dispepsia

dispepsia

(

s f [PAT]

Dixestión difícil e laboriosa de carácter crónico. Non expresa unha enfermidade, senón a percepción, no medio do ventre, de trastornos relacionados coa dixestión. As dispepsias son primitivas, comprenden os trastornos dixestivos altos de causas imprecisas, e secundarias, refírense aos trastornos da función gástrica orixinados na patoloxía dun órgano dixestivo ou en alteracións non dixestivas. Fanse dous grandes grupos: as hiperesténicas, en que o malestar non aparece ata que transcorreron unhas cantas horas desde a inxestión de alimentos, e as hipoesténicas, en que o malestar se manifesta cando o estómago está cheo de alimentos.