pineal
pineal
(< lat pinĕa ‘piña’)
-
adx
Relativo ou pertencente á glándula pineal.
-
adx
Que ten forma de piña.
-
glándula pineal
[ANAT]
Órgano de función non ben coñecida, situado na cara dorsal da segunda porción do encéfalo dos vertebrados, chamada diencéfalo. Nos ciclóstomos, a epífise adquire o carácter dun ollo, sobre todo cando se atopa no estado larvario. En determinados grupos de réptiles, como os rincocéfalos e outros xa extinguidos, a epífise ten unha conexión evidente co terceiro ollo ou ollo pineal, de carácter estritamente fotorreceptor, pois non capta imaxes. Nas aves, a epífise adquire un carácter endócrino. A función da epífise nos mamíferos de reprodución estacional consiste en sincronizar a súa actividade sexual co fotoperíodo. OBS: Tamén se denomina epífise.