Elsinor, Clube de Teatro
Elsinor, Clube de Teatro
[ESPECT]
Grupo de teatro creado en 1990 na Coruña por Manuel Lourenzo e no que realizaron os seus primeiros traballos actores como Xesús Balboa, Iván Tojeiro ou Pablo Rodríguez, a partir de textos escritos polo seu director, como O avión paranoico, A velada de Londres, A estratexia do Narco ou O regreso. A compañía tamén foi responsable da revista Cadernos de Teatro, dirixida por Francisco Pillado Mayor, que presentou un total de nove entregas, con textos de Xoán da Cova, Xesús Pisón, Paulino Pereiro, Joan Cavallé, Louis Aragón ou André Breton.