"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • CIDADES

    Cidade de Polonia (76.709 h [2000]). É un nó ferroviario de comunicación e un centro industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pierre de Montreuil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Foi a Italia (1736-1739), onde realizou o Mercure attachant ses talonnières, para presentarse á Acadèmie (1744). Por encargo de Luís XV fíxolle unha réplica, que, xunto con Vénus qui ordonne un message à Mercure (1748), foi enviada a Federico II. Traballou tamén para madame de Pompadour (1750-1758), para quen realizou Madame de Pompadour en amitié (1753). Foi o autor do monumento funerario de Mauricio de Saxonia (1753-1776) e do monumento a Luís XV, en Reims (1756-1765).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico e aeronauta francés. Profesor en Reims, estudou os gases. Co marqués de Arlandes realizou o primeiro voo en globo libre tripulado, en 1783. En 1785 intentou atravesar o Pas-de-Calais, pero o aparato sufriu un accidente e os tripulantes morreron.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á glándula pineal.

    2. Que ten forma de piña.

    3. Órgano de función non ben coñecida, situado na cara dorsal da segunda porción do encéfalo dos vertebrados, chamada diencéfalo. Nos ciclóstomos, a epífise adquire o carácter dun ollo, sobre todo cando se atopa no estado larvario. En determinados grupos de réptiles, como os rincocéfalos e outros xa extinguidos, a epífise ten unha conexión evidente co terceiro ollo ou ollo pineal, de carácter estritamente fotorreceptor, pois non capta imaxes. Nas aves, a epífise adquire un carácter endócrino. A función da epífise nos mamíferos de reprodución estacional consiste en sincronizar a súa actividade sexual co fotoperíodo. OBS: Tamén se denomina epífise.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor que se desenvolve na glándula pineal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, situado na comarca de Las Hurdes, preto do pantano Gabriel y Galán (1.638 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e actor. Colaborador de El Correo Gallego e membro do grupo folk Galerna, interpretou diversos papeis coas compañías O Moucho Clerc, en Un códice clandextino e A caza do Snark; e co Centro Dramático Galego, en A Lagarada. Ademais, elaborou a música das montaxes As asamblearias, para Ditea Teatro; e A elas e Cunqueiro, para Uvegá Teatro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filósofo e teólogo. Doutor en Filosofía e Letras e licenciado en Teoloxía Católica, é profesor na Universidade de Santiago de Compostela. A súa liña de investigación baséase nos imaxinarios sociais e na teoría construtivista de Niklas Luhmann baixo dúas liñas de aplicación empírica resumidas no traballo, no emprego e na formación e o novo sector de produción de realidade: os medios masivos. Colaborou en publicacións especializadas e escribiu El compromiso de la acción (1967), El ateísmo del último Sartre (1968) e Las fronteras de los saberes (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fluxo ou derramo de pus.

    2. Inflamación purulenta do periósteo dos alvéolos dentarios, con necrose progresiva destes e frouxidade dos dentes. Como termo en desuso, substitúese por paradentite, parodontite ou peridentite.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exercer a pirataría sobre un barco ou un avión.

    2. Facer copias ilegais de algo atentando contra a propiedade intelectual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e arquitecto italiano. De nome Andrea da Pontedera, formouse en Pisa pero traballou sobre todo en Florencia, onde fixo as primeiras portas do baptisterio (1329-1336) e os relevos da parte baixa do Campanile (1337-1343); sucedeu a Giotto na dirección das obras da catedral. O seu estilo fusionou a gracilidade do gótico francés coa severidade italiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e político, fillo de Leandro María Ramón Pita Sánchez-Boado. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi o impulsor do cooperativismo e presidente da Federación Agraria de Ortigueira e da Asociación Provincial de Gandeiros da Coruña. Dirixiu o xornal El Orzán (1924-1926) e foi redactor de El Liberal. Foi deputado pola Coruña pola Federación Republicana Gallega (1931) e polo Partido Republicano Radical (1933). Nomeado ministro da Mariña (1933), de Estado (1933-1934) e ministro sen carteira (1934-1935), foi embaixador na Santa Sé. Co estalido da Guerra Civil, exiliouse en Portugal e Arxentina. Colaborou en diversas publicacións, como La Nación, La Capital, La Prensa, El Mundo e El Eco de Galicia, e escribiu para a colección Lar a novela O anarquista (1924), onde critica os abusos do caciquismo e as desigualdades sociais. Foi académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista, pai de Leandro Pita Romero. Foi o fundador, principal promotor e presidente da Federación Agraria de Ortigueira (1920-1926). Contribuíu a divulgar a obra socio-educativa das Sociedades Gallegas de Instrución establecidas en América e fundou e presidiu a Agrupación Cultural de Ortigueira (1916). Publicou El batallón literario (1895) e La voz de la Raza. Idearium de un aldeano (1919). Foi membro correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante e escritor grego. É autor da descrición dunha viaxe marítima efectuada máis alá das columnas de Heracles, cara a Europa setentrional. Malia que as noticias sobre a súa obra, provenientes de Estrabón, Diodoro e Plinio, son escasas e contraditorias, crese que este periplo si se realizou, probablemente cun dobre obxectivo, comercial e científico. As súas descricións dos fenómenos das mareas e da latitude puideron confirmarse grazas aos coñecementos recentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador francés. Monxe de Solesmes (1841), proxectou, coa axuda de J. P. Migne, as coleccións monumentais das patroloxías latina e grega. Cardeal (1861) e bibliotecario da Biblioteca Vaticana (1869), dedicou os seus estudos aos pais da Igrexa, aos canonistas e aos himnógrafos gregos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Idear ou elaborar un plan.

      1. Facer o plano dunha obra.

      2. Trazar sobre o terreo ou sobre o plano os cimentos da planta dunha obra proxectada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico e compositor. Inicialmente foi autor de cancións, como a célebre Marche de Sambre et Meuse, ata que acadou unha gran fama coa opereta Les cloches de Corneville (1877), unha das máis representadas mundialmente e á que seguiron La Cantiniere (1880), La Cocarde Tricolore (1892) e Panurge (1895).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos tresquiornítidos, que presenta a plumaxe de cor branca, o peteiro longo e aplanado de cor negra co extremo amarelo, e as patas negras. En Galicia está presente como hibernante o cullereiro común.

    VER O DETALLE DO TERMO