Llerena Quesada, Francisco
Llerena Quesada, Francisco
Sindicalista. Afiliado inicialmente á UGT, en decembro de 1930 constituíu, no Sindicato Nacional Ferroviario e xunto con Calderón e Jacinto Méndez, o Sindicato de Industria Ferroviaria, afiliado á CNT. Membro da directiva do Centro de Estudios Germinal, en decembro de 1933 foi un dos líderes da folga xeral revolucionaria contra o goberno republicano de dereitas, na Coruña. Morreu no asalto ao cuartel da Garda Civil en Oleiros no trascurso da folga xeral convocada pola CNT.
Cronoloxía
-
Nacemento
-
Deceso
Lugar : Oleiros