"sin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 907.

  • SEMANARIOS

    Semanario satírico que se editou en Lugo a comezos do s XX. Fundouno Ildefonso Fernández Vivero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de periodicidade semanal aparecida na Coruña entre 1907 e 1916.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que ten a súa orixe nun hipocorístico. Probablemente sexa unha forma con aférese procedente do nome latinizado de orixe xermánica Ildosindus, formado polas voces hildi ‘combate, loita’ e swind ‘forte’. Xa nos textos medievais se recollen múltiples formas, como Ildosindo e Eldosindo (masculinas) ou Ildosinda, Eldosinda, Elsinda e Adosinda (femininas). A festividade de santa Dosinda celébrase o 21 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bivalvos, da familia dos venéridos, ao que pertencen os moelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma conxénita de discapacidade psíquica debida a un defecto cromosómico que consiste en que o individuo afectado ten un exceso de material xenético correspondente ao par cromosómico 21. Este exceso pódese presentar por mor dunha trisomía (95% dos casos), dunha translocación (4%) ou dun mosaicismo (1%). No caso da trisomía do cromosoma 21, a copia extra deste cromosoma aparece como consecuencia dunha non disxunción meiótica, polo xeral no gameto feminino. Os individuos afectados por unha translocación teñen a parella normal de cromosomas 21, pero aparece unido a outro cromosoma, normalmente o 14, un fragmento extra de 21. Os que presentan mosaicismo teñen células cunha dotación cromosómica normal (46 cromosomas) e células con trisomía 21 (47 cromosomas) como resultado dunha non disxunción mitótica; deste xeito, a síndrome será máis ou menos severa en función do número de células afectadas e da disposición destas no organismo. A característica máis aparente é a presenza duns trazos faciais...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Atraído polas correntes literarias parnasianas, publicou a recompilación poética _στοί αράχνης (Arañeiras, 1880). Inspirouse no mundo grego tradicional para crear a obra Eιδύλλια (Idilios, 1883). Tamén cultivou a novela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anomalía cromosómica que se caracteriza pola presenza dun cromosoma supernumerario agregado á parella 18 en todas as células somáticas. A causa desta trisomía é posiblemente unha non-disxunción. Presenta un cadro moi amplo con hipertonía muscular, atraso psicomotor, alteracións craniais, micrognatia, rixidez articular, labio leporino, orellas malformadas de implantación baixa, pés de arco plantar escaso e talóns saíntes e, sobre todo, mans en actitude típica, en que os dedos índice e maimiño están enriba, respectivamente, do dedo medio e anular; a miúdo tamén presenta malformacións cardíacas, pulmonares e renais. A súa incidencia sitúase nun caso por cada 11.000 nacidos vivos (80% mulleres). A supervivencia media é de 2 a 4 meses e o 90% morre antes de cumprir o ano de vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariantes dos nomes Dosindo/Dosinda.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Eleusis ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de Eleusis.

    1. Aplícase ás festas celebradas en Eleusis en honor de Deméter, denominadas misterios de Eleusis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dosindo/Dosinda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de teatro creado en 1990 na Coruña por Manuel Lourenzo e no que realizaron os seus primeiros traballos actores como Xesús Balboa, Iván Tojeiro ou Pablo Rodríguez, a partir de textos escritos polo seu director, como O avión paranoico, A velada de Londres, A estratexia do Narco ou O regreso. A compañía tamén foi responsable da revista Cadernos de Teatro, dirixida por Francisco Pillado Mayor, que presentou un total de nove entregas, con textos de Xoán da Cova, Xesús Pisón, Paulino Pereiro, Joan Cavallé, Louis Aragón ou André Breton.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mestura de enzimas β-glicosídicos de composición semellante que está nas sementes da cerdeira, da ameixeira, do pexegueiro e doutras rosáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode ensinar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de ensinar.

    2. Que ten estudios e educación. OBS: Normalmente, vai acompañado polos adverbios ben e mal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen ensina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ensino.

    2. Acción ou suceso que serve de experiencia e de orientación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que alguén aprenda algo comunicándolle coñecementos, teóricos ou prácticos, dunha ciencia ou arte mediante leccións, explicacións, etc.

    2. Dar unha advertencia ou exemplo que sirva de experiencia.

    3. Dar sinais dunha cousa.

      1. Mostrar algunha cousa.

      2. Deixar ver algo de forma involuntaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de canteiros alemáns orixinarios de Einsingen. Ulrich von Ensinger (?-Estrasburgo 1419) mestre de obras da catedral de Ulm dende 1392, rematou o coro, comezou a nave e proxectou a torre. Entre 1394 e 1395 traballou na catedral de Milán, pero retornou a Ulm polas desavinzas que mantivo co duque de Milán. Na catedral de Estrasburgo realizou a torre norte. O seu fillo Matthäus von Ensinger (?-1463). Traballou en Estrasburgo e dende 1420 foi mestre de obras en Berna, onde traballou na catedral nova, e da catedral de Ulm dende 1446. Os seus fillos Vincenz von Ensinger (1422?-1493?) e Moritz von Ensinger (1430?-1482?) traballaron na construción de diversas igrexas en Suíza e Alemaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Profesión que consiste en ensinar.

