevedra. Incluíu diversos artigos en que polemizaba con outras publicacións. No eido literario inseriu contos e coplas en galego, asinadas cos alcumes Xan d’Outeiro, Xa me entendes, O coplista d’o Verdugo, Cocis de A. Barrera e Minjos de Gondomar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie de gravados realizados por Goya. O seu contido e o seu estilo permiten datalos entre 1816 e 1823. Non foi publicada en vida do autor e, probablemente, quedou inacabada. Editouse en 1864 co título de Los proverbios, sen embargo, ao analizar as probas de estado de Goya e comprobar que a maioría deles levaban o título de disparate, cambióuselle o nome. Pertenceron a Javier Goya, fillo do pintor, ata que en 1854 a adquiriu Román Garreta. En 1862, a Real Academia de Bellas Artes de San Fernando mercou 18 pranchas das 22 orixinais. As catro restantes pertenceron a Eugenio Lucas e, publicadas na revista L’Art en 1877, consérvanse nunha colección particular en París. Goya combinou a augaforte coa augatinta para representar escenas carnavalescas onde realizou crítica social e debuxos de animais e monstros que se interpretaron como alegorías políticas ou símbolos das paixóns humanas. Os debuxos preparatorios, algúns de gravados que non chegaron a imprimirse, consérvanse no...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de dispar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de disparar.

    2. Impacto que produce o proxectil disparado por unha arma de fogo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gasto excesivo e xeralmente innecesario de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ocasiona ou implica dispendio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Procedemento especial de xurisdición voluntaria que ten como obxectivo eximir a unha persoa concreta no cumprimento dun precepto legal.

    2. Autorización outorgada pola autoridade eclesiástica para deixar de cumprir unha disposición canónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se pode dispensar.

    2. Aplícase ao impedimento matrimonial que pode ser dispensado ben pola autoridade civil, ben pola eclesiástica. Precisa un acto xurídico anterior á celebración do matrimonio que declare a existencia de obstáculos legais para a súa celebración. En dereito civil, o xuíz de primeira instancia pode dispensar os impedimentos de idade e de parentesco entre colaterais por consanguineidade do grao terceiro. En dereito canónico, o bispo pode dispensar os impedimentos de impotencia, idade e disparidade de culto, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de dispensar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen dispensa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar ou conceder xenerosamente algo a alguén.

    2. Distribuír ou conceder a alguén algunha cousa beneficiosa. Na tradición oral recóllense ditos como: “O home pensa e Deus dispensa”.

    3. Eximir a alguén do cumprimento dunha obriga ou norma.

    4. Desculpar ou non ter en conta unha falta ou molestia.

    VER O DETALLE DO TERMO