dispensar

dispensar

(< lat dispensāre‘repartir’)

  1. v t

    Dar ou conceder xenerosamente algo a alguén.

    Ex: É tan xenerosa que dispensa atencións a todo o mundo. Dispensáronlles unha calorosa despedida.

  2. v t

    Distribuír ou conceder a alguén algunha cousa beneficiosa. Na tradición oral recóllense ditos como: “O home pensa e Deus dispensa”.

    Ex: É o encargado de dispensar os medicamentos. Dispensaron a novela por entregas.

    Confrontacións: outorgar.
  3. v t

    Eximir a alguén do cumprimento dunha obriga ou norma.

    Ex: Ata bacharelato dispensárono das clases de inglés. Dispensárono do pago da multa porque non se demostrou que fose el.

  4. v t

    Desculpar ou non ter en conta unha falta ou molestia.

    Ex: Dispensen que chegue tan tarde. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto, presentándose nestes casos xeralmente en forma imperativa como fórmula de cortesía para pedir perdón. Ex: Dispense, ten lume?

Conxugar
VERBO dispensar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dispenso
dispensas
dispensa
dispensamos
dispensades
dispensan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dispensaba
dispensabas
dispensaba
dispensabamos
dispensabades
dispensaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dispensei
dispensaches
dispensou
dispensamos
dispensastes
dispensaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dispensara
dispensaras
dispensara
dispensaramos
dispensarades
dispensaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dispensarei
dispensarás
dispensará
dispensaremos
dispensaredes
dispensarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dispensaría
dispensarías
dispensaría
dispensariamos
dispensariades
dispensarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dispense
dispenses
dispense
dispensemos
dispensedes
dispensen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dispensase
dispensases
dispensase
dispensasemos
dispensasedes
dispensasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dispensar
dispensares
dispensar
dispensarmos
dispensardes
dispensaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
dispensa
-
-
dispensade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dispensar
dispensares
dispensar
dispensarmos
dispensardes
dispensaren
Xerundio dispensando
Participio dispensado
dispensada
dispensados
dispensadas