"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

      1. Primeira forma imperfecta dunha composición artística.

      2. Debuxo elemental cos trazos esenciais dunha composición artística. En pintura é un debuxo de execución rápida e resumida, a medio camiño entre o bosquexo e a obra definitiva, que pode facerse directamente do natural para captar unha situación, unha escena ou unha paisaxe de invención persoal para materializar unha idea, ou ben, en debuxo técnico, para fixar as cotas que permitan debuxar posteriormente o plano definitivo; en escultura é un modelado preparatorio a medida reducida. Antes do romanticismo considerábanse como obras menores do artista, sen embargo, co paso do tempo considerouse a miúdo tan ou máis importante ca a obra definitiva.

    1. Exposición das liñas básicas dunha idea ou proxecto.

    2. Breve composición escrita, xeralmente en prosa, que recolle situacións concretas ou trazos particulares dos personaxes.

    3. Representación cartográfica bidimensional rudimentaria, na que non se ten en conta a correcta proporción entre os elementos representados (escala), nin se especifican as referencias xeográficas (coordenadas ou puntos cardinais).

      1. Tecido, órgano ou aparato do embrión que aínda non chegou a ter a estrutura ou forma definitiva.

      2. esbozo embrionario/organoxenético

        Grupo de células, separadas das outras células do embrión, que comeza o desenvolvemento dun órgano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar da parroquia de Lampón (concello de Boiro), situado na beira setentrional da ría de Arousa. É un importante porto pesqueiro; as capturas que se descargan nel abastecen a industria conserveira local, especializada no enlatado de sardiñas e moluscos. As instalacións portuarias ocuparon unha gran parte do litoral de Escarabote e deixaron dúas praias a cada lado; a maior delas, a praia de Escarabote , é un areal duns 80 m de longo e cunha media de 5 m de largo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter satírico aparecida na parroquia de Bergondo (Betanzos) en xaneiro de 1888. Cesou a súa edición a finais dese mesmo ano. Subtitulouse “Semanario satírico-cómico-lírico-dramático, con corresponsales en todas las esquinas del pueblo”. Dirixiuna Fernando García Acuña e imprimiuse nos obradoiros tipográficos da viúva de Castiñeira e, posteriormente, nos talleres de Las Mariñas. O seu principal obxectivo era combater o caciquismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Escola de canonistas de Boloña

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coleóptero adulto, robusto, de gran tamaño e cores escuras, pertencente á familia dos lucánidos, especialmente referido a Dorcus parallelipipedus e ás femias inermes de Lucanus cervus.

    2. Planta do xénero Sorbus, da familia das rosáceas, que pode presentar porte de arbusto ou de árbore de ata 20 m de altura. De casca lisa e agrisada, sen espiñas e de folla caduca, presenta flores dispostas en corimbos de pétalos brancos de ata 10 mm de diámetro. En Galicia están presentes, en bosques de montaña, as especies S. aucuparia, con follas compostas, de ata 17 folíolos de marxe dentada, inflorescencias planas de ata 20 cm de diámetro e froitos comestibles de cor alaranxada ou vermella; S. torminalis, de follas enteiras lobuladas de 3 a 8 parellas de nervios; e S. aria, de follas enteiras coa marxe dentada e entre 8 e 14 parellas de nervios laterais, tomentosas e abrancazadas no envés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Trasmiras baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Trasmiras. De estilo barroco, no seu interior destacan o retablo maior realizado por Bernardo Senra Taboada (1719), coas imaxes de san Pedro, san Paulo, san Francisco e san Domingos, e o dedicado á Trindade (s XVIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Suco que presentan algúns invertebrados e que serve para a recepción ou recollemento dun apéndice, como o que presentan os gurgullos aos lados da trompa e que acolle a base das antenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato constituído por un espectrómetro e un bolómetro, que se emprega para medir a radiación estelar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase os froitos que, ao abrirse de súpeto, expulsan violentamente as sementes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Guyana, cunha dirección S-N. Nace ao N da serra Acarai e desemboca despois dun percorrido de 750 km no Atlántico, preto de Georgetown.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer ruídos molestos, por exemplo ao arrastrar algo ou ao chocar certas cousas.

    2. Facer barullo por mor dunha pelexa ou dunha discusión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ruído molesto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Discípulo de Josep e de Ignasi Vergara, traballou a madeira policromada de temática relixiosa. Entre as súas obras destacan o san Mateo da pendente do ciborio e os santos Filipe, Xaime e Xudas da cornixa do cruceiro da catedral de València. Foi académico (1772) e director xeral da Acadèmia de Sant Carles (1781) e escultor de cámara honorario de Carlos IV (1790).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ban de Bosnia (1322-1353). Fillo de Estevo I, restaurou a dinastía dos Kotromanič. Vasalo dos reis de Hungría, conseguiu en loita cos serbios un acceso ao mar (1326). Sucedeuno o seu fillo Tortko I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa ou cousa que estorba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espacio cuberto con matogueira a través do que se pasaba ás cortes dos animais, á cociña ou a outras dependencias da antiga casa labrega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que se emprega para apreciar e medir o ángulo de estrabismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo e historiador grego. Estudiou en Asia Menor, Grecia, Roma e Alexandría. Viaxou por Europa, o N de África e polo Nilo nunha expedición dirixida por Aelio Gallo, prefecto romano de Exipto. Escribiu en grego unha Historia, concibida como continuación da obra de Polibio, da que apenas hai algúns fragmentos, e unha Xeografía en 17 tomos que se conserva case completa. Para a súa obra baseouse nos estudios de Hiparco, Éforo, Polibio, Posidonio e Erastótenes. Sostivo a necesidade dunha base científica para a xeografía, especialmente no referente ás relacións entre o home e o medio físico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento cirúrxico do estrabismo que consiste no desprazamento dun dos músculos do ollo, despois da sección previa do tendón.

    VER O DETALLE DO TERMO