Escarabote
Escarabote
Lugar da parroquia de Lampón (concello de Boiro), situado na beira setentrional da ría de Arousa. É un importante porto pesqueiro; as capturas que se descargan nel abastecen a industria conserveira local, especializada no enlatado de sardiñas e moluscos. As instalacións portuarias ocuparon unha gran parte do litoral de Escarabote e deixaron dúas praias a cada lado; a maior delas, a praia de Escarabote , é un areal duns 80 m de longo e cunha media de 5 m de largo.