    2. Conxunto de materias que se ensinan.

      1. Sistema e método de educar e instruír. Como tal é sinónimo de educación (ou ensinanza) e instrución. A actividade de ensinar, que ten na pedagoxía a expresión máis coidada e metódica, desenvólvese ampla e metodicamente nas institucións escolares. As diversas etapas de formación intelectual do individuo cristalizaron no s XX en tres graos de ensino (primario, secundario e superior) e nalgunhas modalidades que gozan de recoñecemento internacional. En España o sistema educativo vixente está determinado pola Lei Orgánica 1/1990 de Ordenación Xeral do Sistema Educativo (LOXSE), aínda que está en marcha un proceso de modificación (2002). A LOXSE contempla un sistema educativo integrado por Ensino de Réxime Xeral e Ensino de Réxime Especial. No primeiro inclúese o ensino infantil, primario, secundario (obrigatorio e non obrigatorio), formación profesional específica de grao superior e universitario. No segundo, o ensino artístico (seccións de música e danza, arte dramática,...

      2. ensino a distancia

        Ensino en que profesor e alumno realizan as súas tarefas en lugares distintos e que ten como obxectivo a transmisión de coñecementos e capacidades formativas, mediante un conxunto de métodos, técnicas e medios propios, entre os que cómpre destacar os materiais multimedia e a correspondencia, segundo principios de autoaprendizaxe. En España desenvólvese sobre todo a través da Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED) e de centros como os creados en Galicia desde a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o ensino primario (Centro Galego de Educación Básica a Distancia, CEGEBAD) e secundario (Instituto Galego de Bacharelato a Distancia, INGABAD).

      3. ensino aberto [ingl: open education]

        Ensino que pretende darlle a oportunidade ao alumno de adquirir capacidades para a vida nunha sociedade aberta, mediante unha aprendizaxe autónoma e cooperativa, activa e orientada á resolución de problemas.

      4. ensino activo

        Ensino que se fundamenta na participación activa do alumno no proceso de aprendizaxe. Desde unha perspectiva construtivista a actividade do alumno ha de manifestarse esencialmente na elaboración dos procesos intelectuais relacionados coa aprendizaxe.

      5. ensino artístico

        Ensino que, xunto co ensino de idiomas, forma parte do Ensino de Réxime Especial. Ten como finalidade proporcionarlles aos alumnos unha formación artística de calidade e garantir a cualificación de futuros profesionais da música, da danza, da arte dramática, das artes plásticas e do deseño. Debe cualificar os alumnos para reflexionar criticamente sobre os feitos estéticos do presente e do pasado, tanto na súa importancia individual como social. O Ensino de Artes Plásticas e Deseño estrutúrase dun xeito similar á formación profesional específica e comprende un conxunto de ciclos formativos, organizados en módulos profesionais cunha formación teórico-práctica e cunha duración variable segundo a natureza da competencia profesional característica do título correspondente. En 2002, na Comunidade Autónoma de Galicia, poden cursarse ciclos formativos de grao medio ou superior de artes plásticas e deseño e estudios superiores de conservación e restauración de bens culturais. Os...

      6. ensino con axuda do ordenador/asistido por ordenador [EAO; Computer-Aided Instruction, CAI]

        Ensino en que se usa o ordenador para facilitar certos procesos de aprendizaxe, completando e, en parte, substituíndo a acción do mestre, por medio dun esquema evolutivo e flexible de preguntas e respostas e dunha comunicación de tipo conversacional co alumno.

      7. ensino de idiomas

        Ensino que se dá nas escolas oficiais de idiomas e que se organiza en dous niveis: o primeiro, ao que se accede co título de Graduado Escolar, co 1º ciclo da ESO aprobado ou co Certificado de Escolaridade, dura 5 cursos, divididos en 2 ciclos (o primeiro dura 3 cursos ou 360 horas e o segundo, 2 cursos ou 240 horas); o obxectivo é lograr a comprensión e expresión oral da lingua escollida. O segundo nivel ten como obxectivo preparar profesionais da tradución, interpretación ou similares.

      8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en 1977 e editada polo sector estudantil da Asemblea Popular Galega (APG).

    VER O DETALLE DO TERMO