"ues" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 481.
-
PERSOEIRO
Escultor. Traballou en París con Picasso, Braque e Leger. Aplicou os descubrimentos cubistas á escultura, coa mestura das superficies cóncavas e convexas, dos planos e os relevos. Da súa obra destacan Cabeza (1915), conxunto de signos sen relación algunha, Espido reclinado con guitarra (1928) e A nai e o fillo (1930).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sindicalista. Afiliado inicialmente á UGT, en decembro de 1930 constituíu, no Sindicato Nacional Ferroviario e xunto con Calderón e Jacinto Méndez, o Sindicato de Industria Ferroviaria, afiliado á CNT. Membro da directiva do Centro de Estudios Germinal, en decembro de 1933 foi un dos líderes da folga xeral revolucionaria contra o goberno republicano de dereitas, na Coruña. Morreu no asalto ao cuartel da Garda Civil en Oleiros no trascurso da folga xeral convocada pola CNT.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Biólogo alemán. En 1891 trasladouse a EE UU, onde exerceu a docencia e traballou no Instituto Rockefeller de Nova York. Fixo investigacións sobre partenoxénese, tropismos e rexeneración de tecidos, e estudiou as causas do envellecemento e ofreceu unha base científica á moderna xeriatría.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que foi coñecida ata 1975 a capital de Moçambique, ano en que tomou o nome de Can Phumo. En 1976 recibiu a denominación actual de Maputo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
François Michel Le Tellier.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Juan de Contreras y López de Ayala.
-
VER O DETALLE DO TERMO
sífilis.
-
-
Relativo ou pertencente a Lugo ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Lugo.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Luxemburgo, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Luxemburgo.
-
ariante lingüística do alemán, do subgrupo occidental da familia xermánica, que, desde 1984, é lingua oficial de Luxemburgo, xunto co francés e o alemán.
-
Arte desenvolvida en Luxemburgo. A pesar de non ter unhas características propias ben definidas, e aínda que está producida normalmente en colaboración con artistas doutras nacionalidades, deu nomes como os dos escultores barrocos Albert Hames e Bathélemy Namur (1728-1779). A finais do s XIX sobresaíron os pintores Jean Zens, Pierre Blanc e Jean Jacoby, así como o escultor P. Federspiel. No s XX destacaron os arquitectos Pierre e Paul Funk, o enxeñeiro A. Rodenge, os escultores Claus Cito e Auguste Tremont, e os pintores Max Ersfeld, Edmond Goergen, Joseph Probst, Mathiss Wildannger, Jean-Pierre Beckius e Joseph Kutter. Destacan tamén Robert Lentz e a parella Michel Mousel e Gaston Witry, autores do Centre Européen (1962-1966).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Françoise Aubigné.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario concedido o 17 de decembro de 1703 por Filipe V a Antonio Mariño de Lobeira e Andrade, Lemos e Soutomaior, militar e cabaleiro da orde de Santiago. Cando morreu, o título quedou vacante ata 1921, ano en que foi rehabilitado por María Lourdes Cabeza de Vaca Carvajal, que ao morrer (1941), herdou o seu fillo Antonio Sartorius Cabeza de Vaca. En 1978 converteuse en IV marqués de Mariño, Vicente Sartorius Cabeza de Vaca , irmán do anterior. Desde 2002 o V marqués de Mariño é Luis José Sartorius Zorraquín , fillo de Vicente Sartorius. Ten por armas un escudo partido; o primeiro de prata, con tres faixas de azul, e o segundo, de sinople cunha cabeza de lobo, de ouro, sobre a que se colocou unha estrela.
-
PERSOEIRO
Filósofo. Discípulo de Bergson, converteuse ao catolicismo baixo a influencia de Léon Bloy (1906). Representante do neotomismo, propúxose establecer unha metafísica cristiá, ontoloxicamente fundamentada, en oposición ao idealismo moderno, que servise para as cuestións teóricas e prácticas. Escribiu La philosophie bergsonienne (1914), Art et scolastique (1920), Elements de philosophie (1920-1923), Distinguer pour unir (1932), Humanisme intégral (1936), Le crépuscule de la civilisation (1941), La philosophie morale (1960) e Le paysan de la garonne (1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, escudo terciado en pal: primeiro, de sinople, cun cisne de prata, sostido de ondas de prata e azul, cara á sinistra; segundo, de ouro, cunha chave de azul, co ollo no alto e o paletón cara á destra; terceiro, de sinople, cun cisne de prata, sostido de ondas de prata e azul, cara á destra.
-
-
-
Gobernador dun territorio fronteirizo ou marca na Idade Media.
-
Persoa que ten ao seu cargo o goberno dun marquesado.
-
-
-
Título nobiliario superior en rango ao de conde e inferior ao de duque. No Reino de Castela os primeiros títulos de marqués foron os de Villena (1366 e 1445) e de Astorga (1465); en Reino Unido, os de Dublín (1385), os de Dorset e os de Somerset (1397), e, en Italia, os de Ivrea (876), Monferrato (954) e Saluzzo (1125). En Francia este título foi suprimido en 1789 e restablecido por Luís XVIII.
-
Persoa que posúe o título nobiliario de marqués.
-
-
-
PERSOEIRO
Político e xurista. Foi conselleiro de Radio Televisión de Galicia, e membro do Consello da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra (1992-2000). Foi concelleiro de Vigo (1983-1987) e vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra (1983-1987). Deputado nas Cortes (1986-1989) e senador (1996-2000) polo PP.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz e cantante. Coñecida como Raquel Meller, fixo unha brillante carreira na modalidade de café-concerto. En 1919 debutou en París, e logo deu o salto ao cine, en filmes como La gitana blanca (1919) ou Carmen (1926). Participou en revistas como La violetera (1940-1941) e Campanas de Viena (1943).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico urólogo. Xefe da sección de Urodinámica do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela e xefe do Servicio de Uroloxía do Policlínico A Rosaleda de Santiago de Compostela. Foi profesor da facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela e presidente da Sociedade Galega de Uroloxía. Publicou Incontinencia urinaria, Urodinámica aplicada e El esfínter artificial. Recibiu a Medalla de Ouro da Sociedade Galega de Uroloxía.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Título ou diginidade dun marqués.
-
Circunscrición sometida á xurisdición dun marqués.
-
Territorio e dignidade que se correspondía co margraviato, no Sacro Imperio Romano-xermánico.
-
-
ILLAS
Illas da Polinesia Francesa, no Océano Pacífico (1.274 km2; 8.064 h [1996]). Está formada por doce illas volcánicas, con altitudes que superan os 1.000 m. As máis importantes son Nuku-Hiva e Hilva-Oa. Destaca o traballo da madeira, seguido do cultivo de árbores froiteiras, cocos e tabaco. En 1791 o militar francés J. B. Marchand tomou posesión do territorio en nome do seu país e en 1842 proclamárono protectorado francés. Desde 1958 forman parte da Polinesia Francesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Bóveda. Ten planta rectangular e construíuse cara a 1772, con marcada influencia italianizante. Conserva catro escudos na fachada e solaina sobre arcos de medio punto e cuberta. Destaca o arquivo que garda a evolución da historia da casa.